Poucas mulleres denunciaran previamente antes de ser asasinada. E as que o fixeron, só unha tiña a orde de protección en vigor. Denunciar é moi importante, pero temos que pensar que denunciar ás veces non da a protección necesaria ás mulleres vítimas de violencia.
A sociedade enteira ten que implicarse e axudar e apoiar ás mulleres que sofren violencia. Non esquezamos que a desigualdade está detrás da violencia.
A pesar da frialdade das cifras, expoñemos abaixo algúns datos das mulleres asasinadas ata o momento.
- 23 das 32 asasinadas eran de nacionalidade española
- O grupo máis numeroso, un total de 12, tiñan entre 31 e 40 anos de idade
- No que vai de ano morreron nove xoves menores de 30 anos
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/09/09/espana/1378737823.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario