OBRADORIOS: COMUNÍCATE EN PÚBLICO, SEDUCE COA VOZ.

Luns 4 e martes 5 de xuño no edificio Fernando Carreras (O Porto,
1 -antiga reitoría) de 19:00 a 21:00 h
Impartidos por: Uxía Blanco
Número de prazas: 24 cada día, total 48
Para inscribirse deben chamar ao teléfono: 986 81 02 81 de 9:00 a 13:00 h
Dirixidos as directivas das asociacións veciñais, culturais, deportivas...
Número máximo de persoas por asociación: 3. De quedaren prazas libres en calquera
dos dous obradoiros, poderán anotarse máis persoas por asociación.
Obradoiro no que nos achegaremos a como comunicarnos en público: vencer o medo ao
micrófono, como modular a voz, ordenar o discurso...
A linguaxe non verbal, a presenza, a brevidade...
Comunicación dende a lingua de noso, lingua que ten un valor engadido xa que nos
permite comunicarnos con 240 millóns de persoas pertencentes a lusofonía.
Asemade, vencemos prexuízos como "no hablo en gallego, porque no lo hablo bien" ou
"en galego só nos entenden a xente de aquí".

No hay comentarios:

Publicar un comentario