Quen somos?

A REDE DE MULLERES

A Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos, ten como obxectivo atender ás demandas que día a día nos expoñen as mulleres que se achegan á Asociación, polo que dende o ano 1998 traballamos no acompañamento ás mulleres en procesos de violencia abarcando todas as necesidades detectadas, así como na formación en xénero e a denuncia social.

O traballo que imos desenvolvendo, sempre realizado dende unha perspectiva de xénero, enmárcase en catro areas:
    - Concienciación, prevención e denuncia social, difundindo os valores de igualdade entre as persoas, con especial incidencia nos centros de ensino e nas familias, fomentando a coeducación, cunha participación activa nos movementos sociais.
    - Formación en materia de xénero e violencia de xénero, promovendo foros e cursos de formación.
    - Asistencia e acompañamento integral a mulleres en procesos de violencia.
    - Reincorporación psico-social, promovendo o benestar e a mellora da calidade de vida das mulleres, a través de proxectos que abarcan a área psicolóxica, física e social.

Rúa Oliva, 12-2º
Horario de oficina: 10:00-13:30 e 17:30-21:00
Teléfonos: 986 22 23 28 / 670 453 431 / 606 92 91 37
Correos: redemediadorasvigo@gmail.com e redemediadorasvigo@hotmail.com




PROGRAMAS


PROGRAMAS DA REDE DE MULLERES
*A Rede está considerada Entidade de utilidade pública e participa no Consello Municipal das Mulleres do Concello de Vigo e no Consello Galego das Mulleres.