"A cicatriz branca" un filme de Margarita Ledo sobre mulleres galegas na emigración
Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron soas
de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que
falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias
como a de Merce, destinada a servir e, entre lusco e fusco, despedida.
Sen lugar onde ir nin a quen acudir, Merce pasa tres días e tres noites
encrequenada na Estación Constitución onde a súa vida entrenza coa de
outras migrantes. Á par dun traballo na fábrica Mil8, Merce casa, asiste
a clases de contabilidade nalgunha das Sociedades Galegas mais un bo
día a norma esnaquiza por algo tan simple como prendarse dunha situación
que aínda non é quen de nomear.
Aquí tedes o tráiler:
No cine da República, chaman a atención esas mulleres que traballan, que se divirten, que son libres.
Diego Galán dirixe o documental 'Con la pata quebrada'; unha crónica sentimental da representación das mulleres no cine español do s. XX.
http://www.pikaramagazine.com/2013/07/en-el-cine-de-la-republica-llaman-la-atencion-esas-mujeres-que-trabajan-que-se-divierten-que-son-libres/
Gallardón reformará en outubro o aborto dentro do "discurso histórico" do PP
O ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón,
volveu a poñer data este luns á nova lei do aborto: o Consello
de Ministros vai aprobala “antes de que remate outubro”. É o quinto
prazo que da en dous anos, e todos os anteriores se incumpliron.
Temos que seguir mostrando o noso rexeitamento aos recortes de dereitos das mulleres. Temos dereito á inviolabilidade do noso corpo, e a decidir por tanto, se abortamos ou non. Somos pro-decisión.
http://politica.elpais.com/politica/2013/09/02/actualidad/1378109123_663116.html
Temos que seguir mostrando o noso rexeitamento aos recortes de dereitos das mulleres. Temos dereito á inviolabilidade do noso corpo, e a decidir por tanto, se abortamos ou non. Somos pro-decisión.
http://politica.elpais.com/politica/2013/09/02/actualidad/1378109123_663116.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



