ASINADE!!


Proximamente hai previsto celebrar en Lugo un curso denominado “Custodia compartida nas separacións e divorcios: enfoque multidisciplinar”. A custodia compartida imposta por vía xudicial non é a mellor medida para o benestar e a estabilidade das e dos menores.

Asina en contra da celebración destas xornadas no seguinte enderezo web:


http://actuable.es/peticiones/no-la-difusinn-en-universidad-publica-del-llamado-sindrome
,


que se van a celebrar en Lugo dentro da Universidade de verán 2011 da USC, organizadas e patrocinadas por:

Institución asesora: “Asociación de Padres y Madres Separados de Galicia”
Instituciones patrocinadoras e colaboradoras: Colexio de Avogados de Lugo, Colexio de Procuradores de Lugo, Xunta de Galicia: Dirección Xeral de Xustiza e Consellería de Familia e Benestar, Deputación de Lugo, Concello de Lugo e Fundación Novacaixagalicia.

Un dos ponentes destas xornadas é o xuiz Serrano suspendido da sua actividade polo Consejo General del Poder Judicial por soposta prevaricación
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/CGPJ/suspende/juez/cambio/regimen/visitas/nino/procesion/elpepusoc/20110719elpepusoc_8/Tes
Aqui podes ver o contido do curso http://www.usc.es/cultura/uverano25_11.htm


Pretenden utilizar recursos públicos para divulgar a chamada Síndrome de Alienación Parental (SAP) baixo o nome de "Interferencia Parental".

Dende a Rede de Mulleres Contra Os Malos Tratos de Vigo, queremos unirnos á iniciativa da Asociación de Mulleres de Lugo Enriqueta Otero, que está a recoller sinaturas contra a realización do curso denominado “Custodia compartida nas separacións e divorcios: enfoque multidisciplinar” que se vai levar a cabo no colexio de abogados/as de Lugo, xa que unha das intervencións, nomeada “Interferencias nas relacións paterno e materno filiais en caso de separación e divorcio” intenta difundir o Síndrome de Alienación Parental (SAP), un constructo ideado por un médico psicoanalista estadounidense Richard Gadner en 1985, para utilizalo como instrumento de defensa de pais acusados de incesto e/ou abuso. A Organización Mundial da Saúde, entre outras moitas organizacións, determina que a alienación parental non existe. Ante esta situación, dende a Rede, consideramos a realización deste curso, dentro da Universidade como irrespetuoso con toda a sociedade, e especialmente coas mulleres que son as que xa están padecendo as sentenzas onde se lles aplica, de maneira inxusta, o SAP. Estas sentenzas dinnos como debe ser unha familia, como debe ser unha boa nai ou un bo pai. Nestas sentenzas se antepoñe o imaxinario perfecto do modelo masculino de pai á situación de violencia que se vive en moitas familias, que unido á imaxe da nai manipuladora, como estereotipo social, fai que moitas das custodias rematen en mans de homes que exercían violencia sobre as súas parellas.
As sentezas pro-SAP teñen un marcado e profundo machismo xa que se adican maioritariamente a mulleres. Na Audiencia de Barcelona de 24 casos onde se aplicou o SAP 4 eran homes e o resto mulleres.
Apelamos á honestidade e ó sentido común das entidades e persoas que, en pricincipio participarán neste curso, rexeitando coma o facemos nós, estas agresións ás mulleres, e analicen ás persoas que participan como ponentes. Pensamos que non poden obviar que algún dos ponentes, coma Francisco Serrano Castro, está suspendido da súa actividade polo Consello Xeral do Poder Xudicial por suposta prevaricación, e outros están denunciados, ainda que todavía non saíron os xuízos. O Consello Xeral do Poder Xudicial na Guía de Criterios de Actuación Xudicial fronte á Violencia de Xénero do ano 2008, di textualmente: o SAP é unha teoría abertamente pedófila carente de base científica que está a provocar situacións de risco para os nenos e nenas ademáis dunha involución nos dereitos humanos dos e das máis débiles. Entón, por qué se sigue aplicando? débese á resposta simplista que se ofrece fronte a un grave problema, como é o rexeitamento dun neno ou dunha nena a acudir coa súa nai ou o seu pai. Lonxe de analizar e profundar nas causas do referido rexeitamento aplícase a citada “terapia da ameaza” que se leva a cabo obrigando ós e ás menores a que vaian co seu pai cumprindo así as visitas pautadas. Se o neno ou a nena só quere estar coa súa nai, se lle prohibe toda comunicación con ela.


Dende a Rede queremos unirnos, xunto con outras organización feministas e de mulleres, ó rexeitamento ó emprego de recursos públicos para a difusión do SAP, unha teoría non recoñecida pola comunidade científica, baseada en fundamentos machistas.

Debemos facer visible, empregar todos os medios públicos posibles para desenmascarar o sexismo ancestral que se oculta baixo palabras igualitarias nas sentenzas xudicias, e denunciar que o SAP é unha nova forma de violencia de xénero.

VIDEOFÓRUM "COMO LOS DEMÁS"



VIDEOFÓRUM
"COMO LOS DEMÁS"


*ESTE MES POR MOR DE QUE A BIBLIOTECA PECHA POLAS TARDES OS MESES DE XULLO E AGOSTO REALIZAREMOS O VIDEOFÓRUM NO CENTRO CÍVICO CASCO VELLO (RÚA OLIVA, 12)


XOVES 19/07/2011
hora: 18h

NO CENTRO CÍVICO CASCO VELLO
Ó LADO DA COLEXIATA


Director: Vincent Garenq
Actrices/actores: Pilar López de Ayala,Lambert Wilson , Pascal Elbé

+ 7 anos


SINOPSE

Ámanse: Emmanuel e Philippe forman a parella perfecta, ámanse e se levan ben... Ata que Emmanuel sente o desexo de ser pai, a pesar da oposición de Philippe. Un bo día, Emmanuel decídese a telo, pase o que pase, aínda que perda a Philippe... Pero,
como ser pai sendo gai?


* AGRADECEMOS A SÚA DIFUSIÓN