Esta
situación provoca unha gran indefensión nas vítimas de violencia de xénero, xa
que estes casos son os que se atenden a última hora da mañá pola xuíza de
garda, atendendo só os casos que pasan o filtro de “máis importantes”, o resto
teñen que esperar a que a xuíza regrese.
Que o
xulgado non teña un xuíz substituto por falta de orzamento revela a nimiedade
con que a Xunta se toma a violencia de xénero. Este ano as mulleres asasinadas
ascenden a 60, a inconscienca da sociedade e a falta de compromiso dos poderes
públicos provocan a frialdade no tratamento dos casos, estará a sociedade e os
poderes públicos acostumados ós asasinatos de mulleres?
A Rede
realiza acompañamentos ós xuízos de violencia. Un día normal, as mulleres son
citadas ás 9.30 para a vista oral, e poden estar esperando ata as 15.00 da
tarde a que lles tomen declaración. Os tempos nos Xulgados son eternos, o que
potencia a ansiedade e inseguridade das propias mulleres que teñen que esperar
horas para poder relatar os actos denunciados. E agora temos que sumar a
incapacidade da Xunta para poder substituir a xuíza do Xulgado que non é outro
que o de violencia, o que provocará máis esperas...non é violencia mesma cara
as mulleres alargar os procesos? Non é violencia cara ás mulleres non dar
prioridade a estes casos nos que a vida das mulleres está en xogo? Non é
violencia cara ás mulleres alongar os tempos de espera?.
Se o
suxeito pasivo dos delitos, fosen outros grupos a sociedade tería outro punto
de vista pois existe unha falta de unidade no que respecta á discriminación
contra as mulleres, lembremos que a violencia de xénero só foi delito a partir
do 2003. A única solución é provocar un cambio de mentalidade e de
concienciación social, empezando polos estamentos públicos.
Partes
do artigo:
"las
víctimas y testigos tienen que esperar varias horas hasta que la jueza de
guardia termina sus tareas y asume el mando del tribunal a última hora de la
mañana. Es entonces cuando interroga a los detenidos, celebra los juicios
penales o dicta órdenes de protección porque es lo más urgentes."
«Queda
muy bonito decir que estos tribunales defienden a las víctimas de malos tratos
pero la realidad es distinta»
"La
secretaria del juzgado teme que la situación se prolongue hasta «finales de
año» porque «ya no hay presupuesto»."
Dende
a Rede advertimos que a situación nos Xulgados empeora ano tras ano...