Desarticulada unha rede que traficaba con mulleres e as obrigaba a prostituírse
A policía desarticulou unha organización dedicada ao tráfico de mulleres dende Nixeria a España para a súa explotación sexual.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/15/actualidad/1381852320_653101.html
I Xornada de Educación e Lingua "Hai camiños?"
A Asociación Pro-Escola Semente Vigo organiza a I Xornada de Educación e Lingua "Hai camiños?" á que ten o pracer de convidarvos.
É unha Xornada totalmente gratuíta e conta cun espazo para as nenas e os nenos. Terá lugar na Asociación de Veciños Val do Fragoso de Balaídos (Vigo).
Para reservar praza hai que enviar un correo a sementevigo@gmail.com xa que o aforo é limitado.
Adxuntamos o programa e quedamos en agarda para calquera dúbida ou consulta.
Para máis información tamén nos podedes atopar no Facebook.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)