Vindeiras Actividades
Concentración contra a violencia de xénero
Obradoiro Consciencia Emocional
Novo Obradoiro de Autoestima
Abrindo Novos Camiños contra a Violencia de Xénero
Obradoiro: Camiños ó bo Trato
Obradoiro de Autoestima
Obradoiro de para Nais e Pais
Obradoiro de Autoestima
Saída Cultural á Merca, Bande e Celanova
Actividades Realizadas
IX ENCONTRO DE MULLERES EN PANXÓN
INFORMACIÓN
DOS COLECTIVOS PARTICIPANTES
- ASOCIACIÓN
ARELAS: Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia.
Asociación formada
por familias de menores e adolescentes transexuais. Entenden que as crianzas xa
dende ben pequenas observan, que por encima de todo, as equivocadas son elas e
que polo tanto deben axustarse ao que a sociedade entende por “normal”. Dende a
asociación de familias de menores trans*, traballan e promoven a defensa dos
seus dereitos en todos os ámbitos da vida: educativo, sanitario, xudicial,
cultural, deportivo e social.
- COLECTIVO
ESCULCA: Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades.
EsCULcA é un Observatorio de ámbito galego
que traballa na defensa dos dereitos e liberdades públicas garantidos na
Constitución e nos Tratados Internacionais. Consideran que unha das tarefas
urxentes que debe abordar a sociedade civil é a restauración inmediata das
garantías eliminadas nos últimos anos e a adopción de cantas medidas foran
precisas para garantir o exercicio de dereitos básicos como os de expresión,
reunión e manifestación, o dereito a non ser obxecto de tortura, o dereito a
asilo, o dereito á saúde ou o dereito a un tratamento adecuado das persoas
menores de idade con responsabilidades penais.
- ASOCIACIÓN
FARAXA.
FARAXA é unha organización non
gobernamental sen ánimo de lucro, de acción social e independente (sen
adscrición a ningunha formación política, relixiosa, grupo financeiro ou
mediático, etc.). Está especializada no traballo con persoas en prostitución e
vítimas de trata sexual.
- CURUXA FEMINISTA. Colectivo
feminista non mixto de estudantes galegas.
Nace ante a necesidade de combater o sistema patriarcal dende a
organización autónoma das mulleres, dende a cal enfrontarse colectivamente ás
problemáticas derivadas deste. Queren socializar o feminismo nos centros de
ensino tanto a nivel teórico como práctico, espallando a sororidade e o apoio
mutuo entre compañeiras.
- XORNALISTAS
GALEGAS.
Rede creada para aplicar a perspectiva de xénero ao xornalismo. Este
movemento está formado por unhas duascentas profesionais de diferentes medios e
distintas profesións que se uniron a raíz do 8M no grupo As Xornalistas
Paramos.
-
AFROGALEGAS.
O colectivo
Afrogalegas foi impulsado por un grupo de mulleres galegas afrodescendentes,
cansas de soportar os microracismos cotiás. Entenden a afrodescendencia
coma un termo que engloba diferentes enfoques ou identidades que teñen a súa
orixe común na tradición africana e nas herdanzas ou ascendencia que cada unha
recibimos das nosas antepasadas.
OBRADOIROS
1.-
“DESCUBRINDO O PODER DA RISA”. BAIA FERNÁNDEZ DE LA TORRE.
Nos tempos que vivimos cada vez son máis as persoas que padecen
enfermidades relacionadas co estrés, por iso considérase moi importante coñecer
ferramentas que nos axuden a contrarrestar os seus efectos ou incluso os fagan
desaparecer. Recuperar a alegría de vivir e beneficiarnos do impacto que isto
ten sobre a nosa saúde e calidade de vida.
2.—“MULLERES
NAS FRONTEIRAS”. “RAIAS TRAVESEIRAS”. EVA GIL E MARI FIDALGO.
As fronteiras son na actualidade un espazo máis de violencia contra as
mulleres e outras identidades nas marxes, alén dun negocio suculento para
grandes empresas.
