Enfréntase a 20 anos de cárcere por descortizar a súa exmoza en Barcelona

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/13/enfrenta-20-anos-descuartizar-exnovia/1110959.html

Detido un profesor de primaria por corrupción de menores

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/13/detenido-profesor-primaria-corrupcion-menores/1111079.html

Un xoven de 17 anos agrede a súa moza de 15 en Valencia

Cremos que esta nova merece unha reflexión sobre o sexismo na xente nova e a incidencia da violencia de xénero entre os mozos. Aínda que teñamos leis (case) igualitarias, mentres os estereotipos de home e muller continúen sendo tan sexistas, temos difícil acabar coa violencia. Queremos lembrar que son moitas as mulleres que son agredidas cando queren rematar unha relación sentimental, o que nos mostra que a posesividade continúa imperando para moitos homes na súa idea do que é unha relación de parella.

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/13/joven-17-anos-agrede-novia/1111215.html

“VIVENCIAR A MENOPAUSIA DUN XEITO POSITIVO”

Informamos, por si é do voso interese que o vindeiro mércores dia 15 comenzará na A.V.V. VAL DO FRAGOSO (fronte o Estadio de Balaidos), un curso GRATUITO, titulado “VIVENCIAR A MENOPAUSIA DUN XEITO POSITIVO”, o curso consideramos é moi interesante para tódalas mulleres que queiran aprender a vivir dun xeito positivo esta nova etapa na vida da muller.

Datos do curso:

TÍTULO: “VIVENCIAR A MENOPAUSIA DUN XEITO POSITIVO”
LUGAR DE IMPARTICIÓN: A.V. VAL DO FRAGOSO
DATA DE COMENZO: MÉRCORES 15 DE OUTUBRO
HORARIO: De 17:00 a 19:00 hs
INSCRICIÓNS: Na propia asociación ou nos teléfonos 986 24 20 29/ 645 839 846

PREZO: GRATUITO

Xuntos polo nadal

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaria Xeral de Política Social organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopan soas nestas datas, xa sexa pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Prazas e destinos
Ofértanse un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:
- 120 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.
- 120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán para as persoassolicitantes das provincias de Ourense e A Coruña.
Datas e servizos
Este programa vaise desenvolver entre o 23 de decembro de 2014 e o 2 de xaneiro de 2015, e comprende os seguintes servizos:
  • Estancia na residencia durante 11 días (10 noites).
  • Aloxamento, en habitacións compartidas, e manutención en réxime de pensión completa.
  • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de tempo libre e viceversa.
  •  Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia 2 de xaneirodespois do xantar.

Persoas beneficiarias:
Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
  1. Ser maior de 60 anos (telos cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes).
  2. Estar empadroado nalgún dos concellos galegos.
  3. Ter que pasar só/a as datas do Nadal.
  4. Valerse por si mesmo enon padecer enfermidade infecto - contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia
  5. Non estar acollido/a en ningún centro residencial.
Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:
  • realmente vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas.
  • teñan máis idade.
  • teñan un menor nivel de ingresos económicos.
  • non participaran en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadal nin este ano no de Benestar en balnearios ou nos de Termalismo e/ou Vacacións do IMSERSO.
Solicitudes:
As solicitudes, acompañadas do informe social e a declaración responsable, formularanse nos modelos deseñados ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda en cada caso.

Poderanse presentar ata o 15 de novembro, incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar; ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

Custo da praza:
As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.
Unha vez efectuado o ingreso de dito importe, só se lles efectuará a súa devolución se non se incorporan ao programa e o comunican por escrito polo menos con 10 días de antelación ao seu comezo ou o día anterior ou o mesmo día en caso de forza maior: enfermidade ou falecemento dun familiar; situacións que terá que acreditar coa solicitude da devolución. Non se lles devolverá ningún importe se abandonan a estadía ou non se encontran nos supostos anteriores.
Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos seleccionados ata o lugar que se sinale de saída nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa participante.
Documentación:
As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa ir provistas de:
  • DNI ou pasaporte en vigor.
  • Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial (control sanitario tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
  • Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.
  • Roupa adecuada e cómoda.
Para mais información pódense dirixir a:
  • Teléfono Social 900 333 666 (de forma gratuíta).
  • Páxina web da Consellería de Traballo e Benestar:  http://benestar.xunta.es 
  • Os servizos sociais comunitarios dos concellos e/ou departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais.
  • As xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.