CELEBRACIÓN 20 ANIVERSARIO DO CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER


Co motivo da celebración dos seus 20 anos de andaina, o Consello Municipal da Muller de Vigo, en
colaboración coa Concellería de Igualdade, organiza un programa de actos que se desenvolverán o luns, 2 de decembro.

PLENO ESPECÍFICO DO CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER
Data: 2 de decembro ás 10,00 h
Lugar: Salón de Plenos.

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “20 ANOS DE HISTORIA DO CONSELLO MUNICIPAL
DA MULLER DE VIGO”


MESA REDONDA “20 ANOS DE HISTORIA DO CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER DE
VIGO”
Data: luns, 2 de decembro ás 19,00 h
Lugar: Casa Galega da Cultura

Treinta muñecos amortajados ante el Marco simbolizan el drama del maltrato La Marcha Mundial das Mulleres protesta por las desapariciones y muertes por machismo

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/11/23/treinta-munecos-tumbados-bajo-mortajas-ante-marco-escenifican-malos-tratos/0003_2013111385230492515331.htm#.UpHapJ0WE90.facebook

A Secretaría das Mulleres do SLG chama a atención sobre as especificidades da violencia contra as mulleres do rural

  • O fracaso na aplicación da Lei de Titularidade Compartida, con 2 altas en toda Galiza, ou a reforma das pensións, deixan a miles de labregas indefensas diante da violencia de xénero
  • A responsable da Secretaría das Mulleres do SLG, María Ferreiro Santos, abordará esta problemática nun ciclo de charlas que terá lugar o 25 de novembro en Vilalba (Lugo)
Un ano máis vemos como a suma continúa. Dende que comezaron as estatísticas sobre violencia de xénero no ano 2003, e até 2012, foron asasinadas 652 mulleres a man das súas parellas ou ex-parellas sentimentais. Neste 25 de novembro de 2013, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, observamos con gran preocupación o incremento de comportamentos violentos en franxas de idade cada vez máis baixas.
Dende a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, facemos un chamamento ás administracións públicas, e á sociedade no seu conxunto, para rematar coa maior lacra social que temos na actualidade. Cómpre, dunha vez por todas, adoptar as medidas necesarias para atallar este problema, posto que unha sociedade que se di democrática non pode consentir esta situación. Son moitas as campañas e actos que ao redor deste día estamos a ver e escoitar nos medios de comunicación, pero esta loita contra a violencia machista ten que ser continua, xa que é un problema que afecta á sociedade no seu conxunto.
Existen toda unha serie de desigualdades e de violencias consentidas coas que nos afacemos a vivir: na educación, nos medios de comunicación ou nos videoxogos, por citar uns casos, séguense a promover roles completamente diferenciados para mulleres e homes e, decotío, cunha grande carga de violencia na consecución dos resultados.
A falla de dereitos propios e de autonomía económica fai que moitas mulleres tamén sexan moi vulnerables ante as situacións de violencia. Isto agrávase no medio rural para as mulleres que se dedican á profesión agraria. Para a Secretaría das Mulleres do SLG é fundamental que a Lei de Titularidade Compartida non quede só nun texto aprobado e publicado no BOE. Os datos facilitados polo Ministerio de Medio Rural, en setembro de 2013, reflectían que no Estado Español o número de solicitudes de titularidade compartida foi de 52. Na Galiza, as solicitudes limitáronse a 2. Dende a Secretaría das Mulleres do SLG esiximos do Goberno medidas, recursos e un serio compromiso cos dereitos das mulleres labregas, moitas das cales, a día de hoxe, seguen a ser consideradas como “axuda familiar”.
Nesta conxuntura de recortes, de desmantelamento de moitos servizos públicos no rural, asistimos a unha cada vez maior feminización da pobreza. Cando se eliminan recursos, estase a incrementar a precariedade de vida das mulleres. Non queremos deixar de nomear neste día o que para as mulleres labregas supón a reforma da Lei de Pensións. As estadísticas reflicten que moitas labregas non cotizan ou que comezan a facelo a unha idade avanzada.
Dende a Secretaría das Mulleres do SLG pensamos que facer políticas axeitadas para o medio rural e xerar riqueza e emprego debe ser un dos camiños para a solución. Afirmamos que é de xustiza dispor dos recursos axeitados para vivir dignamente, con independencia de que vivamos no medio rural ou nos centros urbanos.
Neste 25 de novembro, a Secretaría das Mulleres do SLG participará, a través da súa coordinadora, María Ferreiro Santos, nun acto na casa de cultura de Vilalba Vilalba ao redor da violencia de xénero. Comezará ás 18:30 e, mentres María Ferreiro Santos falará sobre a violencia de xénero no rural; a xuíza Estela San José Asensio fará outro tanto sobre “A Violencia de xénero e a independencia da muller” (achégase cartaz da convocatoria).
Se desexan máis información, poden contactar coa responsable da Secretaría das Mulleres do SLG, María Ferreiro Santos, no 660 215 346

