XXI Formación en Violencia de Xénero 2019


Comunicado da Asociación Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo sobre a confirmación da Audiencia de Granada da condena de prisión de cinco anos a Juana Rivas


COMUNICADO DA ASOCIACIÓN REDE DE MULLERES CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO SOBRE A CONFIRMACIÓN DA AUDIENCIA DE GRANADA DA CONDENA DE PRISIÓN DE CINCO ANOS A JUANA RIVAS

Desde a Asociación Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo queremos manifestar a nosa adhesión ao Comunicado realizado por AGAMME e Fight4Child a raíz da sentenza da Audiencia Provincial de Granada que confirma a condena de prisión a cinco anos e a perda da patria potestade durante seis anos a Juana Rivas por dous delitos de subtracción de menores. Dita sentenza confirma a xa imposta polo Xulgado do Penal nº 1 do mesmo partido xudicial reducindo só a indemnización por dano moral ao outro proxenitor de 30.000€ a 12.000€.
O caso de Juana Rivas comezou no 2016 cando regresou a España cos seus fillos escapando da violencia que estaban a sufrir en Italia onde vivía coa súa parella, que xa fora condenado por malos tratos no ano 2009 a tres meses de prisión e a unha orde de afastamento de un ano. Unha vez en España, puxo unha nova denuncia por malos tratos que o Xulgado de Violencia contra a Muller non chegou a coñecer porque consideraba competentes aos xulgados italianos por producirse alí os feitos. Ademais tampouco remitiu inmediatamente tal denuncia como esixen os convenios internacionais e a nosa lexislación, senón que foi remitida un ano máis tarde e o seu procedemento aínda non foi resolto.
Tanto o Estatuto da Vítima do Delito como a Lei Orgánica do Poder Xudicial outorgan competencia aos tribunais españois para impor medidas de protección ás crianzas aínda que os feitos non se produzan en España, prevalecendo e garantindo así o interese superior do/da menor, neste caso tales medidas non foron previstas nin sequera de maneira cautelar ante indicios de novos feitos violentos deixando desprotexidos a estes nenos.
Invocando o Convenio da Haia sobre Subtracción de Menores o pai comezou un proceso para a restitución dos fillos a Italia, e en 2017 decretouse a entrega dos nenos sendo confirmada esa decisión en vía de apelación; nese tempo a nai dos menores solicitou en numerosas ocasións que se adoptaran medidas para garantir a súa seguridade sen resultado. O artigo 13 b) do mencionado convenio establece como excepción á obrigación da restitución dos menores nos casos nos que “existe un grave risco de que a restitución do menor o expóña a un perigo grave físico ou psíquico ou que de calquera outra maneira poña ao menor nunha situación intolerable”, pero tal risco non foi apreciado polos tribunais. Este mesmo artigo establece que “A autoridade xudicial ou administrativa poderá así mesmo negarse a ordenar a restitución do menor se comproba que o propio menor oponse á restitución, cando o menor alcanzase unha idade e un grao de madurez en que resulte apropiado ter en conta as súas opinión”; debe terse en consideración que o fillo de 11 anos, supostamente negábase a regresar a Italia e tamén relatou episodios de malos tratos. Ditas consideracións non se apreciaron e finalmente os nenos regresaron a Italia co seu pai onde os seus tribunais debían tomar unha decisión sobre a custodia dos menores.
Mentres, en España, o Xulgado do Penal nº1 de Granada considerou a Juana culpable de dous delitos de subtracción de menores negándose a revelar o seu paradoiro, polo que se lle condenou a cinco anos de cárcere, seis anos de inhabilitación para o exercicio da patria potestade e a pagar unha indemnización de 30.000€ ao pai dos nenos por dano moral. Esta
