PRESTACIÓNS PERIÓDICAS DE APOIO A MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO
Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero
Normativa:
Orde do 2 de abril de 2013 pola
que se regulan as bases para a concesión das axudas periódicas de apoio
a mulleres que sofren violencia de xénero e se procede á súa
convocatoria para o ano 2013. (DOG nº 66 do 5/4/2013)
Obxecto:
Proporcionarlles
apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero, mediante
prestacións económicas individuais e de carácter periódico, que lles
garantan unhas condicións suficientes de independencia económica
respecto do agresor e lles posibiliten dar o primeiro paso ou consolidar
a ruptura dunha situación en que corren perigo.
Beneficiarias:
Mulleres
que, acreditando unha situación de convivencia que as poña en risco de
sufrir violencia de xénero, se atopen nunha situación que lles impida
afrontar o seu futuro dun xeito autónomo e independente do seu agresor e
que dispoñan dalgún dos documentos acreditativos desta situación de
violencia adoptado ou emitido no período dos doce meses anteriores á
data da solicitude sempre que nese momento se producise o cesamento da
convivencia.
Requisitos:
- Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia.
- Ter cesado a convivencia co agresor dentro dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude.
- Estar empadroada e residir en Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
- Percibir uns ingresos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente.
- Non ter percibido esta axuda ou a axuda establecida no artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero con anterioridade.
Natureza e contía das prestacións:
A contía da axuda establécese en función das rendas e ingresos da solicitante en relación co IPREM para o ano 2013, de acordo coas seguintes especificacións:
Ingresos ≤ ao IPREM | Ingresos > ao IPREM e ≤ a 1,5 veces o IPREM | |
a) Con carácter xeral | 600 euros/mes | 300 euros/mes |
b) Con unha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade ≥ 33%: | 650 euros/mes. | 350 euros/mes. |
c) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33% | 700 euros/mes | 400 euros/mes. |
d) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo | 700 euros/mes. | 400 euros/mes. |
e) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33% | 800 euros/mes. | 500 euros/mes. |
f) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia | 800 euros/mes. | 500 euros/mes. |
As
beneficiarias quedarán incorporadas aos programas de formación, busca
activa e mellora do emprego que determine a Secretaría Xeral da
Igualdade en colaboración con outras administracións ou entidades.
Incompatibilidades:
Coa
percepción de calquera outra establecida tanto polas administracións
públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, como por
calquera entidade privada destinadas ao mesmo fin.
Cando as solicitantes teñan solicitada ou perciban a RAI por vítima de violencia, farán constar expresamente esta circunstancia na declaración de axudas xunto coa solicitude, e nos casos que a soliciten con posterioridade deberán comunicalo de xeito inmediato. O órgano xestor daralles opción para que no prazo de 5 días manifeste a súa opción, indicándolles que as mensualidades coincidentes no período de percepción de ambas as dúas axudas minoran no mesmo número de meses a axuda regulada nesta disposición.
Cando as solicitantes teñan solicitada ou perciban a RAI por vítima de violencia, farán constar expresamente esta circunstancia na declaración de axudas xunto coa solicitude, e nos casos que a soliciten con posterioridade deberán comunicalo de xeito inmediato. O órgano xestor daralles opción para que no prazo de 5 días manifeste a súa opción, indicándolles que as mensualidades coincidentes no período de percepción de ambas as dúas axudas minoran no mesmo número de meses a axuda regulada nesta disposición.
Así
mesmo, deberase ter en conta que as normas reguladoras das axudas como a
RISGA, PNCs e aqueloutros subsidios percibidos por carencia de recursos
teñen límites distintos aos establecidos para esta axuda polo que a
concesión da mesma deberase comunicar aos organismos responsables da
xestión das axudas que estiveran a percibir.
Documentación:
- Solicitude e anexos
- Declaración responsable de ingresos (anexo II). Consideraranse rendas e ingresos computables os bens, dereitos e rendementos derivados do traballo, do capital mobiliario e inmobiliario, incluíndo os incrementos do patrimonio, das actividades económicas e os de natureza prestacional, agás as asignacións económicas da Seguridade Social por filla/o ou menor acollida/o a cargo. Non se computan as rendas individuais do agresor nin a vivenda habitual da vítima.
- Certificación da conta bancaria da que a solicitante é titular única ou compartida con persoa distinta do agresor.
- Acreditación da situación de violencia derivada de convivencia con algún dos documentos seguintes:
- Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada polo/a secretario/a xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
- Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.
- Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública, autonómica ou local no cal se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.
- Informe dos servizos de acollida no cal se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.
- Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos ditos indicios.
- Acreditación da discapacidade co certificado correspondente, de ser o caso.
- Acreditación de fillas/os a cargo a través do libro de familia e o informe de servizos sociais ou sentenza xudicial de custodia, de ser o caso.
- No caso de solicitantes estranxeiras, copia cotexada da tarxeta de residencia.
- Declaración de axudas públicas solicitadas ou concedidas (anexo III)
Lugar de presentación:
- Secretaría Xeral da Igualdade
- No enderezo electrónico https://sede.
xunta.es - En calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas.
Prazo de presentación:
Ata o 31 de outubro de 2013.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)