Queremos animar ás nosas compañeiras de Euskadi, pola súa iniciativa, recoñecendo tamén a todas as persoas que fixeron e fan posible que a rede de mulleres de vigo leve realizando esa función dende fai máis de 15 anos. Dende aquí queremos agradecer a todas as mulleres e homes que quixeron e queren formar parte da asociación.
http://igualdad.facilisimo.com/foros/violencia-de-genero/mediadoras-para-mujeres-maltratadas_744889.html
XORNADAS: IDENTIDADES E TRÁNSITOS
XORNADAS: IDENTIDADES E TRÁNSITOS [Fracturas e subversións do sistema sexo-xénero]
«A
identidade é un punto de chegada, non un punto de partida. É algo ao
que chegamos e algo que construímos. A identidade é unha ficción».-
Silvia Tubert.
Mércores 13 de xuño (Casa das Mulleres rúa Romil núm. 20 Vigo)
18.00 h: «Venus fo Mars» (2003) de Emily Goldberg.
19.45 h: «Vindicacións e potencia da revolta trans» por Laura Bugalho.
Laura Bugalho é sindicalista e activista transfeminista, fundadora e integrante do grupo activista Transgaliza.
Xoves 14 de xuño (Casa das Mulleres rúa Romil núm. 20 Vigo).
18.00 h: Obradoiro «Feminismos, lesbianismos e identidades» a cargo de Mai Cambeiro e María Martos.
Luns 18 de xuño (Casa das Mulleres rúa Romil núm. 20 Vigo)
18.00 h:«Mi aventura intersexual (Orchids. My intersex adventure)» (2010) de Phoebe Hart.
19.15 h:«Fisuras do heteropatriarcado» por Emma Casal e Mar F. Cendón.
Organiza: Mar F. Cendón co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)