Xa te podes inscribir no curso: Como buscar traballo!




Máis información sobre o curso: 
 
A procura de emprego é un proceso polo cal as persoas insérense no mundo laboral. Iso implica ter un obxectivo profesional determinado, fundamentalmente adoita vir definido polos factores persoais e profesionais.

Toda persoa aspira a inserirse no mercado laboral co fin
de poder obter un traballo co que non só se consigan beneficios de tipo económico, senón tamén profesional e persoal.

O primeiro que se debe facer antes de comezar a utilización das técnicas de procura de emprego é coñecerse a unha mesma, a través da análise de Características

·  personais
·  Intereses.
·  Habilidades e capacidades.
·  Coñecementos.
·  Experiencia profesional.

Coñecer todo isto dunha mesma ten como fin que a procura de emprego sexa ou máis óptima posible e que teñamos vos resultados desexados.

Para a procura de emprego utilízanse unha serie de ferramentas co fin de levar a cabo unha procura de emprego máis completa e lograr unha maior accesibilidad a un determinado posto de traballo

As ferramentas máis utilizadas á hora de levar a cabo a
procura de emprego adoitan ser a carta de presentación e o currículum vitae.


O currículo é un documento que reflicte a nosa traxectoria persoal e profesional, é moi importante xa que é a ferramenta de emprego por excelencia e proporciona á persoa seleccionadora unha primeira información sobre o perfil persoal, formativo e profesional


O obxectivo é  espertar o interese da empresa á que se dirixe. Xa que logo, ten que ser unha ferramenta que serva para dar a coñecer ao empleador/ás características que posúe a persoa para acceder ao posto de traballo que se oferta.

Un Currículum Vitae ben feito é o primeiro paso para poder acceder ao mercado laboral

A entrevista de traballo é o momento decisivo dos procesos de selección de persoal. Por iso coñecer en profunidade para qué serve a entrevista, as formas que adoptan e qué valoran as organizacións, cado a realizan, incrementa as posibilidade de éxito e reduce a agunsta que supón enfrontarse a unha situación de por sí incerta.

“Mateina porque era miña”

Nestes días tivo lugar, en Lugo, o xuízo contra un acusado de asasinato da súa compañeira sentimental no ano 2010. No transcurso da vista, transcenderon unhas reveladoras palabras do encausado:

"Xa sei que agora a perdín para sempre, pero quería moitísimo á miña muller. Saber que estaba con outro derruboume”. Velaí resumidas, nunha linguaxe pensada para reforzar a estratexia defensiva no ámbito xurídico, as ideas chave presentes en moitas mentes masculinas:o cariño é un sinónimo de posesión que explica a reacción ante o remate do vínculo afectivo por parte da parella feminina.

http://www.sermosgaliza.com/opinion/xesus-veiga/-mateina-porque-era-mina/20130627141041016554.html

Socorren unha familia de Sada ameazada polo seu fillo de 13 anos


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/06/28/socorren-familia-amenazada-hijo-13-anos/0003_201306G28P9993.htm

O asasinato dunha muller en Ecuador, ¿unha cuestión de medios?

http://www.elmundo.es/america/2013/06/25/noticias/1372143294.html

A Fiscalía pide 37 anos para o acusado de matar a súa sobriña e á vez exparella en Marchena


http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/27/andalucia_sevilla/1372349938.html

As denuncias por violencia de xénero caen un 5,1% no primeiro trimestre

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/27/espana/1372336965.html

O fiscal baixa a 17 anos a petición para o lucense que matou á súa muller

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/06/28/fiscal-baja-17-anos-peticion/836715.html

"Son o autor material da morte da miña muller, pero non o culpable"




Isto declara o asasino da súa muller. Pernas pretende convencer ao xurado de que actuou "ofuscado" ao saber que a súa esposa mantiña unha relación con outro home e que podía perdela para sempre.

Este tipo de afirmacións mostran como se tenta minorizar os asasinatos de mulleres, facéndoas a elas responsables de sufrir a violencia. Temos que volver a repetir que os asasinatos de mulleres non teñen xustificación ningunha.