semana a Audiencia Provincial do mesmo partido xudicial estimou o recurso de apelación presentado por Juana pero só para rebaixar a indemnización a 12.000€, mantendo o resto da condena. Juana foi condenada por non acatar unha resolución xudicial que impoña a restitución dos menores e comunicando o seu paradoiro, pero seica esa condena non supón tamén un castigo para os seus fillos que perden o contacto coa súa nai ? Unha nai que quizais non tomara as decisións máis axeitadas ou que quizais lle deu prioridade ao benestar dos seus fillos fronte as consecuencias que lle puideran acarrexar a ela, unha nai que tivo que desobedecer ao sistema que non a escoitou. En consecuencia desta última sentencia saen tres persoas condenadas que verán rotas e imposibles de reconstruír seus lazos materno-filiais. Non debemos esquecer que ditas relacións foron valoradas coma positivas nos informes de especialistas e os psicosociais presentados.
Outra das graves carencias que presenta este caso é a vulneración dos dereitos dos menores a ser escoitados e a que o seu relato sexa tido en conta no proceso penal e no civil que se segue en Italia. O fillo maior dixo que non quería regresar a Italia e tamén relatou episodios de violencia no fogar familiar pero non se lle tivo en conta, chegando a xustiza italiana a dicir que estaba influenciado pola nai, influencia que resulta imposible se temos en conta que cando foi escoitado levaba máis dun ano sen vivir con ela. Con todo, o máis perigoso e poderiamos dicir neglixente, é que a xustiza italiana non lle dé crédito ao relato do neno e acepte a teoría do síndrome da alienación parental (SAP), teoría negada polas institucións internacionais e que no caso do nosa país o Consello Xeral do Poder Xudicial desaconsella totalmente. Desde as asociacións levamos anos reivindicando os perigos de que esta aínda se sega empregando o SAP por os/as profesionais, supoñendo unha mostra de violencia institucional contra as crianzas e súas nais.
No proceso penal pola subtracción dos menores non se tiveron en conta como atenuante nin eximente a condena por malos tratos do ano 2009 nin a denuncia do 2016 ou a interposta en Italia en outubro de 2017 por maltrato ao fillo maior e que aínda non foron tramitadas, máis ben se chegou aceptar que non era máis cunha estrataxema para afastarse do proceso, esquecéndose do valor fundamental que debe rexer de forma prevalente: a interese superior dos menores. Ademáis tamén foi moi cuestionado que Juana tardara tanto tempo en poñer a denuncia, demostrando falta de empatía e perspectiva de xénero respeto do duro proceso que supón denunciar a violencia sufrida, reflexando deste modo o continuo cuestionamento que aturan as vítimas. Isto e os aspectos anteriormente descritos deixan visible unha falta de aplicación da perspectiva de xénero a hora de xulgar, na nosa recente xurisprudencia (sentencia do Tribunal Supremo de 13 de xuño de 2018) xa se puxo de manifesto a necesidade de cumprir con este mandato, de feito a CEDAW condenou a España pola falta de cumprir co mandato de empregar a perspectiva de xénero na aplicación da xustiza e ter en conta as circunstancias das vítimas así como a necesidade de adoptar medidas axeitadas e efectivas nos casos en que haxa antecedentes de violencia. Neste caso tamén se falou moito da repercusión social que houbo, creemos que en certo modo a liña que seguiron os acontecementos supón un aviso intimidatorio a tódalas persoas que saíron a rúa en protesta, fartas das desigualdades que soportamos hoxe en día.
Na Rede de Mulleres, respectando as decisións xudiciais, reivindicamos que a falta de perspectiva de xénero na aplicación de xustiza trae como terrible consecuencia a vulneración
dos dereitos humanos das vítimas de violencia e das súas crianzas, vítimas invisibles do machismo que perdura na nosa sociedade. Cremos que a pena imposta é desproporcionada e afastada da realidade actual, esquecéndose das particularidades que neste caso, como en tantos outros, existen. Por iso seguiremos manifestando a necesidade de formación en igualdade de maneira transversal en tódolos eidos da sociedade para garantir a concienciación e protección das vítimas.
Polo exposto, sumámonos ao comunicado de AGAMME e Fight4Child así como a solicitude de indulto para Juana, dadas as terribles consecuencias ás que pode chegar esta situación

