Normativa:
Bases para participar no programa diúrno de carácter lúdico de balnearios "Coidarte 2013".(BOP nº 107 do 5/06/2013)
Obxecto:
Proporcionar ás persoas nacidas antes de 1963, pensionistas, ou con necesidades de respiro familiar, unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida e o envellecemento activo, así como fomentar as relacións sociais, ofrecéndolles a oportunidade de ocupar o seu tempo de lecer, a uns prezos reducidos, e nunha franxa horaria compatible con outras obrigas.
Características do programa:
O Programa consiste en pasar cinco tardes seguidas (de luns a venres) nos Balnearios, Talasos e Spas da provincia de Pontevedra. Este levarase a cabo nunha soa campaña e as saídas realizaranse ao longo de todo o ano, agás no mes de agosto.
Cada semana de ámbolas dúas campañas sairá un autobús con cartel identificativo que recollerá ás persoas beneficiarias e os trasladará aos balnearios elixidos, onde permanecerán por unha media de dúas horas.
O/A guía repartirá repartirá o primeiro día un bono de viaxe coa data e hora de recollida, e indicará a cota a pagar por cada participante.
Persoas beneficiarias requisitos:
- Persoas nacidas antes de 1963.
- Pensionistas.
- Persoas que precisen un respiro familiar, valorado mediante un informe da/do Traballador/a Social do Concello.
E requisito indispensable non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía para participar nel.
Financiamento:
A Deputación achegará por cada praza 35 €, o Concello 10 € e o/a usuario/a achegará unha cantidade que dependerá dos prezos ofertados pola empresa adxudicataria da organización do programa, sendo o prezo máximo de 140 €/persoa (ive incluido)). No caso de que o Concello non se adhira ao programa, a persoa participante terá que custear a parte proporcional da subvención do mesmo.
Documentación:
Para a adhesión ao programa dos concellos:
- Solicitude asinada polo/s solicitantes, acompañado do DNI.
- Certificado de do acordo de adhesión ao Programa, para unha ou as dúas campañas, facendo constar o nº de prazas que o concello está disposto a subvencionar en cada campaña.
- Listaxes nominais dos/das persoas participantes, por orde de puntuación de maior a menor.
Para as persoas interesadas cuxos concellos non se adhiran ao programa:
- Solicitude
- Fotocopia de DNI.
Selección de solicitudes dos concello adheridos
Se fora preciso priorizaranse as solicitudes segundo a orde de entrada no rexistro. Dentro da orde de rexistro terán prioridade as persoas que acrediten ser preceptoras de prestacións sociais.
Lugar de presentación:
Prazo de presentación:
Tanto para os concellos adheridos como para as persoas que solicitan de forma independente será de 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación no BOP. Ata o 25 de xuño de 2013.