CICLO DE CINE INFANTIL E XUVENIL


   SESIÓNS MATINAIS OS SÁBADOS ÁS 11,30H


A Concellería de Igualdade lembra que este sábado pola mañá haberá unha nova sesión de cine. Proxectaremos ás 11,30h no Auditorio Municipal "CAMPAÍÑA: O SEGREDO DAS FADAS".

Para Campaíña e o resto das fadas da temporada cálida, o Bosque de Inverno segue a ser un lugar misterioro e prohibido.
Acompañarémola nunha incrible viaxe a ese mundo prohibido onde descubrirá un segredo máxico que cambiará a súa vida para sempre.



Con este filme pechamos o ciclo de cine  infantil e xuvenil, que durante todos os sábados de maio proxectamos no Auditorio Municipal coa finalidade de visionar cine no que o papel protagonista é interpretado por unha rapaza.
A entrada é de balde e libre ata completar as localidades
Lugar: Auditorio municipal (Praza do Rei, núm. 1)
Datas: sábados 3, 10, 17, 24 e 31 de maio
Hora de comezo das proxeccións: 11:30h

No arquivo adxunto pódese consultar o programa da ultima quincena.

A organización resérvase o dereito de modificar o programa establecido.

Agardamos que esta información sexa do voso interese e agradecemos que a difundades entre as vosas amizades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario