Unha de cada tres viguesas vítimas de malos tratos xa ten menos de 30 anos


A Policía controla 153 casos con ordes de alonxamento. O uso das novas tecnoloxías agrava comportamentos controladores; pero o sexismo segue a ser a base dos comportamentos violentos. 
"Se está indo cara atrás, o proceso é tan difícil que as vítimas se desaniman; estas vítimas perderon un montón de dereitos en pouco tempo", alerta a coordinadora da Rede de mulleres contra os malos tratos.


http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/08/13/tres-viguesas-victimas-malos-tratos/860023.html

Un pub de Granada sorteaba sexo cunha das camareiras. Denigrante.

Un pub sorteaba sexo cunha camareira como reclamo publicitario. Con cada copa, sorteo dunha relación sexual coa "camareira especial".



De novo, os corpos e a sexualidade das mulleres se "usa" para facer negocio. As denuncias fixeron cancelar a festa ao seu organizador, que era un varón.

Non fai falla irse a países lonxanos para ver mostras de sexismo explícito e violencia de xénero como estas...

Mulleres que falan das súas vidas, segundo Rosa Montero





Cando unha autora escribe unha novela protagonizada por unha muller, todo o mundo pensa que está falando de mulleres, mentres que cando un home escribe unha novela protagonizada por un varón, todo o mundo pensa que está falando do xénero humano.


http://elpais.com/elpais/2013/07/04/eps/1372935503_898195.html