Comunicado asasinato en Valga
https://www.farodevigo.es/sucesos/2019/09/16/hombre-mata-exmujer-excunada-exsuegra/2171216.html?fbclid=IwAR2Q72JYlwnUuLzBxeBkT0EoNuTlEAvy4NFfFuhTOwyAjGqyDdSm38dnxqA
No que levamos de ano 73 mulleres foron
asasinadas. Neste verán, a 28 mulleres lles arrebataron a súa vida e destruiron
as súas familias. A crueldade existe todos os días, as veces dunha maneira
silenciosa, estes asasinatos son a mostra máis clara de que a violencia de
xénero existe, que só rompe con casos brutais como o acontecido hoxe. Un home
tirotea a súa exmuller, exsogra e a súa excuñada en Valga, diante dos seus dous
fillos de 4 e 7 anos. O autor deste crime ten que cumprir a condea que a
xustiza lle impoña, pero que xustiza van a ter as súas crianzas? O que si sabemos
e que van quedar orfos de nai, avoa e tía.
Os medios de
comunicación teñen que darlle visibilidade efectiva a violencia de xénero, non
soamente cando acontecen estas barbaries. Seguiremos denunciando todo tipo de
violencias pero ata cando?. As condeas teñen que ser reais. Non podemos
permitir que as mulleres den o paso a denunciar e despois non teñan a resposta
da xustiza. A sociedade non pode tolerar máis asasinatos de mulleres. Os
poderes públicos son incapaces de elaborar unha política efectiva de protección
e prevención. Por iso dende a Rede de Mulleres reclamamos os dereitos de todas
as mulleres. Queremos vivir libres sen violencia machista e denunciaremos
calquera situación que vulnere a nosa liberdade.
COMUNICADO DA REDE DE MULLERES NOVO CASO DE FEMINICIDIO: UN NENO DE 10 ANOS ASASINADO POLO SEU PAI
O pasado día 25 de
xullo en Beniel (Murcia) un home, con antecedentes por violencia de xénero e
que quebrantara fai só un mes unha orde de afastamento contra a súa ex-parella,
aproveitou o réxime de visitas para asasinar
ao fillo que tiñan en común, para despois suicidarse. As alarmas saltaron
cando a nai chamou a policía xa que o proxenitor non entregara ao neno, cando
os axentes entraron no domicilio atoparon o corpo do menor e ao home aforcado
noutra habitación. Cal foi a súa motivación? Exercer o maior dano posible a súa
nai, arrebatándolle ao seu único fillo, vítimas ambas da violencia machista.
A familia do
presunto parricida xa afirmara que tiña tendencias suicidas, pero non só iso,
tiña antecedentes por violencia machista e quebrantara a orde de afastamento.
Preguntámonos, ata cando? Cando este sistema de xustiza inxusta vai entender
que un maltratador non pode ser un bo pai? A
cantas crianzas se lles está poñendo en risco tódolos días ao deixalos quedar
cos seus pais maltratadores sen ningún tipo de medida de seguridade?
No que levamos de
2019 tres menores morreron por culpa da violencia de xénero, dous deles a mans
do seus pais. Segundo datos oficiais do Observatorio de Violencia de xénero 26
son os menores asasinados pola violencia de xénero. As crianzas son as vítimas máis invisibilizadas desta violencia e as
máis desprotexidas, a pesar de que a nosa lexislación diga que os e as
menores que presencian a violencia que sofren as súas nais tamén son vítimas de
violencia de xénero non son protexidas axeitadamente. Cando se decreta unha
orde de afastamento para protexer ás mulleres poucas veces esténdese ás crianzas, vítimas tamén, senón
que ademais teñen que seguir un réxime de visitas co maltratador, na maioría
dos casos obrigados, polo que a violencia non cesa e ademais son usados como ferramenta para seguir exercendo
violencia contra a súa nai. As crianzas non son escoitadas nin tidas en conta cando
din que teñen medo e non quere ir cos seus pais, e as súas nais son
cuestionadas e acusadas de manipuladoras.
47
Esta situación
incumpre claramente os dereitos humanos dos e das menores. Non podemos seguir
permitindo que primen máis os dereitos dos maltratadores que a protección das
crianzas. Tanto as normas estatais como as internacionais establecen coma un
dos seus valores fundamentais o Interese Superior do/a Menor, como imos garantir os seus dereitos se lles
está expoñendo de cotío a graves traumas psicolóxicos e físicos ao seren
obrigados a ver aos seus pais maltratadores?
Dende a Rede de
Mulleres seguimos reiterando que un maltratador non pode ser un bo pai.
Esiximos que se protexa ás crianzas dos seus agresores con medidas que xa temos,
como a suspensión das visitas ou a
retirada da garda e custodia e patria potestade, e a implantación doutras nas
que o principal sexa garantir o dereito a vivir en paz das crianzas e as súas
nais.
O Tribunal Supremo resolverá sobre o caso da "Manada"
Hoxe o Tribunal Supremo resolverá sobre os recursos no caso da violación múltiple ocorrida en Pamplona. As acusacións manteñen que se trata dun caso de agresión sexual (violación) e non abuso, como determinou a sentencia da Audiencia de Navarra recurrida.
Esta é unha oportunidade para que o alto tribunal sente as bases dunha aplicación de xustiza con perspectiva de xénero, adaptándose aos convenios internacionais que establecen que hai agresión cando non hai consentimento e que só un si significa si. Doutro xeito se está sendo cómplice da violencia machista, supoñendo unha revitimización á vítima e unha vulneración dos noso dereitos como sociedade.
É inadmisible que se sega sen considerar que non existe intimidación nin violencia cando 5 homes acordan atacar a unha moza de 18 anos nun portal. Que debemos esixirlles as vítimas entón para considerar violación? que acaben mortas?
Dende a Rede de Mulleres seguiremos esixindo que sigan adiante coa paralizada modificación do Código Penal, garantindo que o noso ordenamento xurídico libérese da visión machista no que está anclado e garanta os dereitos de tódalas persoas sen importar o seu sexo, orixe, raza ou creencias.
Querémonos vivas e libres!
https://galego.farodevigo.es/sucesossupremo-resolvera-viernes-recursos-sentencia
Esta é unha oportunidade para que o alto tribunal sente as bases dunha aplicación de xustiza con perspectiva de xénero, adaptándose aos convenios internacionais que establecen que hai agresión cando non hai consentimento e que só un si significa si. Doutro xeito se está sendo cómplice da violencia machista, supoñendo unha revitimización á vítima e unha vulneración dos noso dereitos como sociedade.
É inadmisible que se sega sen considerar que non existe intimidación nin violencia cando 5 homes acordan atacar a unha moza de 18 anos nun portal. Que debemos esixirlles as vítimas entón para considerar violación? que acaben mortas?
Dende a Rede de Mulleres seguiremos esixindo que sigan adiante coa paralizada modificación do Código Penal, garantindo que o noso ordenamento xurídico libérese da visión machista no que está anclado e garanta os dereitos de tódalas persoas sen importar o seu sexo, orixe, raza ou creencias.
Querémonos vivas e libres!
https://galego.farodevigo.es/sucesossupremo-resolvera-viernes-recursos-sentencia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







