Actividades Asoc. Nós Mesmas

Este xoves 2 de decembro, ás 18h proxección da lungametraxe servia PARADA (VOS)
Traxicomedia que trata a situación dos dereitos LGTBs en Serbia e que conten imaxes rodadas na marcha do Orgullo realizada en Belgrado no 2010.

Trata de como un grupo de activistas trata de organizar esta marcha do orgullo, rememorando os actos violentos acontecidos anos atrás noutra tentativa. Na trama misturanse paralelamente varias relacións amorosas e diferentes rivindicacións de cómo vivir ou non a orientación sexual.

Cando finalice a peli, sobre ás 20.30h teremos unha chocolatada aberta a toda persoa que queira participar (aínda que non poidas vir a peli!) para celebrar o novo ano e as expectativas que temos nel.


Todo na sede! Porta do Sol, 11-bis, 1º entresollado, Vigo

No hay comentarios:

Publicar un comentario