Reflexión a partir dunha carta ao director do Faro de Vigo sobre o "feminismo radical"


 Vemos bastante desafortunada esta carta ao director publicada polo Faro de Vigo o 6 de maio. Nesta carta se fai unha caricatura do feminismo radical e en cambio se ensalzan algunhas características "femininas", como a dozura ou o pudor. Cara onde estamos indo? cantos anos para atrás? O noso máximo respecto ao feminismo radical que loitou para que as mulleres se organizaran dun xeito autónomo e cuxo lema "o persoal é político" de Kate Millett, reivindicamos hoxe en día.

Un catedrático da Universidade católica de Murcia asegura que ter a esposa en casa prevén o infarto

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/06/paisvasco/1367840035.html

O catedrático deixa perlas como estas: "O que máis protexe ao home de riscos cardiovasculares é estar casado cunha muller que teña diñeiro, certo nivel de estudos e que non traballe fora de casa"

O seguinte artigo de Marisa Sotelo titulado "O aborto segundo Beatriz Escudero", da algunhas respostas ao catedrático e de paso á deputada do PP. Dun xeito irónico, Marisa Sotelo propón o seguinte:

"O que máis nos protexería do aborto sería que as mulleres tivéramos prohibido ter parella estable, (sintoo polo dos riscos cardiovasculares), vivíramos exclusivamente en zonas rurais ou en grandes capitais, nos dedicáramos a estudar durante toda a nosa vida, e se nos aplicara preventivamente e "non demasiado" a lei antiterrorista, por recoller a efímera proposta do Ministro de Interior"


http://www.elmundo.es/blogs/elmundo/ellas/2013/05/09/el-aborto-segun-beatriz-escudero.html

Condenado a 22 anos e medio de prisión o acusado de asasinar a súa exmuller en Torredelcampo

http://noticias.lainformacion.com/policia-y-justicia/acusado/condenado-a-22-anos-y-medio-de-prision-el-acusado-de-asesinar-a-su-exmujer-en-torredelcampo_sQ8uKcSZYgbFTXTT2YPK33/

A morte do matrimonio de Vitoria podería deberse á violencia machista

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/09/paisvasco/1368050600.html