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2013/06/28/autor-material-muerte-mujer-culpablerechazo-negociar-pena/0003_201306L28C2992.htm?idioma=galego

'Edie', a pioneira


Edi, sempre foi unha muller pioneira. Traballou en IBM, cando isto parecía só un traballo "para homes", e viaxou a Canadá para poder casarse coa muller que amaba, por medo a que non lles dera tempo a casarse en Nova York, onde non era legal o matrimonio homosexual.

A súa é unha loita pola igualdade e por vivir unha vida que ela elixiu. Nesta semán en defensa dos dereitos das persoas homosexuais e transexuais, queremos lembrar que cada quén ten dereito a elixir o seu proxecto de vida xunto as persoas que queira.

http://www.publico.es/internacional/457909/edie-la-pionera

Unha nena transexual de seis anos gaña unha demanda civil en Colorado



Coy, trilliza que foi inscrita como neno ao nacer, sempre actuou como unha rapaza, algo que segundo os seus pais comezaron a percibir dende que tivo 18 meses. Dende preescolar, a nena acudiu a clase con ropa feminina, os seus compañeiros e profesores se referiron a ela como unha muller e sempre usou os mesmos baños que calquera das súas compañeiras.

Pero o pasado decembro a situación cambiou: o coleixo prohibiulle usar o baño das nenas.

Os seus pais, coa axuda da Transgender Legal and Defense Education Fund (TLDEF), interpuxeron unha denuncia alegando que o centro violara os dereitos da súa filla e o estatuto antidiscriminación de 2008 de Colorado que se aplica ás persoas transexuais. O luns a xustiza do Estado de Colorado se puxo do seu lado.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/24/actualidad/1372103107_547123.html

O profesor de Lugo xulgado por matar a súa muller aduce: ´ É o amor da miña vida ´

 Montserrat Labrada, de 43 anos, asasinada polo seu marido, que no xuízo comentou que "a quería moitísimo". A fiscalía sostén que o certo é que lle fixo a vida imposible, a través dun maltrato habitual. Iso é querer a alguen?

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/06/26/profesor-lugo-juzgado-matar-mujer/835317.html

As familias que dependen só do soldo da muller crecen en 35.000 casos máis dende 2007


http://www.farodevigo.es/galicia/2013/06/25/familias-dependen-sueldo-mujer-crecen/834696.html

Próxima concentración da Rede: 27 xuño 2013 ás 19,00 horas



38 mulleres e catro cativ@s foron asasinad@s no que vai do ano  2013.
A Rede  unha vez máis vai estar manifestándose contra os malos tratos e os asasinatos das mulleres.
Lerase un comunicado e a continuación Sheyla Fariña  representará unha coreografía de danza contemporánea.
Agardámosvos para entre todas e todos facer visible a barbarie que se está cometendo coas mulleres. 
As vítimas merecen, cando menos a denuncia pública.

Detido un vigués de 18 anos por difundir por WhatsApp fotos da súa exnoiva núa


http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/06/23/detenido-vigues-18-anos-difundir/833998.html

Aulas sen testemuñas da violencia de xénero


O alumnado non escoitará máis as voces das vítimas de violencia de xénero nas aulas no País Vasco.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/06/24/paisvasco/1372102312_798396.html

A prevención na educación é un dos ámbitos máis importantes de actuación. Debemos rachar cos estereotipos que vinculan os malos tratos cunha muller de 50 anos, casada e sen estudos. Como destaca un informe da Ertzaintza,o 35 % das mulleres agredidas no País Vasco en 2010 eran menores de 30 anos.

A desigualdade apréndese moi cedo. Rachar con esa aprendizaxe é responsabilidade de todos/as. A igualdade tamén se podería aprender de pequenos/as.

¿Onde estás? ¿A quen escribes? ¿Por que te conectaches?



Vellas formas de violencia de xénero e control a través de novos medios: Os agresores miran a última vez que se conectou a Whatsapp, con quen falou en redes sociais... "Controlan cada movemento e hostígannas para retelas". É parte do maltrato psicolóxico segundo diversas organizacións de axuda ás vítimas.

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/18/espana/1371578154.html

Para máis información sobre novos fenómenos que afectan a rapazas e rapaces na era de internete, como o "sexting", recomendámosvos este vídeo no que fala a socióloga da Universidade da Coruña Carmen Lamela. 

http://www.vtelevision.es/informativosv/2012/07/15/0031_26_147036.htm

Unha de cada dez turistas en España sofre acoso sexual durante as súas vacacións


Un 10% de viaxeiras inglesas e alemás entre 16 e 35 anos afirma ter sido molestada durante as súas vacacións en España, Portugal, Italia, Creta, e Chipre. 