Reflexionaremos sobre o que sucede nos espazos fronteirizos, tanto
exteriores e interiores, e reflexionar sobre as relacións entre feminismos e
migracións. O noso obxectivo é contribuir a fortalecer os nosos discursos e
prácticas para derrubar todo tipo de fronteiras e dar pasos para a construción
de alianzas sólidas. Porque os feminismos teñen que ser transfronteirizos e
anti-racistas ou non serán!
Impartido por Raias Traveseiras, espazo aberto, flexible e horizontal de denuncia das políticas
capitalistas, migratorias e patriarcais e de construción colectiva de discursos
e prácticas para acadar vidas que merezan a alegría vivir. Actúan en base a
tres vectores: sensibilización e denuncia, formación e xeración de pensamento
crítico, e impulso de iniciativas de transformación social. Na actualidade está
integrado por Mari Fidalgo, Eva Gil e Leticia Castro.
3.- “AUTORAS
DAS NOSAS IMAXES”. NATALIA GONZÁLEZ DEVESA.
Traballaremos en como construír a nosa identidade desde nós mesmas como
mulleres na sociedade, combatendo as desigualdades de xénero desde a
fotografía.
Coñeceremos:
• o traballo de mulleres fotógrafas ao longo da historia e na actualidade.
• analizarase a publicidade sexista de diferentes medios tanto locais como
mundiais.
• traballarase sobre os estereotipos masculinos e femininos.
• uso do photoshop para perpetuar as desigualdades de xénero.
OBRADOIRO DEMOSTRACIÓN CESTEIRA
OBRADOIRO CONSCIENCIA E MOVEMENTO
OBRADOIRO DE INTELIXENCIA EMOCIONAL
VIII ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES
A Asociación Rede de Mulleres contra os
malos tratos de Vigo , estamos organizando unha xornada que se celebrará na
Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) durante os días
14, 15 e 16 de setembro de 2018.
Dende hai anos vimos realizando xornadas
que nos dan a posibilidade de manternos en contacto co resto de organizacións
de mulleres de toda Galicia, fortalecernos e abrir novos camiños de
colaboración, tan necesarios neste momento.
Programa VIII Encontro Nacional de Mulleres
Panxón 14/15/16 de setembro 2018
Venres 14 de setembro:
o Chegada a Residencia de Panxón ás 16h.
o 17.30h. Presentación das actividades e inauguración a cargo de Dona Susana
López Abella, Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, acompañada de
Dona Marta Iglesias Pombo, Xefa Territorial de Política Social da Xunta de
Galicia, en Vigo.
o Actividades lúdicas relacionadas coas xornadas, coa finalidade de crear un
clima de coñecemento e confianza entre as persoas asistentes.
Sábado 15 de setembro:
10:00-10:15: Presentación das xornadas:
10:15-11:15: Lola Ferreiro Díaz
(Médica feminista galega)
“Cómo se exerce a violencia na
actualidade? Unha análise da situación real”.
11:15-11:45: Debate
11:45-12:00: Descanso/Café
12.00-13:00: Rosa Arcos Caamaño
(Presidenta da Federación de Asociacións
de Mulleres Rurais - Fademur Galicia)
“A violencia invisibilizada no
rural”.
13.00-13.30 – Debate.
16:15 – Distribución dos obradoiros.
16.30 – 19.30 - Obradoiros:
1. Arogalegas: “Discriminación
por raza no movemento feminista”
Aínda que é certo que o feminismo
xurdiu como un movemento común de loita pola liberación das mulleres e tamén
das persoas negras, este seguiu posteriormente un desenvolvemento que tivo como
protagonistas ás mulleres brancas, máis especificamente, ás mulleres brancas de
clase media. O abolicionismo e o sufraxismo son, desde moi pronto, movementos
que tenden frecuentemente ao desencontro, pois as mulleres negras senten como a
palabra “xénero” se observa desde unha perspectiva excluínte desde o feminismo,
obviando as diferenzas entre as propias mulleres, sentíndose excluídas e
marxinadas. Ten como obxectivo analizar e discutir coas participantes temas de
raza, xénero, diversidade, e interculturalidade dentro do movemento feminista
branco. O obradoiro realizará unha pequena introdución ao feminismo negro e
traballará sobre a posibilidade de construír alianzas non excluíntes dentro dos
feminismos.
