Morre unha muller de 92 anos acoitelada en Cádiz

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/07/09/muere-mujer-92-anos-apunalada/1055268.html

Unha muller de 47 anos morre dunha coitelada en Palma de Mallorca

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/07/24/mujer-47-anos-muere-punalada/1063620.html

Golpea a un amigo da súa exparella tras discutir con ela pola custodia dunha filla

 http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2014/07/24/golpea-amigo-expareja-discutir-custodia/1063652.html

Obradoiro: Cómo afrontar unha entrevista de traballo


OBXETIVOS
 - ¿Qué é e para que serve unha entrevista de traballo?.
- ¿Qué tipos de entrevistas de traballo existen?.
- ¿Cómo se desenrrola unha entrevista de traballo?.
- ¿Cómo se prepara a entrevista e como debo comportarme durante e despois da mesma?.
- Cómo comunicar para convencer.
- Interpretar a linguaxe corporal
- Cómo xestionar as emocións para evitar bloqueos.

Xunto coa teoría levarase a cabo diversas actividades como a simulación de entrevistas grabadas para o seu posterior análise nas que terán como finalidade por en práctica os coñecementos teóricos adquiridos.

Exención no pago das escolas infantís públicas a partir do segundo fillo

As familias cunha renda pér cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais terán unha exención total de cota a partir do segundo fillo que acuda á mesma escola infantil da Rede Galiña Azul da Xunta a partir deste mes de setembro. Para que esta iniciativa, da Consellería de Traballo e Benestar, poida poñerse en marcha, o Consello da Xunta vén de aprobar hoxe a modificación do Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Xunta. Así mesmo, os menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar poderán beneficiarse tamén desta actuación na exención do pagamento.

Un home agrede a un operario de limpeza que auxiliaba a unha muller

Dende a Rede defendemos que a sociedade tome parte activa na loita contra da violencia de xénero. Se vemos unha agresión temos que reaccionar ante ela, o máis convinte é chamar ó 112, pero sempre facer algo. E lembrar que a decisión que tomen as mulleres despois non é excluinte do que nós poidamos facer. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2014/07/17/joven-banquillo-agredir-punetazos-operario/1059337.html

Nova App sobre violencia de xénero






"LIBRES"é unha aplicación para teléfonos móbiles (sistemas operativos IOS e Android) dirixida principalmente a mulleres que sofren ou sufriron violencia de xénero e a calquera persoa que detecte no seu entorno unha posible situación de malos tratos.

A través dun menú principal composto por seis apartados, a persoa que se descargue "LIBRES" pode:

    - Tomar conciencia da súa situación como vítima de violencia de xénero.
    - Informarse acerca dos pasos a seguir ante unha situación de violencia de xénero.
    - Coñecer os recursos telefónicos e presenciais que están ao seu alcance para asesorarse e denunciar
    - Coñecer as medidas de autoprotección que pode e debe tomar para salvagardar a súa seguridade e a dos seus fillo e, finalmente, pode sentir que toda a sociedade está ao seu lado, que outras mulleres pasaron pola súa mesma situación e conseguiron saír e comezar unha nova vida afastada da violencia, tal e como pon de manifesto os seguintes testemuñais:

 https://www.msssi.gob.es/ssi/violenciaGenero/Sensibilizacion/AplicacionLibres/home.htm