Senderismo Peque-Ruta

Infórmolle de ruta de sendeirismo organizada polo grupo de sendeirismo Andaina
pertencente a Asociación Cultural "O Coto" o único grupo da nosa cidade cunha
programación estable de rutas de sendeirismo enfocado especialmente a familias e
nenos.

Rutas fáciles de facer e por lugares cheos de encanto: ríos, praias, montaña, etc.

2 de xuño:
Ruta nocturna: Cabo Home-Praia de Barra (Cangas do Morrazo)
Hora de saída: 22:00 horas
Lugar de saída: Colexio Público Carballal (acceso pola Avda. do Aeroporto)

Observacións:
Esta ruta é unha das rutas mais esperadas da tempada polo atractivo de
camiñar de noite coa luz da lúa iluminando o camiño.

É a 4ª ruta nocturna que facemos i vamos a camiñar por Cabo Home, un sitio
excepcional cunhas espectaculares vistas sobre as Illas Cíes e a ría de Vigo.

É recomendable levar lanterna.

ASOCIACIÓN CULTURAL "O COTO"
ENDEREZO: COLEXIO PÚBLICO CARBALLAL - R./ LOMBA ,1
MÁIS INFORMACIÓN: 986487957-676524529 e www.ocoto.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario