Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía persoal
Requisitos
das persoas beneficiarias
- Persoas que teñan recoñecido
un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Considéranse tamén así os pensionistas da Seguridade Social que teñan
recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de
total, absoluta ou grande invalidez, e os pensionistas de
clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou
de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade
(artigo 4.2 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que
se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con
discapacidade e da súa inclusión social).
- Residir na Comunidade
Autónoma de Galicia.
- Ter unha renda per cápita da
unidade familiar de convivencia, calculada nos termos previstos no artigo
9, que non supere o 300 % do IPREM establecido para o ano 2018.
- Cumprir os requisitos
establecidos con carácter xeral para obter a condición de persoa
beneficiaria de subvencións no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)