 Seguimos sendo o país de Alfredo Landa no filme "Amor a la española"? ou vamos a comezar a replantexarnos que presionar a mulleres que están soas é acoso?


http://www.publico.es/457740/una-de-cada-diez-turistas-en-espana-sufre-acoso-sexual-durante-sus-vacaciones

A crise económica dende unha perspectiva feminista


 As políticas están agora moi preocupadas polos datos do paro, os empregos e os salarios. Pero é un auténtico perigo seguir nesa liña. Iso profundiza na idea do individualismo como única solución para satisfacer ás necesidades.

Sira del Río destaca que o salario non debe estar no centro do debate: senon que a sostenibilidade da vida é o que debe ser a nosa prioridade. Esa sostenibilidade se apoia tamén nas redes familiares, nas redes sociais e políticas.


Pensar nas necesidades sociais no seu conxunto e a forma de articulalas, recoñecer que a interdependencia rixe as relacións humanas tanto a nivel persoal como grupal, asumir a nosa responsabilidad individual e colectiva non só no sostemento da vida, senon en cómo organizarnos para facelo –sen división sexual do traballo, pode ser un bo comezo.

https://www.diagonalperiodico.net/la-plaza/empleo-what-the-fuck.html

Para saber máis sobre a resposta feminista a esta crise financieira, recoméndamosvos a Amaia Pérez Orozco. Aquí tedes o enlace a un video moi interesante.

http://www.youtube.com/watch?v=Cf1YZnMv4i8

 

Grupos antiabortistas recibiron 175.000 euros dá Xunta en 2012

As seguintes organizacións: Hijas del Divino Cielo, de Burela, Religiosas Siervas de la Pasión, de Vigo, Betania de Jesús Nazareno, na Coruña, Rebaño de María Obra Social Sí a la Vida, de Lugo, Asociación Ayuda a la Vida, en Vigo, ou a Red Madre en Pontevedra, Ourense e A Coruña, de marcado carácter relixioso e antiabortista,  recibiron durante o pasado ano subvencións públicas por importe de cando menos, 176.782 euros.

A organización Red Madre, foi creada polo Foro da Familia, recibiu máis cartos que outras organizacións como Cáritas ou outra de apoio a persoas con síndrome de Down.


http://praza.com/politica/4832/grupos-antiabortistas-recibiron-175000-euros-da-xunta-en-2012/

"Unha muller non aborta por deporte, é a última opción"


Djerassi, o inventor da píldora anticonceptiva, considera "terrible" a lei do aborto que propón Gallardón.

Djerassi explica que a píldora anticonceptiva masculina non existe porque “ás grandes compañías farmacéuticas non lles interesa gastar os millóns de dólares que costaría estudar os seus efectos secundarios”. Algo que o químico, defensor dos dereitos das mulleres, lamenta, posto que a carga da responsabilidade reproductiva recae sobre elas.


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/20/actualidad/1371753378_785942.html

O 38% dos asasinatos de mulleres no mundo son casos de violencia machista


A OMS define a violencia física ou sexual contra a poboación feminina como "un problema de saúde pública de proporcións epidémicas"

 O 38% dos asasinatos de mulleres no mundo non se debe a roubos de rúa nin a situaciones de guerra,: son perpetrados polas súas parellas ou ex- parellas, unha cifra "alarmante", según a Organización Mundial da Saúde (OMS). O primeiro estudo global sobre a violencia física ou sexual contra a poboación feminina elaborado por este organismo revela que un tercio das mulleres de todo o mundo ten sufrido ou sufrirá violencia a mans do seu compañeiro sentimental nalgún momento da súa vida.

Dados estes datos, pedimos que a violencia de xénero non sexa tratada como un suceso. É un problema global que afecta a mulleres de todo o mundo e que só se pode explicar pola desigualdade social existente entre homes e mulleres. Non podemos admitir seguir tratando a violencia de xénero como un problema dalgunhas parellas, un problema privado. Os datos veñen de confirmar o carácter de verdadeira EPIDEMIA.  

