Máis violencia contra as mulleres...
- Sevilla: Apuñala a súa parella e a unha nena de 14 anos
http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/11/08/apunala-pareja-nina-arroja-ventana/910719.html
http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/11/08/apunala-pareja-nina-arroja-ventana/910719.html
CONCURSO DE MICRORELATOS POLO DÍA DA ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Dende a Asociación Fins, e con motivo do día pola erradicación da
violencia de xénero (25 de novembro) ten lugar un concurso literario de
microrelatos, estes deben versar sobre as violencias sufridas polas
mulleres, as formas de erradicalas, ou sobre a sensibilización e
concienciación que se debe realizar na sociedade. Por iso anímovos a
participar escribindo un relato dun minuto de duración. O sábado 23 terá
lugar a entrega dos premios, e poderemos disfrutar da representación
teatral da Asociación Juan XXIII de Cangas, coa obra "Emocións en
movemento" e da lectura dun manifestó en contra de todo tipo de
violencia exercida en contra das mulleres. Agardamos por ti ese día.
+ info: asociacionfins@gmail.com
+ info: asociacionfins@gmail.com
XII Xornada de nais e pais educando en igualdade
Baixo o título“Cidadanía e convivencia dixital” o vindeiro sábado día 16 de novembro celebrarase nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, a duodécima edición da xornada de nais e pais educando en igualdade, que nesta ocasión se dirixe a promover no ámbito familiar o uso seguro e saudable das novas tecnoloxías na infancia e a adolescencia e á prevención da violencia sexual en adolescentes e dos comportamentos machistas e sexistas nos novos medios de socialización e convivencia dixital.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
16 de Novembro de 2013
A xornada consta de sesións informativas dirixidas ás nais e pais e, paralelamente, de obradoiros de carácter lúdico e adaptados á súa idade onde nenos, nenas e adolescentes irán coñecendo baixo parámetros de igualdade e a través de videoxogos, animacións e outros recursos educativos, algunhas características do mundo que como nativos/as dixitais lles está tocando descubrir, así como os riscos e responsabilidades asociados a determinadas prácticas que se poden desenvolver online (sexting, sextorsión, grooming, ciberbullying...).
O aforo é limitado polo que as inscricións se farán por rigorosa orde de entrada da solicitude de participación.
A Xunta amplía as axudas económicas a vítimas de violencia de xénero previstas para este ano
A PESARES DO INCREMENTO DE CRÉDITO ÉSTE NON CHEGARÁ PARA CUBRIR TODAS AS SOLICITUDES, POLO QUE MOITAS MULLERES CON DEREITO A RECIBILA QUEDARÁN SEN ELA.
Santiago, 6 de novembro de 2013. A edición de hoxe do Diario Oficial de Galicia publica un incremento de 155.061,33 euros na dotación orzamentaria asinada para a concesión de axudas económicas de carácter periódico de apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero.
Esta ampliación súmase aos 1,8 millóns de euros xa consignados en abril pasado co fin de garantir ás mulleres vítimas deste tipo de violencia unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do seu agresor, que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación na que corren perigo.
Dado o volume de solicitudes presentadas e o esgotamento do crédito inicialmente previsto, a Xunta decidiu ampliar a partida para atender este colectivo. Deste xeito, e a pesar do contexto económico actual, o Goberno galego reafirma o seu compromiso coas vítimas da violencia de xénero, ás que lle ofrece os recursos necesarios para favorecer a súa saída do ciclo da violencia.
Os requisitos para optar a estas axudas son: ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia, ter cesado esta convivencia co agresor dentro dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude, percibir uns ingresos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, estar empadroada e residir en Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
Ademais, tamén se esixe non ter percibido con anterioridade esta axuda ou a axuda de pago único establecida na Lei orgánica de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, para mulleres que, debido á súa idade, falta de preparación ou circunstancias sociais, teñan dificultades para obter un emprego e pola dita circunstancia non participen nos programas de emprego establecidos para a súa inserción profesional.
Pola universalidade da sanidade.
Nin unha soa persoa morta por falta de recursos.
