"Non pasa nada, é a miña parella", di un home tras tirarlle dos pelos a súa muller.

É a segunda nova nunha seman deste estilo. Os varóns xustifican a súa violencia falando de posesión. Queda moito por facer... 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/09/28/pasa-pareja-dice-conductor-vigues-tiro-pelo-mujer/00031380390942952253830.htm

Grande actividade nos xulgados penais


 As denuncias por violencia tanto de xénero como no ámbito familiar copan boa parte dos xuíos que celebran os tres penais en Vigo.

A principal petición das vítimas ou denunciantes é a orde de alonxamento para o presunto agresor durante o máximo tempo posible.

http://www.atlantico.net/noticia/255002/actividad/juzgados/penales/

Un xiro na relación entre o agresor e a vítima


http://www.atlantico.net/noticia/255001/relacion/entre/agresor/victima/

Elas piden a pelota


http://www.publico.es/470654/ellas-piden-la-pelota

Máis da metade das denuncias por violencia de xénero arquívanse


Nos seis primeiros meses do ano, un 53,5% de causas foron sobreseídas.

A violencia de xénero foi a causa de máis de tres denuncias ao día no partido xudicial de Vigo nos seis primeiros meses do ano,

http://www.atlantico.net/noticia/255000/mitad/denuncias/violencia/domestica/archivan/

"O aborto é unha decisión das mulleres; non debería estar lexislado"

http://www.publico.es/471084/el-aborto-es-una-decision-de-las-mujeres-no-deberia-estar-legislado

V Encontro Nacional de Mulleres




Centos móllanse en Compostela polo Dereito das Mulleres a decidiren Sobre os seus corpos

http://www.sermosgaliza.com/articulo/social/centos-mollanse-compostela-polo-dereito-das-mulleres-decidiren-seus-corpos/20130928205604019510.html

Manifestación Aborto Libre



O 3,5% das mulleres entre 14 e 50 anos usa a pílula poscoital anualmente


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/27/actualidad/1380295333_674049.html

"Retrocedemos moito en igualdade"


http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/09/27/andalucia/1380297582_019943.html

Un xurista saudita afirma que as condutoras teñen danos nos ovarios


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/29/actualidad/1380450821_096857.html

Proxecto tempo!

Un proxecto exclusivo para 15 mulleres coidadoras de familiares doentes
 Faremos encontros dous días á semana, luns e mércores, onde desenvolveremos entre as 16.00 e as 20.00 contidos ao respecto de:
 O coidado emocional da coidadora
- O coidado físico da coidadora
- Programando xuntas o noso tempo

Comezamos o luns 21 de outubro e reunirémonos ata o 22 de novembro
na sede de Radio ECCA en Velázquez Moreno 9-1º
previstas cinco saídas sorpresa os sábados de 10.00 a 12.00

NON DEIXES PASAR ESTA OPORTUNIDADE
Podes chamarnos ao 986 22 73 15

Feminismo en obras

05-10-2013 Centro de día “Manuela Pérez Sequeiros” NARON

  O titulo destas xornadas feministas significa localizar e derrubar o que xa non serve, deseñar e levantar novos espazos,  en definitiva traballar para seguir construíndo feminismo entre todas,  abrir un tempo de reflexión sobre o que leva percorrido o feminismo e atopar o novo camiño.
En primeiro lugar, recoñecer os perigos, ver os ataques continuos ós que está sometido o feminismo, moito máis nestes momentos de retroceso ideolóxico.
En segundo lugar comprender cal é situación real, social e económica das mulleres nos diferentes ámbitos da vida. Por exemplo nos servizos, como nos afectan os recortes amparados na crise, privatizacións e desmantelamento. Soberanía alimentaria e consumo responsable. Nos espazos, planeamento–organización das cidades dende unha perspectiva de xénero.
En terceiro lugar faremos un repaso á nosa saúde e os nosos, ultimamente moi atacados, dereitos reprodutivos
E por último, mulleres a través das vivenzas nas institucións, partidos políticos, sindicatos e movementos sociais expoñerannos as súas alianzas e alternativas para o futuro do feminismo.

