O móbil, clave para xulgar violacións?



O Reino Unido obrigará ás víctimas de violencia sexual a que entreguen os seus móbiles á policía para que o analice.

A policía e a fiscalía británica defenden esta medida alegando que subsana un vacío legal polo cal testemuñas e denunciantes non estaban obrigadas a entregar os seus teléfonos móbiles, ordenadores portátiles ou tablets.


Na Rede de Mulleres parécenos unha medida desproporcionada se temos en conta que moitos casos de violación prodúcense por descoñocidos ou que mesmo coñecen ese día, entón, que motivo xustifica a incautación do móbil da vítima? Isto pode supoñer un cuestionamento da vítima e a súa revitimización. Condicionar o dereito a poñer unha denuncia a que entreguen o seu móbil vulnera o dereito á intimidade da muller, é xulgar a vida da vítima e non recabar probas. Nos casos en que o agresor fose unha persoa coñecida e o móbil da vítima puidera aportar información sobre o caso esa a obriga tamén carecería de sentido xa que a vítima sería a primeira en aportar a información, por exemplo nos casos de xuízos rápidos e moi común usar as conversas de móbil para probar ameazas ou vexacións, facéndose un volcado do contido na fase de instrucción.



O uso ou aportación de calqueira medio de proba ten que estar destinado a desmontar a presunción de inocencia de quen agrede e poder así condealo, non pode servir para limitar os dereitos da vítima. Terá que centrarse exclusivamente nos datos que estén estreitamente relacionados cos feitos no caso de que o contido do móbil puidese aportar algunha información relevante do acontecido, doutra maneira se estaría a prexulgar a vida ínitima da denunciante, vulnerando os seus dereitos a intimidade e ao honor e non protexendo o segredo das comunicacións, garantido constictucionalmente.



https://www.farodevigo.es/sociedad/2019/05/03/movil-clave-juzgar-violaciones/2098089.html