As seguintes organizacións: Hijas del Divino Cielo, de Burela, Religiosas Siervas de la
Pasión, de Vigo, Betania de Jesús Nazareno, na Coruña, Rebaño de María
Obra Social Sí a la Vida, de Lugo, Asociación Ayuda a la Vida, en Vigo,
ou a Red Madre en Pontevedra, Ourense e A Coruña, de marcado carácter relixioso e antiabortista, recibiron
durante o pasado ano subvencións públicas por importe de cando menos,
176.782 euros.
A organización Red Madre, foi creada polo Foro da Familia, recibiu máis cartos que outras organizacións como Cáritas ou outra de apoio a persoas con síndrome de Down.
http://praza.com/politica/4832/grupos-antiabortistas-recibiron-175000-euros-da-xunta-en-2012/
"Unha muller non aborta por deporte, é a última opción"
Djerassi, o inventor da píldora anticonceptiva, considera "terrible" a lei do aborto que propón Gallardón.
Djerassi explica que a píldora anticonceptiva masculina non existe porque “ás grandes compañías farmacéuticas non lles interesa gastar os millóns de dólares que costaría estudar os seus efectos secundarios”. Algo que o químico, defensor dos dereitos das mulleres, lamenta, posto que a carga da responsabilidade reproductiva recae sobre elas.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/20/actualidad/1371753378_785942.html
O 38% dos asasinatos de mulleres no mundo son casos de violencia machista
A OMS define a violencia física ou sexual contra a poboación feminina como "un problema de saúde pública de proporcións epidémicas"
O 38% dos asasinatos de mulleres no mundo non se debe a roubos de rúa nin a situaciones de guerra,: son perpetrados polas súas parellas ou ex- parellas, unha cifra "alarmante", según a Organización Mundial da Saúde (OMS). O primeiro estudo global sobre a violencia física ou sexual contra a poboación feminina elaborado por este organismo revela que un tercio das mulleres de todo o mundo ten sufrido ou sufrirá violencia a mans do seu compañeiro sentimental nalgún momento da súa vida.
Dados estes datos, pedimos que a violencia de xénero non sexa tratada como un suceso. É un problema global que afecta a mulleres de todo o mundo e que só se pode explicar pola desigualdade social existente entre homes e mulleres. Non podemos admitir seguir tratando a violencia de xénero como un problema dalgunhas parellas, un problema privado. Os datos veñen de confirmar o carácter de verdadeira EPIDEMIA.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/19/actualidad/1371663879_867289.html
O xoves 27 de xuño a xente da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Victoria e do Grupo de Axitación Social pechamos a campaña "Vivir dignamente é un dereito" coa que a través da recollida de follas de denuncia social esiximos unha Renda Básica a Concello de Vigo e Xunta de Galicia.
Foron algo máis de dous meses de actos de rúa, mesas informativas, encontros con ducias de persoas, reunións con políticos e técnicos de servizos sociais, festas...
Como acto de peche desta campaña, non das nosas accións, o vindeiro xoves 27 de xuño convocamosvos para a seguinte mañá de actividades:
- Acto de entrega colectivo e público das follas de denuncia social no rexistro do Concello de Vigo. Na lonxa do concello ás 11h00.
- Manifestación dende o concello ata a Xunta, o percorrido será: Paseo Granada-Segunda República-Policarpo Sanz-Colón-Concepción Areal . A saídaserá ás 11h30 dende o concello.
- Acto de entrega colectivo e público das follas de denuncia social no rexistro da Xunta de Galicia. No edificio da Xunta (r/Concepción Areal 8) ás 12h15.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)