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/19/actualidad/1371663879_867289.html


O xoves 27 de xuño a xente da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Victoria e do Grupo de Axitación Social pechamos a campaña "Vivir dignamente é un dereito" coa que a través da recollida de follas de denuncia social esiximos unha Renda Básica a Concello de Vigo e Xunta de Galicia.
Foron algo máis de dous meses de actos de rúa, mesas informativas, encontros con ducias de persoas, reunións con políticos e técnicos de servizos sociais, festas...
Como acto de peche desta campaña, non das nosas accións, o vindeiro xoves 27 de xuño convocamosvos para a seguinte mañá de actividades:
Acto de entrega colectivo e público das follas de denuncia social no rexistro do Concello de Vigo. Na lonxa do concello ás 11h00.
Manifestación dende o concello ata a Xunta, o percorrido será: Paseo Granada-Segunda República-Policarpo Sanz-Colón-Concepción Areal . A saídaserá ás 11h30 dende o concello.
Acto de entrega colectivo e público das follas de denuncia social no rexistro da Xunta de Galicia. No edificio da Xunta (r/Concepción Areal 8) ás 12h15.

Facebook recoñece a falla de control sobre contidos de violencia de xénero

A empresa Facebook recoñeceu a falla de supervisión sobre contidos que promoven a violencia contra as mulleres na súa rede social e prometeu solucións en resposta a un boicot publicitario promovido por grupos feministas.

As organizacións queixábanse de que Facebook aloxaba páxinas como "Violar con violencia a túa amiga só para rirte", "Violar a túa moza e a moitas, moitas máis", así como fotografías de mulleres sendo golpeadas, feridas, maniatadas, drogadas e sangrando.

http://www.observatorioviolencia.org/noticias.php?id=2827

O enlace de abaixo contén fotografías e frases extremadamente vexatorias para as mulleres. Avisamos do seu contido, pero non queremos deixar de denunciar a hipocresía desta empresa.

http://www.womenactionmedia.org/examples-of-gender-based-hate-speech-on-facebook/

Acto do Imán Cedro hoxe ás 19,00 na Praza da Independencia


Adhesión Manifestación Orgullo LGTB Vigo "Liberdade sen recortes"‏




 https://docs.google.com/document/d/1v2Mxmj_so4XiFn8wVPi1L86_4W4QY0KCjbq44lSG-n8/edit?pli=1



Abraza o teu Hospital Público


Concentración en defensa dos COF


Condena a España por separar a unha filla da súa nai por falta de recursos

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/18/actualidad/1371585336_185906.html

Estrasburgo ordena indemnizar á proxenitora con 30.000 euros porque nin os servizos sociais nin os xuíces puxeron medios para que se reagruparan

Non houbo violencia nin maltrato físico ou psíquico cara a nena. Tampouco foi vítima de abusos sexuais e xamais se constatou ningún déficit afectivo ou de saúde da menor nin un desequilibrio psíquico por parte dos pais. Pese a isto, os servizos sociais da Junta de Andalucía separaron a Cristeta M. S., una xornaleira de La Porrosa (Chiclana de Segura, Jaén), da súa filla de tres anos.

Formación para voluntarias/os de entidades que traballan con persoas sen fogar

A través del Plan Nacional de Drogas hemos presentado el programa
"Prevención del consumo de drogas y fortalecimiento de los itinerarios de inclusión en la red pública “
Hemos diseñado dos charlas de formación para personal voluntario  de las entidades con las que las personas usuarias con las que trabajamos tienen relación con el titulo
"Prevención del consumo de drogas y fortalecimiento de los itinerarios de inclusión en la red pública de las personas sin hogar"
Desde Médicos del Mundo se han diseñado unas guías didácticas con los temas que nos han parecido mas interesantes.
En esta ocasión hemos seleccionado  la siguiente propuesta:
Temáticas:
Perfil de personas sin hogar/drogas: características, perfil, situación,etc.
Intervención con colectivos en exclusión social: manejo de situaciones, habilidades sociales, etc..
MARTES 25 MIÉRCOLES 26 
De 11h a 13h
Número de personas destinatarias: a determinar por cada entidad.
Lugar: en el local del programa Ce.re.da de Médicos do Mundo en Vigo. Rúa Illas Baleares 15-Bajo (Cerca de plaza de España).
COMO ANOTARSE??
En  vigo@medicosdelmundo.org o en 986484301.
Especificar nombre y datos de la entidad en la que se colabora

Hoxe, videofórum: A condesa rebelde ás 18:00 horas

Hoxe, 18/06/2013: película sobre Emilia Pardo Bazán: A Condesa rebelde. Coprodución de Zenit Televisión, SA, e Sempre Cinema produccións, coa participación de Televisión de Galicia, Canal SUr, ETB, TVV e TVAM, que contou co apoio da Axencia Galega das Industrias culturais, a SXIgualdade e a Cons. de eduación da Xunta de Galicia, e o Instituto de la Mujer

As mulleres en grave risco de maltrato terán unha casa de acollida en 24 horas

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/17/espana/1371482656.html

Secuestran a súa filla para internala nun centro anti-homosexuais

http://www.elmundo.es/america/2013/06/18/noticias/1371534664.html?a=ab97368d0efc237034de79ca2e7fc0cb&t=1371543427&numero=

A violencia de xénero non ten idade. Esta semán pasada, de novo, mulleres asasinadas brutalmente por violencia de xénero


Esta última semán asistimos a novos casos de violencia de xénero.

O domingo unha anciá morre asasinada a coiteladas, presuntamente polo seu marido. O pasado xoves, unha rapaza de 22 anos é asasinada, presuntamente, pola súa ex parella, coa que tiña un fillo. Ese memos xoves, atopan o corpo descuartizado dunha muller de 42 anos nun conxelador, trala confesión do seu marido.

Aquí tedes os enlaces cos casos das mulleres asasinadas por violencia de xénero:

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/06/13/hallan-cadaver-descuartizado-mujer-congelador/827908.html

http://www.vigoalminuto.com/2013/06/16/una-anciana-muere-acuchillada-presuntamente-a-manos-de-su-marido-que-tambien-ha-muerto/

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/12/andalucia/1371046134.html


A violencia de xénero ten que desaparecer da sección de prensa de "sucesos". Lembramos que unha muller asasinada non é un suceso, é unha violencia estructural que debe ser abordada dende a desigualdade social na que vivimos. 

Informe: Violencia de xénero


2013 está sendo un ano dramático para a violencia de xénero. Segundo o CIS, 600.000 mulleres sofren malos tratos, e en 2012 só 128.000 denunciaron. 

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/13/espana/1371136260.html

Chequeo aos malos tratos


Como recomenda un informe da OMS sobre 'Violencia contra as mulleres', dirixíndose ao personal sanitario: "non teña medo de preguntar. Contrariamente á crenza popular, a maioría das mulleres están dispostas a revelar o maltrato cando se lles pregunta de forma directa e non valorativa. En realidade, moitas están esperando silenciosamente que alguén lles pregunte". E así o suxire tamén o protocolo do Ministerio.

http://www.elmundo.es/elmundosalud/2013/06/14/noticias/1371228774.html

A Audiencia Nacional procesa por vez primeira a prostíbulos por trata de mulleres


http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/16/espana/1371379718.html

"O meu corpo é a miña protesta". Manifestación en Santiago en defensa do dereito ao aborto



A Rede, xunto a moitas outras organizacións de mulleres e diversos sindicatos e partidos da oposición, participa nesta manifestación en defensa dos dereitos sexuais e reproductivos das mulleres. 

http://praza.com/movementos-sociais/4795/o-meu-corpo-e-a-mina-protesta/

Video da nova na CRTVG:

 http://www.crtvg.es/informativos/manifestacion-contra-a-reforma-da-lei-do-aborto-609290

Noruega aproba o servizo militar obrigatorio para ambos os dous sexos


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/14/actualidad/1371231728_234953.html

"As empresas son responsables directas do feminicidio en Congo"


http://www.publico.es/456807/las-empresas-son-responsables-directas-del-feminicidio-en-congo

Arrebato ultra dos bispos: cargan contra a igualdade na Igrexa, a "poligamia" e o "amor libre

http://www.publico.es/457223/arrebato-ultra-de-los-obispos-cargan-contra-la-igualdad-en-la-iglesia-la-poligamia-y-el-amor-libre

