Novos horarios na sede de Nós Mesmas
LUNS: 16:00h. - 18:00h.
MARTES: 17:30h. - 20:30h.
MÉRCORES: 19:00h. - 21:00h
VENRES: 17:30h. - 20:00h.
Dirección da sede: Porta do Sol, 11 bis, 1º entresollado. Vigo
Case o 25% dos homes admite ter violado algunha muller en Asia
Case un cuarto dos homes de Asia admite ter cometido alomenos unha
violación, segundo un informe de Nacións Unidas sobre violencia contra as mulleres. Segundo recolle a británica BBC, a violación é común entre as parellas, aínda que o 10% dos homes
recoñece ter violado a unha muller coa que non mantiña vínculo
sentimental. A metade dos que admiten o delito confesan telo feito máis dunha vez. E o 75% defende que foron os seus “dereitos
sexuais” o que lle levaron a facelo. O estudo, que é o primeiro
que se fai para examinar a violencia xeralizada contra a muller,
contou coa testemuña de 10.000 homes de seis países.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/10/actualidad/1378801645_517962.html
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/10/actualidad/1378801645_517962.html
Só seis das 32 vítimas de violencia de xénero deste ano denunciara
Poucas mulleres denunciaran previamente antes de ser asasinada. E as que o fixeron, só unha tiña a orde de protección en vigor. Denunciar é moi importante, pero temos que pensar que denunciar ás veces non da a protección necesaria ás mulleres vítimas de violencia.
A sociedade enteira ten que implicarse e axudar e apoiar ás mulleres que sofren violencia. Non esquezamos que a desigualdade está detrás da violencia.
A pesar da frialdade das cifras, expoñemos abaixo algúns datos das mulleres asasinadas ata o momento.
- 23 das 32 asasinadas eran de nacionalidade española
- O grupo máis numeroso, un total de 12, tiñan entre 31 e 40 anos de idade
- No que vai de ano morreron nove xoves menores de 30 anos
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/09/09/espana/1378737823.html
Rebaixan a pena por maltrato á súa exparella ao técnico condenado por abusos a menores en Mos
A Audiencia de Pontevedra da a razón en
parte ao recurso da súa avogada defensora, que consideraba prescrito o
delito de maltrato a súa ex-parella, pois tivo lugar no ano 2007 e a
denuncia se formulou o 29 de agosto de 2010. O tribunal declara por
tanto extinguida a responsabilidade penal por dito delito e anula os 6
meses de condena que lle foron impostos.
http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/10/rebajan-pena-maltrato-expareja-tecnico/874876.html
http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/10/rebajan-pena-maltrato-expareja-tecnico/874876.html
A igualdade cotiza á baixa no Ibex
As mulleres que forman parte dos Consellos de Administración das empresas que forman o Ibex35 representan o 15%. 75 conselleiras fronte a 424 conselleiros.
http://www.publico.es/466661/la-igualdad-cotiza-a-la-baja-en-el-ibex
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