A aprobación por parte do Goberno do Estado dunha resolución pola que os/as pacientes crónicos/as teñen
que afrontar o copagamento das medicinas que lles dispensan na farmacia dos centros hospitalarios significa
cruzar todas as liñas vermellas da sanidade. Con esta medida cobraranse medicamentos como Afinitor ou
Tyverb empregados en cancros de mama, ou Votrient ou Temodal para o tratamento de cancro de ril e
tumores cerebrais respectivamente, así como outras medicacións para a leucemia mieloide crónica, o
tratamento de tumores malignos resecábeis e/ou metastásicos do estroma gastrointestinal (GIST), a artrite
reumatoide, a dexeneración macular ou a hepatite C crónica. Falamos de até 157 presentacións
farmacolóxicas de pouco máis de 50 medicamentos que, segundo sinala o BOE, cumpren coas condicións
para seren considerados de achega reducida, ao se tratar de medicamentos de eleccións de enfermidades
graves ou crónicas, e estar limitada a súa distribución a pacientes non hospitalizados/as nos servizos de
farmacia dos hospitais.
A resolución de que estamos a falar fixa unha achega da persoa usuaria para estes medicamentos, que
estaban exentos do copagamento, nun 10 por cento do seu prezo, cun máximo actualmente de 4,20 euros,
conforme á Resolución do 21 de xaneiro da Dirección Xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema
Nacional de Saúde. Isto significa que se o medicamento custa 30 euros, a contribución será de 3 euros, mais
se o medicamento custa 100 euros a achega non poderá superar os 4,20 euros. Non hai dúbida que este novo
repagamento, este novo imposto á enfermidade, supón unha carga moi importante na economía de moita
xente desfavorecida, persoas que xa non son quen de chegar a fin de mes e outras que xa nin comezan o mes,
unha medida que vai significar o sacrificio e o sufrimento para moitas persoas e que só podemos tratar de
indigna, inhumana, inxusta, para alén de retratar un goberno que actúa ao servizo do poder económico.
Velaquí un novo roubo que forma parte dunha estratexia deseñada para facer caixa a costa das persoas máis
desfavorecidas.
As persoas, organizacións políticas e sindicais, colexios profesionais e colectivos sociais que apoiamos este
manifesto non imos dar por bo unha resolución que deixa fóra do dereito a saúde a homes e mulleres en
función do seu poder adquisitivo, que non se xustifica mesmo desde a perspectiva do aforro para os
orzamentos públicos, que non garante que a sanidade en Galiza vaia continuar a ser universal e gratuíta, pois
significa, de facto, a ruptura con todas as liñas vermellas que garantían a universalidade da sanidade. Non
hai, en definitiva, máis camiño que, primeiramente, instar o presidente da Xunta de Galiza a que paralice a
entrada en vigor da Resolución do 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Carteira Básica de
Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de
financiamento de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde
mediante a asignación de contribución da persoa usuaria e, na mesma liña, demandar do Goberno do Estado
a derrogación da resolución recollida no BOE do 10 de setembro que estabelece a obrigatoriedade da achega
do/a usuario/a para as patoloxías e a carteira de medicamentos fixadas na referida resolución.
Iniciativa galega pola gratuidade da sanidade
Teatro as do peixe no Museo do Mar
Obra de teatro que quere ser unha homenaxe á "memoria das traballadoras da conserva", escrita por Cándido Pazó, dirixida por Cristina Domínguez e que cuxo elenco de actrices o forma Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Susana Dans e Orballo González. A escenografía corre a cargo de Carlos Alonso.
Premio do público na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia ano 2013, esta obra fala de catro mulleres, ex-traballadoras dunha desaparecida fábrica de conservas, que acoden a un “taller da memoria” e, ao tempo que reconstrúen parte da súa experiencia na fábrica, rememoran pasaxes da súa vida persoal e familiar, comentan aspectos da actualidade e expresan as súas ilusións ou desconfianzas no futuro.
Premio do público na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia ano 2013, esta obra fala de catro mulleres, ex-traballadoras dunha desaparecida fábrica de conservas, que acoden a un “taller da memoria” e, ao tempo que reconstrúen parte da súa experiencia na fábrica, rememoran pasaxes da súa vida persoal e familiar, comentan aspectos da actualidade e expresan as súas ilusións ou desconfianzas no futuro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




.jpg)
