PREPARANDO O V ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES 2013...




A Rede xa está ultimando as actividades do Encontro de mulleres que realizamos todos os anos en Panxón. En breve publicitaremos o programa completo.

Por agora podemos adiantar que se realizará na Residencia de Tempo Libre de Panxón, os días 18 e 19 de outubro e que queremos contar con todas vós para seguir fortalecéndonos abrindo novos camiños de colaboración, tan necesarios neste momento.

Seguiremos informando do prazo de inscrición...

unha aperta.
           

A Policía cre que unha moza achada morta en León foi estrangulada


http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/06/policia-cree-joven-hallada-muerta/872859.html

Igualdade di que contrata máis publicidade en medios con menos lectores por aforro


Fontes do Ministerio declararon a Servimedia que o principal motivo do reparto "son as tarifas publicitarias", e que se se invertiu máis nun medio con menos lectores (como La Razón ou La Gaceta) é porque as súas insercións resultaban moito máis económicas.

A Igualdade e a campaña de sensibilización da violencia "Hai Saída", cremos que debe ser exposta en medios con máis lectores/as. Non entendemos que se aforre en informar á sociedade dos medios para acabar coa violencia de xénero. Por outra banda, os medios "elexidos"- La Razón ou La Gaceta- parecen ter sido seleccionados tamén por criterios ideolóxicos. 

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/09/05/espana/1378405987.html