OBRADOIROS DE FORMACIÓN PERMANENTE


OBRADOIROS DE FORMACIÓN PERMANENTE

PARA MEDIADORAS/ES

                      DÍA: Mércores 20 de xuño de 2012
                      HORA: 18:00 A 21:00
                      LUGAR: Centro Cívico do Casco Vello, r/ Oliva 12.
                      IMPARTIDO POR: Carmen Clavería Prada, psicóloga clínica, experta en violencia de xénero.

INSCRICIÓN:  
No 986 222 328, 670 453 431 ou no local da Rede; rúa oliva nº 12, 2º andar.

OBXECTIVOS:
Conquerir  que as mediadoras/es posúan os coñecementos necesarios para seguir desenvolvendo habilidades que lles permitan un desempeño máis operativo das  súas actividades e  mellorar o proceso de  contención  e  de comunicación psico-social coas mulleres maltratadas e co contorno.

TEMÁTICAS:
-   O compromiso das mediadoras/es na Asociación.
-   O protocolo de funcionamento.
-   A confidencialidade na intervención.
-   A Identidade persoal, de xénero e como Mediadoras.
-   A saúde emocional e social.
-   Mobilización de recursos internos e externos.
-   Aprendizaxe e concienciación das crenzas persoais.
-   Promoción de condutas saudables nas relacións grupais .

Р  No obradoiro implementaranse técnicas altamente mobilizantes que permitan unha aprendizaxe máis eficaz e que promovan actitudes de reflexión e de concienciación. Se se detectan procesos emerxentes,  poderán ser considerados como  temáticas a desenvolver noutro obradoiro, dentro do proceso de formación permanente.

AGARDÁMOSVOS.

OBRADOIRO CONSUMO RESPONSABLE E CONSTRUCCIÓN DE ALTERNATIVAS AO MODELO DE CONSUMO ACTUAL

http://www.amarantesetem.org/

A organización Amarante Setem convídavos a participar na seguinte actividade que se integra no programa de educación e sensibilización para o ecodesenvolvemento “Voces do Sur”, financiado pola Xunta de Galicia:


OBRADOIRO: CONSUMO RESPONSABLE E CONSTRUCCIÓN DE ALTERNATIVAS AO MODELO DE CONSUMO ACTUAL

Lugar: Centro Cívico Teis. Rúa Camiño Maceiras s/n. Vigo
Data: Luns 18 de xuño.
Horario: 16:30h-20:00h


Máis información e inscricións:

      O obradoiro é de balde pero é necesaria inscrición previa. Para máis información e inscricións podedes poñervos en contacto coa organización no teléfono 687980300 de luns a sábado a partires das 11:00h ou no correo electrónico vigo@amarantesetem.org indicando nome, teléfono de contacto e correo electrónico (recibiredes un correo de confirmación da inscrición).

Adxuntamos programa do obradoiro.

Animádevos a participar!

Un saúdo 

Marga Recondo
Consello Comarcal de Vigo
Amarante Setem

Información sobre cursos INEM (ADF) 2012

http://traballo.xunta.es/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/afd/afd2012-Pontevedra.pdf

Sanidade cancela o aborto libre e gratuíto para as estranxeiras "sen papeis"

http://nosotrasdecidimos.org/sanidad-cancela-el-aborto-libre-y-gratuito-para-extranjeras-sin-papeles/