COMUNICADO DA REDE DE MULLERES NOVO CASO DE FEMINICIDIO: UN NENO DE 10 ANOS ASASINADO POLO SEU PAI
O pasado día 25 de
xullo en Beniel (Murcia) un home, con antecedentes por violencia de xénero e
que quebrantara fai só un mes unha orde de afastamento contra a súa ex-parella,
aproveitou o réxime de visitas para asasinar
ao fillo que tiñan en común, para despois suicidarse. As alarmas saltaron
cando a nai chamou a policía xa que o proxenitor non entregara ao neno, cando
os axentes entraron no domicilio atoparon o corpo do menor e ao home aforcado
noutra habitación. Cal foi a súa motivación? Exercer o maior dano posible a súa
nai, arrebatándolle ao seu único fillo, vítimas ambas da violencia machista.
A familia do
presunto parricida xa afirmara que tiña tendencias suicidas, pero non só iso,
tiña antecedentes por violencia machista e quebrantara a orde de afastamento.
Preguntámonos, ata cando? Cando este sistema de xustiza inxusta vai entender
que un maltratador non pode ser un bo pai? A
cantas crianzas se lles está poñendo en risco tódolos días ao deixalos quedar
cos seus pais maltratadores sen ningún tipo de medida de seguridade?
No que levamos de
2019 tres menores morreron por culpa da violencia de xénero, dous deles a mans
do seus pais. Segundo datos oficiais do Observatorio de Violencia de xénero 26
son os menores asasinados pola violencia de xénero. As crianzas son as vítimas máis invisibilizadas desta violencia e as
máis desprotexidas, a pesar de que a nosa lexislación diga que os e as
menores que presencian a violencia que sofren as súas nais tamén son vítimas de
violencia de xénero non son protexidas axeitadamente. Cando se decreta unha
orde de afastamento para protexer ás mulleres poucas veces esténdese ás crianzas, vítimas tamén, senón
que ademais teñen que seguir un réxime de visitas co maltratador, na maioría
dos casos obrigados, polo que a violencia non cesa e ademais son usados como ferramenta para seguir exercendo
violencia contra a súa nai. As crianzas non son escoitadas nin tidas en conta cando
din que teñen medo e non quere ir cos seus pais, e as súas nais son
cuestionadas e acusadas de manipuladoras.
47
Esta situación
incumpre claramente os dereitos humanos dos e das menores. Non podemos seguir
permitindo que primen máis os dereitos dos maltratadores que a protección das
crianzas. Tanto as normas estatais como as internacionais establecen coma un
dos seus valores fundamentais o Interese Superior do/a Menor, como imos garantir os seus dereitos se lles
está expoñendo de cotío a graves traumas psicolóxicos e físicos ao seren
obrigados a ver aos seus pais maltratadores?
Dende a Rede de
Mulleres seguimos reiterando que un maltratador non pode ser un bo pai.
Esiximos que se protexa ás crianzas dos seus agresores con medidas que xa temos,
como a suspensión das visitas ou a
retirada da garda e custodia e patria potestade, e a implantación doutras nas
que o principal sexa garantir o dereito a vivir en paz das crianzas e as súas
nais.
O Tribunal Supremo resolverá sobre o caso da "Manada"
Hoxe o Tribunal Supremo resolverá sobre os recursos no caso da violación múltiple ocorrida en Pamplona. As acusacións manteñen que se trata dun caso de agresión sexual (violación) e non abuso, como determinou a sentencia da Audiencia de Navarra recurrida.
Esta é unha oportunidade para que o alto tribunal sente as bases dunha aplicación de xustiza con perspectiva de xénero, adaptándose aos convenios internacionais que establecen que hai agresión cando non hai consentimento e que só un si significa si. Doutro xeito se está sendo cómplice da violencia machista, supoñendo unha revitimización á vítima e unha vulneración dos noso dereitos como sociedade.
É inadmisible que se sega sen considerar que non existe intimidación nin violencia cando 5 homes acordan atacar a unha moza de 18 anos nun portal. Que debemos esixirlles as vítimas entón para considerar violación? que acaben mortas?
Dende a Rede de Mulleres seguiremos esixindo que sigan adiante coa paralizada modificación do Código Penal, garantindo que o noso ordenamento xurídico libérese da visión machista no que está anclado e garanta os dereitos de tódalas persoas sen importar o seu sexo, orixe, raza ou creencias.