2. Tareixa Ledo Regal: “Como negociar na
parella…e no resto das relacións...”
Cando sinto que se meten no meu
espazo, cando me sinto invadida, cando algo me fai sentir mal é que eu non o
negociei. Axuda falar claro sobre que quero eu e que queres ti… porque se non
acordamos, “contratamos” cousas diferentes ou negociamos en falso para que non
haxa conflito…Que é o que queremos compartir? Que é o que non queremos
compartir? Se isto está claro, non hai conflito. Imos ver ferramentas para
aprender a negociar e contratar con claridade coa parella ou con calquera outra
persoa da nosa vida (nai/pai, filla/o, amigas/os...).
3. Iria Cacheiro Paradelo: “Danza libre
e conciencia corporal”
Coa danza libre buscamos a
conexión co noso propio corpo e as nosas emocións a través do movemento. O
traballo vaise guiando con pautas de improvisación, para ir entrando en
contacto co noso universo emocional dándolle unha saída expresiva.
Danzamos dende un total respeto ó
noso corpo, buscando conectar coas súas necesidades. Partimos do movemento
orgánico e natural, pasando por soltar o corpo nunha danza de liberación
e chegamos ó noso propio movemento conectadas con nos mesmas, nun proceso
creativo no que cada unha crea a su propia danza, a que necesita nese momento.
20.30– Peche das xornadas.
Domingo 16 de setembro:
Visita guiada para coñecer o
castro de Santa Tegra e o seu entorno (Museo arqueolóxico, etc.) no Concello de
A Guarda. Xantaremos de novo na Residencia de Tempo Libre de Panxón e daremos
por rematado o encontro.
Agardamos contar con todas vós, xa que
crear lazos de sororidade é fundamental neste momento no que os dereitos
fundamentais, conseguidos ata o de agora, penden dun fío ante as medidas
sociais que se están a levar a cabo. Debemos seguir o camiño cara unha sociedade
en igualdade, poñendo en valor todo o esforzo e o traballo feito polos
movementos sociais ata o de agora e participando en espazos coma este encontro,
no que poderemos crear novas formas de participación entre todas e novas
estratexias contra a violencia de xénero.
O custo da inscrición
é de 10 euros a abonar no momento de anotarse.
As mulleres ou organizacións que
participen de Vigo e a súa contorna, deben inscribirse nas oficinas da Rede,
salvo xustificación de non poderen acudir.
As mulleres ou
organizacións de fóra poden solicitar á Rede o número de conta da Asociación
para facer o ingreso.
O horario de
solicitudes é de 10h. a 13, 30h. e de 17, 30h. a 20,30h. de luns a venres (o
venres só en horario de mañá).
Os teléfonos de contacto, para máis
información, 986 222 328 / 670 45 34 31, no correo,redemediadorasvigo@hotmail.com ou consultando o blog rededemulleres.blogspot.com. As prazas son
limitadas, recolleranse solicitudes ata completar aforo.
OBRADOIRO DE AUTOESTIMA
XORNADA: ABRINDO NOVOS CAMIÑOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
XX XORNADAS DE FORMACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO
OBRADOIRO DE "CAMIÑOS O BO TRATO"
OBRADOIRO PARA NAIS E PAIS: COMUNICACIÓN POSITIVA NO ENTORNO FAMILIAR:
CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO:
XORNADAS: REFLEXIONANDO SOBRE O AMOR ROMÁNTICO E A VIOLENCIA DE XÉNERO:
MARTES 14 DE NOVEMBRO
EDIFICIO MUNICIPAL DO AREAL RÚA OPORTO, 1 (ANTIGO REITORADO DE VIGO)
HORARIO DE 09.45 A 19.00
INSCRICIÓNS:
- NOS TELÉFONOS 986 22 23 28 // 670 453 431
- NO CORREO ELECTRÓNICO: redemediadorasvigo@hotmail.com - indicando o teu nome completo, DNI, teléfono, correo electrónico, data de nacemento e indicando por orde de preferencia ó obradoiro no cal queres participar.
- Na Oficina da Rede, rúa oliva nº 12. Oficina Municipal de Distrito Casco Vello.
- Na Oficina da Rede, rúa oliva nº 12. Oficina Municipal de Distrito Casco Vello.
