MANIFESTACIÓN O 8 DE MARZO DESDE A PRAZA DE PORTUGAL ÁS 20,00 H.
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
Día Internacional das Mulleres
8 de Marzo de 2013
MANIFESTACIÓN
EN VIGO, VENRES 8 DE MARZO ÁS 8:00 DA TARDE DESDE A PRAZA DE PORTUGAL ATA A
PORTA DO SOL
A DÉBEDA DOS GOBERNOS É COAS MULLERES NON COA BANCA,
MARCHAMOS POR UNHA VIDA DIGNA E SOSTIBLE
Ata que todas sexamos libres!!
FEMINISTAS GALEGAS EN LOITA POLOS NOSOS
DEREITOS!!
Na
Marcha Mundial das Mulleres formulamos, neste 8 de marzo de 2013, a necesidade
da corresponsabilidade no coidado das persoas e nas tarefeas domésticas,
esiximos un novo modelo social sen división do traballo en función do sexo,
propoñemos un novo modelo de sociedade no que as persoas sexan o cerne das
políticas públicas e COMPROMETÓMONOS
a seguir loitando por derrubar os muros que protexen aos banqueirso e aos
corruptos, aos especuladores e aos que botan a outras persoas do seu fogar, aos
que fan uso da violencia e criminalizan aos movementos sociais...non imos ficar
mudas ni quietas. Queremos controlar as nosas vidas e construir unha sociedade
máis xusta que termine co sistema capitalista e patriarcal.
Frenemos
o avance do machismo e a desigualdade coa unidade, a loita e a solidaridade.
A
DÉBEDA DOS GOBERNOS É COAS MULLERES NON COA BANCA, POR UNHA VIDA DIGNA E
SOSTIBLE!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)