Querémonos vivas e libres!
https://galego.farodevigo.es/sucesossupremo-resolvera-viernes-recursos-sentencia
Esta é unha oportunidade para que o alto tribunal sente as bases dunha aplicación de xustiza con perspectiva de xénero, adaptándose aos convenios internacionais que establecen que hai agresión cando non hai consentimento e que só un si significa si. Doutro xeito se está sendo cómplice da violencia machista, supoñendo unha revitimización á vítima e unha vulneración dos noso dereitos como sociedade.
É inadmisible que se sega sen considerar que non existe intimidación nin violencia cando 5 homes acordan atacar a unha moza de 18 anos nun portal. Que debemos esixirlles as vítimas entón para considerar violación? que acaben mortas?
Dende a Rede de Mulleres seguiremos esixindo que sigan adiante coa paralizada modificación do Código Penal, garantindo que o noso ordenamento xurídico libérese da visión machista no que está anclado e garanta os dereitos de tódalas persoas sen importar o seu sexo, orixe, raza ou creencias.
Querémonos vivas e libres!
https://galego.farodevigo.es/sucesossupremo-resolvera-viernes-recursos-sentencia
II Xornadas Abrindo Camiños contra a Violencia de Xénero 2019
Dende
a Rede de Mulleres queremos convidarvos a participar nas II Xornadas
"Abrindo novos camiños contra a violencia de xénero"
Terán
lugar o xoves 6 de xuño na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2).
Se
queredes anotarvos podedes pasar pola oficina da Asociación (r/Oliva, 12-2º) ou
enviar ó correo electrónico redemediadorasvigo@gmail.com os datos que vos
solicitamos na ficha de inscrición.
Este
ano reflexionaremos sobre o Pacto de Estado, a violencia cara ás mulleres e
nenas con discapacidade, o estrés postraumático nos procesos de violencia de
xénero e as violencias sexuais.
Os
obradoiros participativos abordarán as relacións de poder, a creatividade e a
identificación e prevención das violencias sexuais.
Animádevos
a participar vindo ás charlas ou participando nos obradoiros! (Aforo limitado
por orde de inscrición).
Acto de clausura das XXI Xornadas de Formación en Violencia de Xénero
O pasado día 9 de maio tivo lugar a clausura das XXI Xornadas de Formación en Violencia de Xénero contando coa a participación da Concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, e a xunta directiva da Rede de Mulleres.
Despois de relatar as diversas funcións da Rede e do seu voluntariado, o acto rematou coa entrega de diplomas ás asistentes. Tamén se homenaxeu a unha das membras da xunta, Matilde Lago, por tódolos anos que leva traballando polos dereitos das mulleres que sofren malos tratos.
Queremos agradecer a participación de todas as socias e compañeiras que compartiron connosco esta tarde así como darlle a benvida ás novas voluntarias. Grazas a todas elas por axudarnos na loita contra a violencia machista e a defensa da igualdade efectiva.
O móbil, clave para xulgar violacións?
O Reino Unido obrigará ás víctimas de violencia sexual a que entreguen os seus móbiles á policía para que o analice.
A policía e a fiscalía británica defenden esta medida alegando que subsana un vacío legal polo cal testemuñas e denunciantes non estaban obrigadas a entregar os seus teléfonos móbiles, ordenadores portátiles ou tablets.
Na Rede de Mulleres parécenos unha medida desproporcionada se temos en conta que moitos casos de violación prodúcense por descoñocidos ou que mesmo coñecen ese día, entón, que motivo xustifica a incautación do móbil da vítima? Isto pode supoñer un cuestionamento da vítima e a súa revitimización. Condicionar o dereito a poñer unha denuncia a que entreguen o seu móbil vulnera o dereito á intimidade da muller, é xulgar a vida da vítima e non recabar probas. Nos casos en que o agresor fose unha persoa coñecida e o móbil da vítima puidera aportar información sobre o caso esa a obriga tamén carecería de sentido xa que a vítima sería a primeira en aportar a información, por exemplo nos casos de xuízos rápidos e moi común usar as conversas de móbil para probar ameazas ou vexacións, facéndose un volcado do contido na fase de instrucción.
O uso ou aportación de calqueira medio de proba ten que estar destinado a desmontar a presunción de inocencia de quen agrede e poder así condealo, non pode servir para limitar os dereitos da vítima. Terá que centrarse exclusivamente nos datos que estén estreitamente relacionados cos feitos no caso de que o contido do móbil puidese aportar algunha información relevante do acontecido, doutra maneira se estaría a prexulgar a vida ínitima da denunciante, vulnerando os seus dereitos a intimidade e ao honor e non protexendo o segredo das comunicacións, garantido constictucionalmente.
https://www.farodevigo.es/sociedad/2019/05/03/movil-clave-juzgar-violaciones/2098089.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