Actos polo 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero

A Marcha Mundial das Mulleres convócavos a participar nunha acción de denuncia da Violencia Machista o sábado 23 a partir das 18:00 horas, nas inmediacións do Museo de Arte Contemporáneo de Vigo.
Tamén convidarvos a que participedes na manifestación do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero que sairá dende a Farola de Urzáiz as 20:00 horas.


ENLAZAVIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Organiza: Concellería de Igualdade e Consello Municipal da Muller 
Co gallo do vindeiro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade de Vigo volvemos poñer en marcha a iniciativa Enlaza Vigo, para reflectir o compromiso real do conxunto da cidadanía no combate do terrorismo machista.

Desde o ano 2003, ano no que se comezan a realizar oficialmente estatísticas sobre a Violencia de xénero, ata o día de hoxe, máis de 702 mulleres foron asasinadas, só en España, a mans das súas parellas ou exparellas (fonte: Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade).

Tralo éxito de participación acadado nas pasadas edicións, Vigo volverá, o luns 25 de novembro, a condenar na rúa a violencia de xénero e cantas actitudes e comportamentos machistas encerra, coa formación dun gran tapiz humano.


ACTIVIDADES:

.- Exposición colectiva contra a Violencia de Xénero realizada polo alumnado de secundaria de 29 centros de ensino da cidade.

Rúa do Príncipe, diante do MARCO
As persoas que estean interesadas poden visitar esta mostra que reflicte o compromiso do estudiantado da cidade na loita contra a violencia que se exerce sobre as mulleres desdeo día 21 ao 27 de novembro, de xeito ininterrumpido de 10:00 a 20:00h.

.- Creación dun tapiz humano contra a violencia de xénero
Luns, 25 de novembro ás 12.00. Punto de encontro: farola de Urzáiz

O tramo da rúa Urzáiz comprendido entre a Farola e a rúa República Arxentina será o escenario, o vindeiro luns 25 de novembro, da formación dun gran tapiz humano.

Para participar na formación do tapiz convidouse aos institutos de secundaria da cidade e teñen confirmada a presencia 22 institutos e máis de 1500 alumnos e alumnas.
Desde a chegada do alumnado ao punto de encontro (10,30h) ata a formación do tapiz (12,00h) participarán dun xeito activo en diversas actividades lúdicas e reivindicativas que reflicten as distintas expresións artísticas e deportivas que practica a mocidade: exhibicións de malabares, parkour, breakdance, baile moderno e regueifas-rap, ademais de visitar a exposición colectiva.

A organización convida a todas a cidadanía a participar nos actos desta campaña: visitando a exposición e/ou sumándose á participación do alumnado acudindo o luns, 25 de novembro pola mañá á formación do tapiz humano.


Folleto co programa en arquivo adxunto

Agardamos que esta información sexa do voso interese e agradecemos a súa difusión entre os vosos contactos


Obtén mais información e segue as nosas novas en: www.enlazavigo.com