OBRADOIRO ALFABETIZACIÓN DIXITAL II:
OBRADOIRO CORPO E CONSCIENCIA
Ao longo da nosa vida o corpo se inhibe en forma de bloqueos musculares e rixidez de movementos.
Todo corpo de calquera persoa, basicamente alterna dous estados, o de tensión e o de relaxación. O de tensión é o que nos permite ir cara ao que pode satisfacer a nosa necesidade e o de relaxación é o que se produce no momento en que a nosa necesidade queda satisfeita. O mesmo ocorre a nivel psicoemocional, e xunto coa actitude física, nos econtramso cunha dispoñibilidade enerxética.
Todo isto maniféstase en forma de tensións ou bloqueos. Zonas do corpo quedan inhibidas para a percepción (sensorial, emotiva, etc.) e, por tanto, para a súa expresión muscular, é dicir, para producir determinados xestos e accións. Tamén implica un sentirse falto de enerxía ou non.
Isto ocorre porque parte da enerxía que se utilizaría para satisfacer a necesidade emocional úsase para inhibir a acción. Como paralelismo, se conducimos un coche e apertamos simultaneamente freo e acelerador, quizais o vehículo avance un pouco, pero á conta dunha gran tensión. Pois ás persoas ocórrenos algo similar.
Así, podemos facer un bo uso, ou un mal uso da nosa corporalidade, é dicir, de nós mesmas.
O curso de Corpo e Consciencia facilita reaxustarnos a nivel físico, mental e emocional, desde a propia conciencia corporal e o pracer de sentirse nun corpo relaxado. Se faliclita o que cada alumna siga o seu propio ritmo,
e na medida que por se mesma se autodescubre
a través da vivencia corporal.
Obradoiro de Xestión emocional para nais e pais con crianzas
Formación en Violencia de Xénero "Camiños o Bo Trato"
Concentración contra a violencia de xénero
Xornadas: "Sororidade en resposta activa". Analizando a situación actual en violencia de xénero.
Concentración contra a violencia de xénero
XII Carreira Feminina
Este ano o fin social da
XII Carreira Femenina organizada polo Corte Inglés realizarase en favor da Rede
de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo, participade no noso grupo "EN
REDE", teremos que levar todas como distintivo unha diadema, cinta,
pañuelo de cor violeta colocado na cabeza. Pasádevos pola Rede para recoller o
triptico da inscrición ou no Corte Inglés, acordádevos de poñer o nome do grupo
o que pertencedes, "EN REDE", queremos ser o máis numeroso!!!
Formación en Violencia de Xénero 2017
Recital de poesía, organizado por Ana Alonso en beneficiada Rede de Mulleres
Concentración contra a violencia de xénero
Formación en Violencia de Xénero
Obradoiro Autoestima, comunicación e
resolución de conflitos
Charlas Institutos e Colexios
Actividades polo 8 de Marzo
Manifestación Unitaria
Concentración contra a violencia de xénero
Obradoiro Autoestima, Comunicación e Resolución de Conflitos
Concentración contra a violencia de xénero
25N - Día internacional contra a violencia de xénero
SAÍDA CULTURAL O 26 DE NOVEMBRO
castros de Toiriz, Fundación Xosé Neira Vilas, taller de zocos de Elena Ferro.
Saída desde o concello, á hora e no lugar acordados coa asociación beneficiaria
do programa “En ruta coa Depo”.
10:00 h. Visita ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Este mosteiro
beneditino álzase ao abrigo de Coto Costoia, á beira do río Deza, e é
un dos monumentos arquitectónicos máis importantes da provincia
de Pontevedra. Xoia do románico galego oxival, foi fundado no ano
939 polos condes don Gonzalo e dona Teresa. A finais do século X foi
destruído e volto a consagrar. O seu apoxeo remóntase aos séculos
XI e XII, xa que a data 1171 figura nunha inscrición latina no interior da
igrexa, proxectado polo abade Fernando e os seus monxes.