Máis de mil persoas rodean a catedral de Santiago por un aborto "libre e gratuíto"

http://www.publico.es/espana/457321/mas-de-mil-personas-rodean-la-catedral-de-santiago-por-un-aborto-libre-y-gratuito

Homenaxe a Luisa


O movemento feminista denuncia o "circo mediático e institucional" ante os asasinatos de Ada e Jenny

Critica que os medios se centraran nos motivos do asasino e esixe que as institucións pasen de "discursos baleiros" ás medidas integrais contra toda forma de violencia machista. 
 As organizacións critican que os medios traten estes crimes como un suceso illado, en vez de enmarcalos na violencia estructural que provoca un sistema "heteropatriarcal, sexista, clasista e racista" no que tódalas mulleres, independentemente da cor da pel ou da clase social, estamos diariamente sometidas a soportar dende insultos, chistes, menosprecios, invisibilizacións, tocamentos, acoso, e asasinatos. 

 

O Goberno critica a actuación dos xuíces en casos de violencia machista

Dentro dunha familia con violencia de xénero: 
Os nenos están vendo que as normas do maltratador e as súas crenzas son as que valen, consolidando así estereotipos de abuso de poder. 

Preocúpanos moito o incremento de delitos de violencia doméstica e de xénero cometidos por menores de idade. A prevención, é a única saída.


http://www.publico.es/457158/el-gobierno-critica-la-actuacion-de-los-jueces-en-casos-de-violencia-machista

Novo indicador sobre igualdade de xénero: España, sobre 100, sitúase no valor 54

Os líderes en igualdade son Suecia, Dinamarca e Finlandia, e os que peores resultados obteñen, Bulgaria, Rumanía e Grecia.

O peor resultado se obtén no capítulo de poder, sobre todo no mundo das empresas privadas. As empresas seguen a infravalorar os logros das mulleres, e o xeito de promocionar segue discriminando de xeito indirecto ás mulleres: “É unha gran perda de talento e recursos”, asegurou Anna Rita Manca, experta do Instituto Europeo para a Igualdad de Xénero, na presentación dos resultados.

Os resultados tamén son moi malos no uso do tempo libre: as mulleres moi por debaixo en "actividades sociais", ocupando en cambio o seu tempo en actividades do fogar e do coidado familiar. 

Sobre a violencia sobre a muller, un elemento que consideran clave pero no que non existen estatísticas homoxéneas.


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/13/actualidad/1371141868_921746.html

Segundo un estudo do BBVA: un 44% dos/as españois defenden o aborto, e un 16% ten unha posición intermedia; o 39% rexéitao

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2013/06/13/aborto-divide-espanoles/828284.html

Videofórum: A Condesa rebelde, o próximo martes. Non o perdades!


Recollida de alimentos

HAI COUSAS QUE CUSTAN POUCO SE SOMOS MOITOS OS QUE COLABORAMOS

A Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Vigovello CCA organizamos unha recollida de alimentos o Sábado día 15 de Xuño na Praza da Princesa, entre as 10:00 e as 20:00 horas para a súa entrega ao Banco de Alimentos de Vigo.

Colabora con nós traendo alimentos non perecedoiros e goza de música en vivo con Two In The Mirror, Corisco, Carmen Johns, Toxo Verde...neste acto aberto e solidario.

Contamos contigo !!

A oposición galega, unida en torno aos dereitos das mulleres






http://praza.com/politica/4753/a-oposicion-galega-unida-en-torno-aos-dereitos-das-mulleres/

Xuíces progresistas presentan un vídeo contra as reformas de Gallardón


http://politica.elpais.com/politica/2013/06/13/actualidad/1371111163_178733.html

Un xuíz para o desafiuzamento dunha vítima de violencia de xénero


http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/12/alicante/1371048143.html

Programación Orgullo LGTB Vigo 2013, Difunde!‏


Aquí tes todas as actividades, a inscrición e as dirección de onde se realizan as actividades (clicando no nome do lugar te reconduce) que dende Nós Mesmas realizamos este ano polo Orgullo LGTB en Vigo, para máis info ou dúbidas contactade ou no blog asonosmesmas.blogspot.com



Domingo 23_Ruta de Senderismo polas "Almiñas e do Foxo do Lobo" en Pontecandelas, saída ás 11h, punto de encontro a ponte de Laxe.

