O 16 de xuño cúmprese un ano de que sumándonos á loita das
nosas irmás feministas do resto de territorios do Estado e do mundo fixemos un
chamado á mobilización cidadá para esixir respecto aos dereitos sexuais e
reprodutivos das mulleres así como para afirmar que non permitiremos que a lei
actual de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo
se reforme de modo restritivo e a nosa defensa do aborto libre e do dereito a
decidir.
O 15 de Xuño nas rúas Vigo amosaremos unha vez máis a nosa
unidade, a enerxía e a forza de todas as mulleres, e a solidaridade da
sociedade galega na defensa dos nosos dereitos.
Berraremoslles ao Partido Popular e ao Señor Feijoo máis
unha vez que non imos a parar, que continuamos UNIDAS E EN PÉ NA DEFENSA DOS NOSOS
DEREITOS!!!
Manifestación
- 11:30 Concentrámonos na Estación de Tren mentres agardamos polas mulleres que veñen de fóra de Vigo.
- 12:00 Manifestación que terá o seguinte percorrido: Areal > Concepción Areal > Montero Ríos > Cánovas del Castillo > Carral > Bamboa > Gamboa > Oliva > Palma> Triunfo > Praza da Constitución > Praza do Sereo.
- 13:00 Lectura do manifesto na Praza do Sereo.
- 13:30 Asemblea aberta.
Festa
- 14:30 Xantar colectivo na Praza do Pobo Galego onde haberá taburetes para xantar, e un espazo para o descanso.
- 15:30: No esceario da Praza do Sereo comezarán as actuacións e contaremos con música até as 18:00 horas. En breve poremos o programa con todas as actuacións mais para que vaiades abrindo boca…
- Isabel Risco como mestra de cerimonias
- Habelas Hainas
- Sacha na Horta
Romaría Lilá
- 13:00 Abriranse as mesas con materiais feministas, de venda de artesanía, libros, comida e bebida. As mesas estarán colocadas desde a Rúa do Príncipe até a Praza do Pobo, ao carón da rúa Doutor Cadaval (detrás da Praza do Sereo).