11:30 h. Fervenza do río Toxa. Este salto de auga de 30 metros, un dos máis
altos e famosos de Galicia, está situado na localidade pontevedresa
de Silleda. A fervenza en si é un impresionante espectáculo natural,
pero tamén destaca pola paisaxe que a rodea, un frondoso bosque de
carballos, castiñeiros e outras especies autóctonas.
14:00 h. Comida no restaurante e co menú acordados coa asociación
beneficiaria.
16:00 h. Paseo pola área dos castros de Toiriz. Nela atópase un dos 22
poboados castrexos dos que se teñen constancia no municipio de
Silleda. Ocupa un montículo denominado monte dos Castros, que
se eleva 477 metros sobre o mar. Ten forma circular e nel aprécianse
claramente as súas murallas e terrapléns defensivos, que forman dous
recintos que cobren unha superficie de dúas hectáreas. A economía
do castro era fundamentalmente agropecuaria e a súa alimentación
baseábase no cultivo de trigo, millo, cebada e avea e na gandería de
vacas, ovellas, cabras e porcos.
17:00 h. Visita á Fundación Xosé Neira Vilas. A sede da Fundación sitúase na
casa onde naceu o escritor, que foi doada á Xunta de Galicia para a
súa restauración e para a instalación dunha biblioteca pública. Nesa
antiga casa atópase na actualidade, ademais da biblioteca, un museo
etnográfico.
18:30 h. Taller de zocos de Elena Ferro, que pertence á terceira xeración de
zoqueiros da súa familia. Grazas á combinación da marroquinería coa
elaboración dos zocos, Elena e a súa familia manteñen vivo un oficio
tradicional en extinción.
Descanso para unha pequena merenda que inclúe auga e un aperitivo.
MUSICOTERAPIA
Obradoiro Corpo e Consciencia
Ao longo da nosa vida o corpo se inhibe en forma de bloqueos musculares e rixidez de movementos.
Todo corpo de calquera persoa, basicamente alterna dous estados, o de tensión e o de relaxación. O de tensión é o que nos permite ir cara ao que pode satisfacer a nosa necesidade e o de relaxación é o que se produce no momento en que a nosa necesidade queda satisfeita. O mesmo ocorre a nivel psicoemocional, e xunto coa actitude física, nos econtramso cunha dispoñibilidade enerxética.
Todo isto maniféstase en forma de tensións ou bloqueos. Zonas do corpo quedan inhibidas para a percepción (sensorial, emotiva, etc.) e, por tanto, para a súa expresión muscular, é dicir, para producir determinados xestos e accións. Tamén implica un sentirse falto de enerxía ou non.
Isto ocorre porque parte da enerxía que se utilizaría para satisfacer a necesidade emocional úsase para inhibir a acción. Como paralelismo, se conducimos un coche e apertamos simultaneamente freo e acelerador, quizais o vehículo avance un pouco, pero á conta dunha gran tensión. Pois ás persoas ocórrenos algo similar. Así, podemos facer un bo uso, ou un mal uso da nosa corporalidade, é dicir, de nós mesmas.
O curso de Corpo e Consciencia facilita reaxustarnos a nivel físico, mental e emocional, desde a propia conciencia corporal e o pracer de sentirse nun corpo relaxado. Se faliclita o que cada alumna siga o seu propio ritmo, e na medida que por se mesma se autodescubre a través da vivencia corporal.
Obradoiro Autoestima e Comunicación en Igualdade
Obradoiro Autoestima e Comunicación en Igualdade
Formación en Violencia de Xénero 2016
Concentración contra a violencia de xénero
Formación en Violencia de Xénero 2016
Obradoiro Autoestima e Comunicación
Concentración contra a violencia de xénero
Concentración contra a violencia de xénero
Obradoiro Autoestima e Comunicación para Rapazas ata 18 anos
Concentración Contra a Violencia de Xénero
Obradoiro de Autoestima e Comunicación en Igualdade
SÁBADO 19 DE NOVEMBRO 10.30-12.30
ASOCIACIÓN FONTE DO GALO (Rosalía de Castro, 41, Vigo)
LUNS 5 de Outubro de 2015
ASOCIACIÓN FONTE DO GALO (Rosalía de Castro, 41, Vigo)
LUNS 5 de Outubro de 2015
LUNS 19 de Outubro de 2015
(sesións independentes)
Horario: 17.30h a 20.30h
LUGAR: Centro Municipal de Distrito Casco Vello
Podedes anotarvos nos seguintes teléfonos:
986 222 328 // 670 453 431
Agardamos contar coa vosa participación!!!
