A Marcha das Mulleres reivindica a liberdade sexual

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/05/29/marcha-mujeres-reivindica-libertad-sexual/1032592.html

1 comentario:

  1. Boas tardes.
    Dende a Marcha Mundial das Mulleres, antes que nada queremos agradecer a
    presenza de todas as persoas que hoxe nos congregamos aquí para reivindicar
    os nosos dereitos reprodutivos e sexuais.
    As mulleres da Marcha estamos en loita pola nosa autonomía, o noso dereito
    a vivir libremente a nosa sexualidade e por unha transformación radical da
    sociedade.
    Segundo o contexto cultural, relixioso, económico e político existente no lugar
    do mundo onde nos toca nacer, mulleres e nenas seguimos a sufrir
    mutilacións xenitais, casamentos forzados, que trafiquen cós nosos corpos,
    escravitude sexual, violacións por parte da nosa propia parella, lapidacións
    por ter relacións sexuais fora do matrimonio, obriga de casarnos có noso
    violador, condenas a prisión para aquelas que decidimos abortar se é que
    sobrevivimos a esta práctica clandestina, e a pena de morte por sermos
    homosexuais, repudio de viúvas por considerar que traemos mala sorte, que
    nos convertan en armas de guerra, que nos neguen o acceso á educación
    sexual e ao uso de métodos anticonceptivos; así como outras moitas
    situacións que que nos impiden o noso dereito a ter unha sexualidade
    saudable, libre e sen xuízos morais, sociais ou mesmo legais.
    Precisamente no estado español, un ano máis temos que reclamar a
    soberanía das mulleres sobre a decisión de ser nais ou non, posto que cada
    vez é máis inminente a aprobación dunha lei inxusta, que por unha banda nos
    impón a maternidade negando o noso dereito ao aborto libre e, pola outra
    nos imposibilita o acceso á reprodución asistida.
    Á súa vez seguimos sen contar con programas de educación sexual que nos
    doten da información e formación necesarias para gozar con liberdade e
    seguridade das relacións que decidimos manter.
    E amparándose na crise económica inventada polos mesmos que coartan os
    nosos dereitos e liberdades, desmantelan os Centros de Orientación Familiar
    e pechan os Centros de Información á Muller. Por iso lles volvemos a berrar ás elites que nos gobernan que non imos
    permitir que uns poucos decidan sobre as nosas vidas, que somos nós as que
    decidimos con quen e como nos relacionamos e se queremos ser ou non nais.
    Correspondéndolle ao estado unicamente a tarefa de redactar e aplicar leis
    que garantan a liberdade e o respecto de todas as persoas.
    Imos mudar o mundo e mudar a vida das mulleres
    Somos mulleres libres e non mercadoría!!!

    ResponderEliminar