Actividades do mes de xuño no centro de documentación e recursos feministas

mes de xuño no Centro de Documentación e Recursos Femistas de Vigo

Mércores 5, ás 19 horas
:
Presentación do libro "Dominicanas somos" (banda deseñada) / con Enrique Mauricio e Carlos Taboada


Martes 11, ás 19 horas:
Presentación do libro "Teresa Alvajar López: memorias dunha republicana" / con Aurora Marco

Martes 18, ás 18 horas:
Videofórum: "A Condesa rebelde" / de Zaza Ceballos

Mércores 26, ás 18 horas:
Club de lectura: "Cincuenta sombras de Grey" / con Mercedes Oliveira e Amada Traba


Centro de Documentación
e Recursos Feministas de Vigo
Concellería de Igualdade
Biblioteca pública Central
R/ Joaquín Yañez, 6-2º andar
36202 Vigo
T. 986 22 90 74
www.igualdadevigo.org

Mato deixa en mans de Gallardón a reforma da Lei do Aborto

A ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, confirmou coas súas palabras o que parecía ser un segredo a voces á vista de quen realizaba as declaracións: só o Ministerio de Xustiza, co seu titular, Alberto Ruiz-Gallardón á cabeza, é o único departamento que está elaborando a nova lei do aborto.

A minista Mato di que a lei “modificará a situación das menores que agora deben enfrontarse a unha situación tan difícil sen o apoio dos seus pais”.

Os datos demostran, sen embargo, que a maioría de rapazas de 16 e 17 años que deciden abortar o fan acompañadas dos seus proxenitores. Segundo un estudo elaborado en 2011 pola Asociación de Clínicas Acreditadas para a Interrupción do Embarazo (ACAI), apenas un 13% (sobre unha mostra de 1.186 xovenes) alegou razóns como risco de sufrir malos tratos, pais abertamente contrarios ao aborto provocado ou que vivían noutros países. Polo tanto, a medida de non estar obrigadas a comunicar esta decisión aos pais é necesaria para determinados casos.


http://www.publico.es/456269/mato-deja-en-manos-de-gallardon-la-reforma-de-la-ley-del-aborto

"Eu quería sexo, pero non asi": reportaxe que obtivo o II premio Colombine, rachando estereotipos sobre as violacións

"As agresións sexuais que non se asimilan a ese imaxinario de violacións de película se normalizan, considérase "outra cousa", ou se culpa á vítima (que lle provocou, que non dixo que non coa suficiente insistencia...)”, alerta a psicóloga especialista en violencia de xénero, Norma Vázquez.

O 'ligoteo' é un dos contextos nos que máis agresións sexuais se dan, apunta, pero ás mulleres lles costa identificarlas como tales, posto que elas querían nun primeiro momento trabar relación ou mantener un intercambio sexual.

Para ver o artigo:
http://www.eldiario.es/sociedad/queria-sexo_0_72093264.html

A muller endebedada polo asasino da súa filla pide axuda para non perder a súa casa


http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/29/andalucia/1369849369_769595.html

O Salvador prohibe abortar a moza con risco de morrer

http://www.farodevigo.es/mundo/2013/05/30/salvador-prohibe-abortar-joven-riesgo-morir/819745.html

Violencia xénero. Jpd (Jueces para la Democracia) acusa a Wert de perxudicar a loita contra o maltrato

A ‘lei Wert’ non contempla “a educación en igualdad de sexos nin a formación para a prevención e resolución de conflictos como está previsto tanto na Lei de Igualdade como na Lei Integral”.

http://noticias.lainformacion.com/policia-y-justicia/justicia-y-derechos/violencia-genero-jpd-acusa-a-wert-de-perjudicar-la-lucha-contra-el-maltrato_S60g5ds5kOWxjMveBy37M4/

A violencia machista sobrevive nas parellas máis novas

Preocupación porque a violencia de xénero segue presente nas parellas adolescentes...

Cada vez máis adolescentes acoden aos centros de atención a mulleres maltratadas. As novas tecnoloxías emerxen como arma de control. Os/as expertos/as urxen a previr coa educación.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/05/28/actualidad/1369764459_765429.html

Este mes de maio "negro": 7 vítimas de violencia de xénero. Dende a Rede seguiremos saíndo a rúa a denunciar a violencia machista





                      Maio de 2013. En 36 horas 3 mulleres son asasinadas. No que vai de mes 7.

Pero o problema non é o número de horas transcurridas. O problema real é que os desprezos, os ataques, os insultos,  as violacións e asasinatos de mulleres prodúcense todos os días, acotío, cada minuto e segundo, en todos os lugares do mundo.
Detrás deste tipo de novas atopamos o valor que a sociedade lle da á violencia de xénero. Porque morre un militar e se produce unha alarma internacional. Morren 3 mulleres e a única alarma que salta é a das propias mulleres vítimas da violencia, as cales asisten asombradas e confusas á representación social e política das condolencias ás vítimas, dos falsos arrepentimentos ou intentos de suicidio dos asasinos e da súa propia desprotección diaria. Porque son elas as que teñen que contemplar como vale moito menos a morte dunha muller que a morte dun militar. Cómo a súa problemática é menos urxente a nivel internacional. Cómo a angustia que vive todos os días non ten o menor valor.
Porque lembremos, ela é só unha muller vivindo na súa privacidade, onde o asasino só a ameaza a ela, e non ó resto da sociedade. É, por este motivo, polo que seguimos impasivos ante o goteo de vítimas, porque os que maltratan non nolo fan a nós. Non nos amezan, non nos agreden, nin nos atacan directamente. Pero a morte de mulleres fainos cómplices a todas e todos.
Por todo esto non máis condolencias, nin máis compasións, senón máis obrigas por parte de toda a sociedade. Que a morte de mulleres nos faga lembrar a nosa responsabilidade e actuemos en consecuencia, día a día contra calquera agresión social ou política en contra da nosa liberdade, integridade e dignidade.

Música e lectura para reclamar o dereito ao aborto "libre e gratuíto"

A Rede participa na concentración no día dos dereitos sexuais e reproductivos das mulleres. 

http://ocio.farodevigo.es/agenda/noticias/nws-190317-musica-lectura-reclamar-derecho-aborto-libre-gratuito.html

Facebook actuará contra a violencia de xénero na súa rede

http://www.farodevigo.es/vida-y-estilo/tecnologia/2013/05/29/facebook-actuara-violencia-genero-red/819005.html