Concentración contra a violencia
Concentración contra A Violencia de Xénero
Obradoiro: Igualdade e Novos Feminismos para
Mulleres e Homes
Obradoiro: Autoestima e Comunicación en Igualdade
Concentración contra A Violencia de Xénero
Concentración contra A Violencia de Xénero
Saída Cultural: Fervenzas do Parque Natural de Barosa
Obradoiro: Autoestima e Comunicación en Igualdade
Este ano o fin social da X Carreira Femenina organizada polo Corte Inglés realizarase en favor da Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos, participade no noso grupo "Polo dereito a vivir en paz".
Camiños o Bo Trato:
Obradoiros de formación en xénero e en violencia para diferentes colectivos profesionais (persoal sanitario, servicios sociais, policía ...)
Podedes solicitar un obradoiro para realizar na vosa organización.
Concentración contra a Violencia de Xénero
Xornadas Atalanta de Vigo
Os Actores de Vigo Reunidos presentan: "Luz de Gas"
Na Casa do Libro o 21 de maio 2015, ás 19,00 h en apoio a Rede
-Viaxe o Mosteiro de Armenteira, Ruta da pedra e da auga e Pazo de Señoráns.
-Curso de técnicas de relaxación.Combater o estrés e a ansiedade."
-Videofórum:" La vida empieza hoy."
- Videofórum: "Concepción Arenal, la visitadora de cárceles."
- Concentración contra a Violencia de xénero
- Videofórum: "La bicicleta verde"
- Obradoiro de Igualdade para Mulleres e Homes
- Obradoiro de Entrevistas de Traballo
- Concentración contra a violencia de xénero:
- Videofórum "Gloria":
- VI Encontro nacional de mulleres:
-Obradoiro:"Comunicación e resolución de conflitos"
- Risoterapia para Mulleres
Obradoiro: "Espazos en Xénero"
Obradoiro: "Comunicación e Resolución de Conflictos"
Concentración en repulsa da violencia de xénero todos os xoves últimos de cada mes. Agardámosvos!
Viaxe ás Illas Cíes organizada por Solidarios Anónimos.
Saída Cultural Pazo da Oca, visitamos : a Fervenza da Toxa, o Mosteiro de Carboeiro e o Pazo da Oca.
XVI Xornada de formación en violencia de xénero: Impartimos formación en violencia de xénero específica para as persoas que desexen participar como voluntarias/os na Rede acompañando ás mulleres vítimas de violencia aos trámites que precisen. Esta formación é anual e desenrólase no mes de Abril.
Obradoiros impartidos nos Colexios e Institutos, formación en xénero e violencia de xénero. Poden solicitarse durante todo periodo lectivo.
Obradoiros de "Informática básica": Unha participante elabora o titorial "como crear carpeta". Mulleres empoderándonos no mundo dixital.
Obradoiros de "Espazos de debate e formación Feminista": antropoloxía feminista; os novos movementos feministas: ecofeminismos, feminismos queer, feminismos poscoloniais, entre outros, foron algúns dos nosos debates....
Obradoiros de autocoñecemento, autoestima e resolución de conflitos: fortalecéndonos, creando redes de apoio entre mulleres. Aliadas da vida.
Mi nombre es PATRIZIA SILVIA SCALI y soy cuidadora. Noto que en este momento soy como el más feliz. Vengo como testimonio de un préstamo entre particulares que acabo de recibir. Recibí mi préstamo gracias al servicio del Sr. Pierre Michel. Comencé los trámites con ella el viernes pasado y martes 11:35 ya que los bancos no funcionan los sábados, luego recibí confirmación de que se envió a mi cuenta la transferencia del monto de mi solicitud de 50.000 € y habiendo consultado mi cuenta bancaria muy pronto, para mi sorpresa, la transferencia fue exitosa. Aquí está su correo electrónico: combaluzierp443@gmail.com
ResponderEliminarAquí está su correo electrónico: combaluzierp443@gmail.com