Case o 25% dos homes admite ter violado algunha muller en Asia

 Case un cuarto dos homes de Asia admite ter cometido alomenos unha violación, segundo un informe de Nacións Unidas sobre violencia contra as mulleres. Segundo recolle a británica BBC, a violación é común entre as parellas, aínda que o 10% dos homes recoñece ter violado a unha muller coa que non mantiña vínculo sentimental. A metade dos que admiten o delito confesan telo feito máis dunha vez. E o 75% defende que foron os seus “dereitos sexuais” o que lle levaron a facelo. O estudo, que é o primeiro que se fai para examinar a violencia xeralizada contra a muller, contou coa testemuña de 10.000 homes de seis países.


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/10/actualidad/1378801645_517962.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario