Participarán unha trintena de parlamentarios (de até 15 países diferentes: Arxentina, Armenia, Chile, Ecuador, O Salvador, Eslovaquia, Francia, Macedonia, Hungría, Italia, Méjico, Polonia, Portugal, Reino Unido e República Checa) que apoian a reforma da lei do aborto do ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón. Un seminario que se desenvolverá no Congreso dos Deputados e que desexa finalizar coa elaboración dun documento a favor da vida e da protección xurídica do "?nasciturus"
O actual ministro de Xustiza non contou en ningún momento coa opinión do Consello Estatal de Participación das Mulleres composto por 13 representantes das Administracións públicas, 20 de asociacións de mulleres, 4 representantes de organizacións empresariais e sindicais e 3 persoas expertas en igualdade- para coñecer a súa opinión sobre o cambio de lei do aborto.
Dende a Rede queremos convocar a toda a cidadanía a coñecer á nova lei e defender a autonomía para decidir das mulleres.
Continuamos na loita. Polo dereito das mulleres a decidirmos sobre os nosos corpos!!!
http://feminismo.eu/PlataformaAborto/
http://www.eldiario.es/sociedad/Congreso-acogera-proxima-seminario-internacional_0_275073324.html
"Subversión feminista da economía", o novo libro de Amaia Pérez Orozco
Novo libro moi recomendable da economista Amaia Pérez Orozco: A resposta política do estallido financieiro volveu impoñer a prioridade dos mercados sobre a vida. A partires da discusión da economía feminista, este libro detalla as bases dun sistema inxusto e inviable, fundado na división sexual do traballo e o expolio do planeta.
Rosa Cobo: O aborto pode ser a clave para un rearme ideolóxico do feminismo
Temos diante o desafío de establecer alianzas políticas entre as feministas e á vez seguir cos nosos discursos e as nosas prácticas específicas. Protexer a singulariedade dos diversos feminismos e crear as condicións para facer pactos políticos é posible e necesario...
Gallardón é un dos "novos bárbaros do patriarcado". É insólito recortar un dereito civil nun contexto como o europeo, no que os dereitos sexuais e reproductivos semellaban estar sólidamente anclados. O subxtexto do anteproxecto desta lei é a negación da autonomía e a libertade das mulleres, e ao mesmo tempo, envíanos a mensaxe de que o noso corpo non nos pertence.
A entrevista completa en Píkara Magazine: http://www.pikaramagazine.com/2014/05/el-aborto-puede-ser-la-clave-para-un-rearme-ideologico-del-feminismo/
Obradoiro de Comunicación e resolución de conflictos
Xa vos podedes apuntar ao seguinte Obradoiro, que se fará os luns e xoves! en horario de mañá ou de tarde, en función da preferencia da maioria das persoas inscritas. Podedes chamarnos para obter maior información.
XIV Xornadas Mulleres en Acción
Sábado, 05 de xullo de 2014 ás 20:00h
NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DE CANGAS
Ficha o TREN DA LIBERDADE da idea a acción.
BEGOÑA PIÑEIRO HEVIA e PILAR FERNÁNDEZ GARCÍA
Representantes da Tertulia Feministas Les Comadres/Mujeres por la Igualdad de Barrados.
O TREN DA LIBERDADE: O DOCUMENTAL
Presentación e preestrea mundial
Chelo Loureiro
https://www.facebook.com/mostrateatrocangas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


