Concentración contra a violencia de xénero!!!!


1 comentario:

  1. Dende a Rede condenamos o crime ocurrido onte en Pazos de Borbén, condenamos tanto a crueldade do asasinato, como os apuntamentos que se están a facer do caso, alegando que foi un ataque de ciumes. Os asasinatos das mulleres son por pura supremacía machista, non se deben a ataques de ciumes, nin a outra causa que non sexa o intento de doblegar ás mulleres, exercendo o maior control posible nas súa vida, e decidindo a súa morte.
    Realizaremos a nosa concentración mensual o vindeiro xoves día 31 de xullo ás 20:00h na Rúa Príncipe, diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO), como mostra de repulsa da violencia machista en todas as súas manifestacións, e tendo moi presente o último asesinato ocurrido na nosa provincia.
    Seguimos a denunciar o asasinato das mulleres, que no que vai de ano xa son 45. Leerase o comunicado en mostra de solidariedade coas mulleres que sofren a máis despiadada manifestación do machismo, a violencia de xénero.

    Agardamos contar con todas e todos vós, para que se escoite a voz de todos os sectores sociais contra a lacra intolerable da violencia contra as mulleres.

    Agradecemos a súa difusión e asistencia.

    ResponderEliminar