Axudas para o aluguer de vivenda
Nas últimas semanas publicouse un documento sobre o programa Aluga. Parecía que as convocaban de novo, pero preguntando na Instituo Galego de vivenda e solo, respóndenme que soamente se publicaran as axudas do Programa Aluga para a xente que xa era beneficiaria, e que "Me esquecera do Programa Aluga para sempre". Entón pregunteille pola nova lei de vivenda Estatal, e me conta que de aquí a que se poña en marcha ten que ser adxudicada ás Comunidades Autónomas e éstas poñelo en marcha...uns aniños máis...pero que non se sabe... polo qua aquí deixamos a nosa reflexión...
Ano 2011, ano no que se paraliza o Programa Aluga.
O traballo con mulleres vítimas de violencia de xénero céntrase na súa recuperación psicolóxica, física pero tamén laboral e social. Moitas das mulleres que atendemos levan fora do mercado labooral moitos anos, polo que dependían económicamente da súa parella. No momento no que poñen fin a situación de violencia, a situación da muller, e no caso de que teñan fill@s a propia situación económica d@s fill@s é inexsitente, o problema encrudécese cando as nais coa custodia dos menores decide abandonar a casa familiar, son moitas as preguntas:
- "por qué teño que quedarme nunha casa que el vixiará 24h?"
Deciden marchar, pero sen traballo, ninguén lles aluga unha casa, non teñen aforros nin ningún que as avale...
- e se non tes casa?
se non tes casa tampouco podes facerte cargo dos menores.
- E ir a un centro de emerxencia para vítimas de violencia?
Ah, pero hai que interpoñer unha denuncia...
- e se non quero denunciar?
para eso existía o programa Aluga, grazas a este programa as mulleres vítimas de violencia podían acceder a unha vivenda cun aluguer asequible. En 3 meses tiñan un aluguer concedido, podían centrarse no máis importante, a súa recuperación psicolóxica; tiñan tempo para poder dedicarse exclusivamente a elas mesmas e ás súas crianzas, se as tiveran, posteriormente poderían centrarse na busca de empregoe conseguir ser cada día máis autónomas
A situción actual é que as axudas para aluguer NON EXISTEN, soamente as cobran as persoas que xa eran beneficiarias antes do 2011, momento no que se paralizou. As axudas económicas que reciben non chegan para todas as mulleres que son beneficiarias delas.
Entón...?
Pois como resultado a esta política de recortes Á NOSA DIGNIDADE as denuncias descenden, as mulleres prefiren aguantar, seguir vivindo no silencio, e é por este mesmo silencio polo que o Governo non ten como prioridade a violencia contra as mulleres, porque os berros de auxilio quedan nas catro paredes dun domicilio...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)