Martes 25_Obradoiro Liderazgo ás 18h no Centro Social Lume! Impartido por 30K Coaching 
Mércores 26_Obradoiro "Risa a ladridos" obradoiro de risoterapia asistida con cans de terápia. ás 20h na Casa das mulleres. Impartido porTerapia Con.tacto

Xóves 27_Mesa informativa e graffiti pola diversidade, na Farola de Urzaiz ás 18.30h

Vérnes 28_"O xénero na construcción da sexualidade" Conversas con Teresa Moure, Beatriz Suárez e Alfredo Saborido. Ás 18h na Federación Eduardo Chao

Sábado 29_ Contacontos "Unha parella diferente" ás 12h na Biblioteca Pública Nodal

                  Manifestación "Liberdade sen recortes" saída ás 19.30h dende a Farola de Úrzaiz

                  Concurso/Maratón Fotográfico durante a manifestación e a festa, descargaté aquí as bases para           participar!
                  Festa Diversa, ao rematar a manifestación na Praza da Pedra.



Precisamos voluntarixs para a mani e a festa, se te apetece participar ponte en contacto con nós! Adxuntamos cartaces para difusión.

Expulsadas da Cámara por defenderen o dereito das mulleres a decidir


Unha quincena de mulleres, da plataforma galega polo dereito ao aborto, protestan no Parlamento para que non se cambie a lei de dereitos reproductivos. A Rede participou na protesta. 

http://www.sermosgaliza.com/artigo/politica/expulsadas-da-camara-por-defenderen-o-dereito-das-mulleres-a-decidir/20130612154347016014.html

Video intervención no Parlamento sobre o dereito a interrupción do embarazo



http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=wZKlkHmRnw8



Prisión sen fianza para un home que ordenou rociar con ácido á muller

Os feitos ocorreron fai máis dun mes durante unha viaxe da muller a Nixeria, onde un xove rocioulle cun líquido abrasivo que lle provocou graves queimaduras na cara e no corpo. Volveu á illa nun voo e dende entón permanece ingresada. Atópase en proceso de separación do seu marido.

http://www.vigoalminuto.com/2013/06/11/prision-sin-fianza-para-el-individuo-que-ordeno-rociar-con-acido-a-su-mujer/#.UbdohtRcxsw.facebook


Unha vítima de malos tratos burelá, desprotexida pola xustiza

Non sae á rúa por medo a que a agreda a súa ex-parella. Tras denuncialo por lesións e por ameazala de morte, a xuíza deixou o presunto maltratador en liberdade e sen orde de afastamento.


http://www.crtvg.es/informativos/unha-vitima-de-malos-tratos-burela-di-estar-desprotexida-pola-xustiza-605471

"O desmantelamento do Estado do benestar pagámolo as mulleres"


Para a economista, esta crise é multidimensional: medioambiental, social e de coidados” e as mulleres estamos soportando o peso do desmantelamento sofisticado do Estado do Benestar. Dito estado de benestar sempre tivo en España a característica de ser excesivamente "familista", unha característica que en crise se volve moi negativa para as mulleres. Cando os servizos públicos comezan a escasear, unha das consecuencias perversas é que se intensifica o traballo non remunerado das mulleres

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/06/10/valencia/1370891533_785418.html

Os médicos dan a alta a Beatriz


http://internacional.elpais.com/internacional/2013/06/11/actualidad/1370911320_066504.html

Catro mil mulleres realizaron consultas sobre violencia de xénero na cidade de Sevilla


http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/10/andalucia_sevilla/1370890009.html

Observatorio feminista de saúde

http://feminismoesaude.blogaliza.org/

Xornadas Autoxestionadas Economía Feminista


Convidámosvos a todas ás I Xornadas Autoxestionadas de Economia Feminista que terán lugar do 21 ao 23 de xuño no Berce do Celme, en Arteixo.
Que é a Economia Feminista? Como se fai?

Berce do Celme, Espazo de Transformación Co-Creativa, abre as súas portas ás primeiras Xornadas de Economía Feminista.

Que alternativas podemos construir para sairmos deste fraudolento sistema neoliberal e patriarcal para sempre?

Para comezar a darlle resposta a estas preguntas compartiremos nestas xornadas espazos teóricos e práticos onde o "que" e o "como" estarán irremediabelmente unidos.



