Un xuez permite a un maltratador sen casa convivir ca súa muller

http://www.farodevigo.es/espana/2014/03/19/juez-permite-maltratador-casa-convivir/988995.html

As princesas saudíes denuncian ser prisioneiras do seu pai,o rei Abdalá

http://elpais.com/elpais/2014/03/17/gente/1395080730_241292.html


A vicesecretaria xeral considera de emerxencia nacional as mortes das mulleres por violencia de xénero

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/03/18/actualidad/1395175683_610808.html

Derogada a adxudicación directa de vivendas do IGVS para vítimas de violencia

Acaba de sair publicado o procedemento especial de adxudicación directa de vivendas do IGSV pero só para os casos de desafiuzamento de vivenda habitual por falta de pagamento da renda, establécese un procedemento de adxudicación de vivendas en construción ou que se vaian iniciar, sexan para satisfacer necesidades específicas de persoas individuais ou de colectivos determinados por parte do Instituto Galego da Vivenda e o Solo (IGVS), como pode ser o das “persoas ou colectivos determinados para satisfacer necesidades urxentes de vivenda”. 

Pois ben, poñéndonos en contacto co IGVS afirman que quedou derogada a adxudicación directa para vítimas de violencia de xénero, que soamente se terá en conta os desafiuzamentos.

Dende a Rede sempre denunciamos a situación de precariedade por non poder acceder a unha vivenda por parte das mulleres vítimas de violencia, que teñen no Estado e nas Institucións a única solución para poder alugala, xa que a maioría das nosas usuarias non teñen emprego (nómina) nin aval, polo que non poden comezar o seu proceso de recuperción psico-social. 

Observamos que dende o 2011 o programa aluga non funciona e agora tamén perden o dereito a adxudicación directa....