Comunicado de AGAMME y Fight4Child a raíz de la sentencia de la Audiencia provincial de Granada que confirma la pena de prisión para Juana Rivas


Con motivo de la noticia hecha pública en el día de ayer, AGAMME y Fight4Child muestran su rechazo a una sentencia que es el colofón de toda una serie de decisiones judiciales contrarias a los últimos avances legislativos en materia de víctimas de violencia de género.
Las asociaciones de lucha contra la violencia de género y contra el maltrato infantil denunciamos desde hace años un funcionamiento inadecuado de la justicia en el enjuiciamiento de los delitos que se encuadran en estos dos contextos de violencia. En buena parte por falta de medios suficientes y adecuados y la escasa formación de los profesionales que se encargan de escuchar a las víctimas y valorar su testimonio. Sin embargo existe otra barrera si cabe más difícil de superar. Nos referimos a ciertos prejuicios instaurados en nuestra jurisprudencia que establece la suspicacia hacia la víctima como punto de partida. Un ejemplo de este modus operandi es la Circular 3/2009 de la Fiscalía General del Estado que invita a los y las Fiscales a desconfiar de las acusaciones de maltrato infantil en contextos de divorcio, haciendo referencia a posibles intereses espurios que pudiesen tener los familiares del niño o niña. Se trata, una vez más, del supuesto síndrome de alienación parental, ese artilugio psico-legal tan beneficioso para quien quiera inutilizar el testimonio de las víctimas menores de edad. Recordamos de nuevo que esta teoría no sólo no ha recibido el apoyo de la comunidad científica, sino que ha sidoá profusamente refutada por las inexcusables carencias metodológicas que presenta. No es ciencia y sin embargo desde hace unos veinte años no ha dejado de ser utilizado por parte de un determinado sector de la judicatura. El ssap es lo que subyace en el caso Juana Rivas. No únicamente en el procedimiento civil que se llevó a cabo en Italia, donde el psicosocial expone abiertamente el concepto, sino ya en el primer momento, cuando Juana llega a Granada solicitando una medida que proteja a sus hijos, para no tener que regresar a Italia y la justicia española le dice que no, que los niños deben volver a su lugar de referencia, desoyendo a la madre y al mayor de los hermanos, que relataban malos tratos físicos y psicológicos. España se “olvidó” de una posibilidad: establecer medidas cautelares mientras no se resolviese el procedimiento penal por los presuntos malos tratos, o incluso establecer medidas definitivas en base a la violencia ocurrida en 2009, ya probada. Ésa era la buena, la única. En esa dejación, en esa omisión, está el germen de todo lo que sucedió posteriormente.
Juana Rivas desapareció con sus hijos durante varias semanas. Esperaba que sucediese algo con la denuncia que había presentado por malos tratos. O con aquella otra sentencia, que condenaba a Arcuri por violencia de género en 2009. Pero ese algo no llegó. Finalmente España respondió que no podía juzgarlos porque era competente Italia y no había certeza de que no se estuviesen investigando allá. Una denuncia que sigue en espera, casi dos años más tarde, en algún cajón de un juzgado italiano.
Dice la sentencia conocida en el día de ayer que Juana “se quedaba sin argumentos” y que “desviaba la atención de los hechos” hacia la condena de malos tratos del año 2009. Es ciertamente grave que una sentencia contenga estas expresiones. ¿Se han olvidado sus señorías de que, efectivamente, Juana Rivas es una víctima de violencia de género? ¿Han olvidado que a día de hoy los hijos e hijas de víctimas hubiesen sido considerados, por ley,
víctimas también, necesitadas de la misma protección? Es deplorable que persistan ciertos clichés y que la judicatura, al menos un sector de la misma, sea tan reacia a aceptar ciertos cambios legislativos.
Por último, llamamos la atención sobre la magnitud de las medidas que se han tomado, en un ejercicio ejemplarizante, a modo de advertencia. Este ensañamiento es especialmente grave por su condición de víctima, que los tribunales no parecen querer tener en cuenta. Y por otra parte porque condena a los niños al silencio, dado que la última vez que el hijo mayor habló sobre malos tratos recibidos a manos del progenitor en el último año y medio, la justicia italiana no lo tuvo en cuenta por considerar que está bajo los efectos de la influencia materna. Esto no puede sino recordarnos los poderes que, según S. Federici, se atribuían a las mujeres acusadas de brujería en el pasado: poderes mágicos sobre la voluntad ajena. La pregunta es, de qué otra forma podría Juana Rivas alienar a sus hijos si desde 2017 no residen con ella?
Nos preocupa la situación de vulneración de derechos de Juana Rivas como mujer víctima de violencia de género que han propiciado toda las actuaciones judiciales tanto española como italiana. Nos preocupa enormemente que se estén llevando las represalias contra las mujeres denunciantes a este grado de extrema dureza. Pero lo que nos parece más sangrante es que , por la inacción del estado español dos niños de 4 y 12 años, que podrían haber recibido el amparo de una medida de protección, están ahora en una situación de enorme vulnerabilidad y con innumerables dificultades para hacerse oír en el futuro.
El aparato ssap ha funcionado a la perfección: acallar a las víctimas, impedir el enjuiciamiento del delito y, acto seguido, dejar caer toda la fuerza de la Ley sobre aquéllos-as que debiesen haber recibido atención y protección.
Por todo ello, AGAMME y Fight4Child anuncian que en los próximos días harán llegar sendos escritos al Defensor del Pueblo, al Consejo General del Poder Judicial y a la Fiscalía General del Estado, solicitando una evaluación del nivel de aplicación del Pacto de Estado en materia de Violencia de Género, en lo relativo a las medidas concernientes a los hijos e hijas víctimas. En el texto solicitarán que se establezcan protocolos para la inspección de la función judicial en aquellos casos en los que se actúe de manera contraria a la legislación, cuando se trate de determinar la necesidad de protección de un niño, niña o adolescente. De la misma manera, se recordará a los organismos la necesidad imperativa de garantizar el ejercicio pleno del derecho de todo niño o niña a ser escuchado-a en los procedimientos en los que se decida sobre regímenes de visita o custodia, especialmente cuando exista un rechazo manifiesto a mantener contacto con algún familiar.
Los hijos de Juana Rivas han de saber que no se han quedado solos. Que seguimos luchando cada día, por difícil y agotador que sea. La masa de mujeres que salió a la calle hace menos de una semana a reclamar derechos debe hacerse oír ahora y cada vez que una víctima sea silenciada o represaliada.
Junta Directiva de AGAMME Y Fight4Child, 15 de marzo de 2019