PROGRAMACIÓN PROPOSTA PROVISIONAL:

VENRES 21

18:00 - 19:00 BERCE DO CELME (Vera Pidal Pardo e Mónica Montero Borrazás) Espazo de Transformación Co-creativa (Construíndo Berce do Celme. Visión). Merenda NaNaiTerra

19:15 - 21:15 Obradoiro: "Construcción de alternativas ao neoliberalismo". Paz Caínzos

SÁBADO 22

11:00 Recibíndonos: Pensa-escoita

11:10 Espazo Aberto: “Dinámicas para explorar colectivamente sobre as economías feministas”. Mariola Mourelo e Marta Casal

12:00 Posta en común

12:15 Breve exposición das correntes da Economia Feminista. Marta Casal

12:30 Descansiño

13:00 Charla: "Mulleres no Rural"; revalorización dos coñecementos femeninos e Soberanía Alimentaria. Situación das mulleres no agro. Iria Zas Rei

13:30 Mesa redonda Saúde Integral, medicina alternativa. Carmen Rodríguez

14:00 Debate Aberto

14:30 Xantar Comunitario (cadaquén aporta algo!)

16.30 Reiniciando.....Dinámica para espertar!

16.45 Obradoiro: "Renda das Iguais". Mari Fidalgo

18:15 Descansiño

18:30 Debate final / Posta en común. Sentires, proxectos afíns, aplicacións nos nosos proxectos e vidas.

20:00 - 21:30 Obradoiro: "Autoestima para mulleres"; Parte lúdica e reflexións sobre como o patriarcado afecta á autoestima das mulleres. Actividade de autocoñecemento, coñecemento entre compañeiras e mellora da propia autoestima. Iria Zas Rei
Masaxes. Carme Rodríguez
Ritual do Renacer. Vera

DOMINGO 23

11:00 -13:00 Maternidades compartidas/Saúde/Crianza. Faladoiro coa doula Nuria Otero

ORGANIZACIÓN E INSCRIPCIÓNS

Sabemos que hai xente de fóra interesada en acudir. Para isto a organización de Berce do Celme podería acoller a algunhas personas e encargarse dos almorzos e ceas, despois faranse contas!

A comida do sábado é comunitaria (como indicamos no programa) e cadaquén aportará o que desexe....

Escribe un mail se queres ficar con nós para facernos unha idea da xentiña que somos!
bercedocelme@gmail.com

Teatro da Oprimida


TEATRO DA OPRIMIDA


Datas e duración:

Sábado,  6 de xullo
De 10.00 a 14.00 horas  e de 16.00 a 18.00 horas.


Lugar:

Auditorio Municipal de Cangas
Avda de Lugo nº 25-27, 36940 Cangas


Prazas: Máximo 20 prazas. Mínimo 10.


Prezo: 20 Euros


Inscrición:


Do 7 ao 25 de Xuño.  Para facer efectiva a inscrición é necesario enviar cuberta a ficha anexa a: Mostra Internacional de teatro (cursos)-Centro Municipal de Benestar Social, Rúa Andalucía , 3 baixo, 36940 Cangas, antes do 25 de xuño de 2013, xunto coa copia do ingreso da matrícula na conta de: 

ASOCIACIÓN XIRIA            NOVAGALICIA BANCO          2080  5208  13  3040002542

Tamén se pode enviar por fax ao numero 986303696 ou por correo electrónico a : mostra@mostrateatrocangas.org


Nota: No caso de non acadar solicitudes suficientes a organización poderá  suspender a realización do obradoiro.

O machismo alén do espello


Os patróns sociais herdados consideran que os verdadeiros aliados dos homes son outros homes e a muller é unha persoa de segunda orde, dependente deles, defende a antropóloga Mercedes Fernández-Martorell.
Se o home ten conflitos cos seus conxéneres, non importa o seu nivel educacional ou cultural, usa á muller para compensar a súa hombría, impoñéndose a ela. O maltratador ten tamén unha dependencia cara a súa vítima, porque o maltrato é seu instrumento para sentirse ben e recompensar todo o que lle vai mal".

http://blogs.elpais.com/mujeres/2013/06/el-machismo-al-otro-lado-del-espejo.html