Tamén preguntan pola militar expedientada tras denunciar ao seu xefe por acoso sexual
http://politica.elpais.com/politica/2013/09/16/actualidad/1379349018_100264.html
Concentracións en repulsa polo crime da muller de Verín
Máis dun centenar de persoas déronse
cita na Praza do Concello de Verín como mostra de "indignación e
repulsa" ante a morte dunha veciña do municipio, María de Fátima
Machado Santos, nun novo caso de violencia de xénero.
http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/17/concentraciones-repulsa-crimen-mujer-verin/879031.html
http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/17/concentraciones-repulsa-crimen-mujer-verin/879031.html
Díxomo a policía: "se me quere matar, vaime matar"
O peor non é recuperarse das puñaladas. O peor chega despois, cando saes do hospital e te deixan soa en casa, nunha cadeira de rodas e con dúas fillas de 12 e 15 anos. Ahí te das de conta de que o pesadelo non fixo máis que comezar”, lembra
Converteuse en protagonista dun documental sobre violencia de xénero, La maleta de Marta, dirixido polo austriaco Günter Schwaiger.
A cara descuberta, sen medo, a pesar de que vive oculta dende 2007, cando o seu exmarido comezou a desfrutar de permisos penitenciarios e foi buscala nada máis sair da cárcere. “O medo téñoo saia ou non saia na película. Díxomo a policía: se me quiere matar, vaime matar”.
Como sociedade, debemos reflexionar na protección das mulleres. Na inxustiza que significa que elas, logo de pasar un pesadelo, teñan que seguir pasando medo e que a policía especializada siga dicindo cousas como a que lle dixeron a Marta.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/16/actualidad/1379365727_474328.html
O VINDEIRO MARTES 17 DE SETEMBRO ÁS 20:30 DIANTE DO MARCO: CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A COORDENADORA COMARCAL DE VIGO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVÓCAVOS A PARTICIPAR NA CONCENTRACIÓN DE REPULSA DIANTE DO MARCO EN VIGO POLO ASASINATO DE MARÍA FÁTIMA MACHADO SANTOS.
María Fátima, de 52 anos, cunha orde de afastamento dende o pasado mes de agosto, foi asasinada en Verín, pola súa exparella. Con ela sumamos outra muller máis, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de María Fátima e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.
María Fátima, de 52 anos, cunha orde de afastamento dende o pasado mes de agosto, foi asasinada en Verín, pola súa exparella. Con ela sumamos outra muller máis, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de María Fátima e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.
As rapazas de ouro invisibles
A pesar do éxito das deportistas españolas, as competicións entre mulleres apenas teñen presenza nos medios. A discriminación ao deporte feminino foi asunto a tratar dende o 92 no Congreso, onde se esixe a TVE unha retransmisión igualitaria
http://www.publico.es/468164/las-chicas-de-oro-invisibles
"A igualdade necesita un cambio de valores", di a Directora de Emakunde
De casi 5.000 vítimas de violencia de xénero o ano pasado no País Vasco, 2 faleceron. A pesar dos avances sociais, a directora de Emakunde, Izaskun Landaida, que leva 10 meses no cargo, admite que queda moito por facer, sobre todo empapando a cada vez máis colectivos na loita contra a violencia de xénero para que a resposta sexa cada vez máis individual e menos institucional. Durante as festas das tres capitais vascas se puxeron en marcha redes contra as agresións.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/09/14/paisvasco/1379180372_333903.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

