Obradoiros na Casa das Mulleres
A Concellería de Igualdade abre o prazo de
inscrición para o seguinte obradoiro de carácter gratuíto que se impartirá na
Casa as Mulleres.
As prazas son limitadas e
cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres
empadroadas en Vigo.
Inscrición previa desde o día 12 de setembro e
ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello
de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de
8:00 a 14:00 h.
Lugar de realización dos
obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .
Máis información:
www.igualdadevigo.org
Obradoiro: “ LIDERADO
FEMININO A TRAVÉS DA COMUNICACIÓN”
Dirixido a mulleres maiores de 18
anos.
Obxectivo: mellorar a capacidade
do liderado feminino a través dunha comunicación eficaz.
Contidos:
Perder o medo a falar en público.
Aprender a comunicar con éxito, aproveitando as
nosas habilidades e adquirindo outras novas.
Falar para convencer.
Coñecer o noso potencial e sacarlle o mellor
partido: a voz, a imaxe, as capacidades emotivo-comunicativas, a capacidade de
empatía e escoita.
Exercer o liderado dede nós mesmas.
Crear sororidade.
Identificar os liderados masculinos e femininos
na nosa contorna.
Ver a sociedade da información coas lentes
violetas.
O desenvolvemento do programa constará de 15
horas en total, distribuídas en 6 sesións de 2,5 horas de duración cada unha.
Periodo e horario: os martes desde o 30 de
setembro ata o 4 de novembro de 18:00h a 20:30 h.
Obradoiro: “ UNHA VIAXE COAS PINTORAS DAS
VANGARDAS ”
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivos:
Viaxar a través do tempo co fin de ampliar os
nosos coñecementos artísticos e culturais enfocando o tema dasVangardas
Europeas dun xeito persoal e íntimo.
Empregar os medios plásticos como ferramenta
para sacar eses sentimentos agochados e a vangarda proposta á visualización
externa.
Explicar o papel da muller neste contexto e o
seu valor artístico na historia das vangardas.
O desenvolvemento do programa consta de 36
horas en total, distribuídas en 12 sesións de 3 horas de duración cada unha.
Periodo e horario: os mércores desde o 1 de
outubro ata o 17 de decembro de 18:00h a 21:00 h.
Mary Wollstonecraft. A pioneira
Que sabemos desta humanista inglesa? Publicou Vindicación dos dereitos da muller, pero tivo que loitar durante toda a súa vida, entre a bancarrota e unha sociedade conservadora que non valoraba o seu traballo.
Aquí tedes un artigo sobre a súa vida e o seu traballo,
http://www.pikaramagazine.com/2014/09/mary-wollstonecraft-la-pionera/
Adhesión comunicado contra a violencia sexual
A iniciativa de Fundación Mujeres, un grupo de organizacións feministas expoñen ao Ministerio de Igualdade a adopción dunha serie de medidas en materia de violencia sexual que teñen por obxectivo a diminución do número de violacións e agresións sexuais que se producen anualmente no noso país e o establecemento de medidas para un mellor apoio e protección ás vítimas, especialmente no momento da denuncia.
http://fundacionmujeres.es/news/view/medidas_contra_la_violencia_sexual.html
Recollida de adhesións e propostas para a elaboración dun Comunicado, dirixido ao Ministerio de Igualdade, para a posta en marcha de medidas de apoio ás victimas da violencia sexual. Consulta o Comunicado e accede ao formulario de proposta e adhesión.
https://docs.google.com/forms/d/13qlIi9w8-15V7CVWiPpeEq9b3BfeJJUPGli_WCkSv_k/viewform
http://fundacionmujeres.es/news/view/medidas_contra_la_violencia_sexual.html
Recollida de adhesións e propostas para a elaboración dun Comunicado, dirixido ao Ministerio de Igualdade, para a posta en marcha de medidas de apoio ás victimas da violencia sexual. Consulta o Comunicado e accede ao formulario de proposta e adhesión.
Congreso Hildegart Rodríguez Carballeira
Este
ano conmemórase o centenario do nacemento de Hildegart Rodríguez Carballeira. Co
gallo deste e dentro das actividades que se están a organizar en Ferrol para
salvar o Ateneo, a xente que o xestiona organiza un congreso sobre a figura de
Hildegart e outras mulleres da época. Os actos Terán lugar en Ferrol os días 6,
7 e 8 de decembro. A información dispoñíbel ata o momento está no seguinte
enlace:http://bdh.bne.es/bnesearch/Search.do?
Cadaleitos para reivindicar unha acción política contundente contra a violencia machista
Unha ringleira de cadaleitos coa lenda “Non á violencia machista” diante do Parlamento Galego foron o símbolo dunha mobilización que reclamou ao PP unha acción de goberno contra a violencia de xénero.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

