O 38% dos asasinatos de mulleres no mundo son casos de violencia machista


A OMS define a violencia física ou sexual contra a poboación feminina como "un problema de saúde pública de proporcións epidémicas"

 O 38% dos asasinatos de mulleres no mundo non se debe a roubos de rúa nin a situaciones de guerra,: son perpetrados polas súas parellas ou ex- parellas, unha cifra "alarmante", según a Organización Mundial da Saúde (OMS). O primeiro estudo global sobre a violencia física ou sexual contra a poboación feminina elaborado por este organismo revela que un tercio das mulleres de todo o mundo ten sufrido ou sufrirá violencia a mans do seu compañeiro sentimental nalgún momento da súa vida.

Dados estes datos, pedimos que a violencia de xénero non sexa tratada como un suceso. É un problema global que afecta a mulleres de todo o mundo e que só se pode explicar pola desigualdade social existente entre homes e mulleres. Non podemos admitir seguir tratando a violencia de xénero como un problema dalgunhas parellas, un problema privado. Os datos veñen de confirmar o carácter de verdadeira EPIDEMIA.  

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/19/actualidad/1371663879_867289.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario