Violencia xénero. Jpd (Jueces para la Democracia) acusa a Wert de perxudicar a loita contra o maltrato

A ‘lei Wert’ non contempla “a educación en igualdad de sexos nin a formación para a prevención e resolución de conflictos como está previsto tanto na Lei de Igualdade como na Lei Integral”.

http://noticias.lainformacion.com/policia-y-justicia/justicia-y-derechos/violencia-genero-jpd-acusa-a-wert-de-perjudicar-la-lucha-contra-el-maltrato_S60g5ds5kOWxjMveBy37M4/

A violencia machista sobrevive nas parellas máis novas

Preocupación porque a violencia de xénero segue presente nas parellas adolescentes...

Cada vez máis adolescentes acoden aos centros de atención a mulleres maltratadas. As novas tecnoloxías emerxen como arma de control. Os/as expertos/as urxen a previr coa educación.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/05/28/actualidad/1369764459_765429.html

Este mes de maio "negro": 7 vítimas de violencia de xénero. Dende a Rede seguiremos saíndo a rúa a denunciar a violencia machista





                      Maio de 2013. En 36 horas 3 mulleres son asasinadas. No que vai de mes 7.

Pero o problema non é o número de horas transcurridas. O problema real é que os desprezos, os ataques, os insultos,  as violacións e asasinatos de mulleres prodúcense todos os días, acotío, cada minuto e segundo, en todos os lugares do mundo.
Detrás deste tipo de novas atopamos o valor que a sociedade lle da á violencia de xénero. Porque morre un militar e se produce unha alarma internacional. Morren 3 mulleres e a única alarma que salta é a das propias mulleres vítimas da violencia, as cales asisten asombradas e confusas á representación social e política das condolencias ás vítimas, dos falsos arrepentimentos ou intentos de suicidio dos asasinos e da súa propia desprotección diaria. Porque son elas as que teñen que contemplar como vale moito menos a morte dunha muller que a morte dun militar. Cómo a súa problemática é menos urxente a nivel internacional. Cómo a angustia que vive todos os días non ten o menor valor.
Porque lembremos, ela é só unha muller vivindo na súa privacidade, onde o asasino só a ameaza a ela, e non ó resto da sociedade. É, por este motivo, polo que seguimos impasivos ante o goteo de vítimas, porque os que maltratan non nolo fan a nós. Non nos amezan, non nos agreden, nin nos atacan directamente. Pero a morte de mulleres fainos cómplices a todas e todos.
Por todo esto non máis condolencias, nin máis compasións, senón máis obrigas por parte de toda a sociedade. Que a morte de mulleres nos faga lembrar a nosa responsabilidade e actuemos en consecuencia, día a día contra calquera agresión social ou política en contra da nosa liberdade, integridade e dignidade.

Música e lectura para reclamar o dereito ao aborto "libre e gratuíto"

A Rede participa na concentración no día dos dereitos sexuais e reproductivos das mulleres. 

http://ocio.farodevigo.es/agenda/noticias/nws-190317-musica-lectura-reclamar-derecho-aborto-libre-gratuito.html

Facebook actuará contra a violencia de xénero na súa rede

http://www.farodevigo.es/vida-y-estilo/tecnologia/2013/05/29/facebook-actuara-violencia-genero-red/819005.html