PROGRAMA
10,00h.  Apertura e presentación das xornadas
10,30h. Mesa “Ataques ao feminismo, retroceso ideolóxico”
       Relatoras : Belén Puñal e Teresa Moure
12,00h. Descanso media hora
12,30h. Mesa “ Situación das mulleres nos servizos, nos espazos e no consumo
      Relatoras: Eva Solla ,  María Novas e  Isabel  Vilalba
14,30h. Xantar.
16,30h. Mesa  “Saúde e dereitos reprodutivos”
      Relatoras: Lola Ferreiro,  Natalia Domínguez Galán
18,00h.  Mesa   “ Feminismo en obras: alterativas e alianzas
      Relatoras: Carme Adán,  Lidia Senra,  Chus Boo,  Paloma Rodriguez

21,00h. Remate das xornadas

España suspende en educación sexual e saúde sexual reprodutiva


Un informe que analiza a situación de 10 países da UE critica a escasa implementación da educación sexual nos centros educativos
En moitos dos aspectos avaliados, España só queda por riba de países como Lituania ou Bulgaria
A píldora do día despois non está financiada en seis comunidades autónomas, e a saída de oito anticonceptivos do Sistema Nacional de Saúde afecta a un millón de mulleres
http://www.eldiario.es/sociedad/barometro-suspende-Espana-sexuales-reproductivos_0_179532886.html

A lei de violencia de xénero


http://www.eldiario.es/agendapublica/impacto_social/ley-violencia-genero_0_179532676.html

Concentración da Rede contra a violencia de xénero


Grazas a tódalas persoas que participáchedes na Concentración de onte diante do Marco.

Unha vez máis, saímos á rúa para denunciar a violencia de xénero, psicolóxica, física, económica, que sofren día a día ás mulleres.

Este é o comunicado lido na Concentración:



Vigo, 26 de setembro do ano 2013

COMUNICADO
Nos dous últimos meses a Rede non convocou a concentración, pero lembramos que durante os meses de xullo e agosto seguiron asasinando a mulleres, sendo xa 44 mulleres, nenos e nenas asesinadas no que vai de ano 2013.
Loitamos a diario polos nosos dereitos, polos dereitos das mulleres, porque son parte do soporte e do fundamento da sociedade que queremos crear. Porque na actualidade seguen existindo matrimonios forzosos, mutilación xenital, explotación, escravitude sexual, ou violencias máis sutiles, como que 7 de cada 10 empregos públicos destruidos no ultimo ano estaban ocupados por mulleres.
Ser muller nunca foi fácil. Nin sequera nos países onde se logrou conquistar algúns dereitos e liberdades fundamentais que, lembremos, están destruindo paulatinamente. Con todo, o camiño pola simple supervivencia se nos presenta difícil, xa que no Estado español:
-   Unha de cada tres vítimas de violencia de xénero ten menos de 30 anos.
-   O 65% dos mozos de entre 14 e 16 anos presentan altas doses de sexismo.
- Máis de 30.000 mulleres sufriron violencia de xénero durante o ano. Desta cifra 44 xa morreron a mans das súas parellas ou ex parellas.
- Segundo o 5º informe do observatorio estatal de violencia sobre as Mulleres, o 8,6% da poboación española xustifica en certas circunstancias a violencia de xénero.

Ante esta situación a Fiscalía recoñece na súa memoria anual que "as medidas cautelares constitúen un dos principais instrumentos para atallar o fenómeno da violencia de xénero". Algúns xuíces, cando hai lesións físicas, adoitan conceder medidas de protección, pero cando se trata de casos como os danos psíquicos, non as outorgan, sendo rexeitadas o 45% das peticións de ordes de afastamento das vítimas de violencia machista.
E nós, nos preguntamos, acaso unha muller que está sufrindo violencia psicolóxica non precisa manter esa violencia afastada? Acaso non son conscientes de que a violencia psicolóxica precede a violencia física? A violencia psicolóxica é capaz de destruir ás mulleres, de facelas desaparecer, de anulalas, de expulsalas da sociedade da que son parte, e a xustiza e a fiscalía que non consideran esta situación, son cómplices de non aportarlles algo de tranquilidade. Moitas mulleres a pesares de sufrir violencia sicolóxica son capaces de comezar un proceso xudicial, expoñendo a súa vida privada ante a xustiza, ante os servizos sociais, ante forenses…e un longo etc. e, cómo lle explicas as mulleres que deciden dar un paso tan importante para a sua recuperación, que os xuices non lle otorgan a orden de afastamento porque non consideran a súa situación grave? Que pensades que se lles pasa pola cabeza a estas mulleres? Se sentirán menos cribles? Menos apoiadas? Que esaxeraron e non era tan grave a sua situación? Sabemos que as ordes de afastamento non son o remedio pero o que sí sabemos é que axudan ás mulleres a ter mais seguridade, a confiar en que haberá persoas ó seu lado…dalles un pouco máis de tranquilidade e forza para facerlle frente e rachar coa violencia. Unha violencia que pasa desapercibida para a xustiza,  forenses, servizos sociais…. porque o xuiz só ten que adxudicar unha orde de afastamento, pero son as mulleres as que despois teñen que enfrontarse a esta situación dia a dia.
Porque non somos vítimas, somos mulleres que reclamamos os nosos dereitos. Non pedimos! Exisimos! Esiximos que se cumplan e se melloren as leis, porque somos mulleres reclamando o que é noso de pleno dereito, porque somos mulleres que non quedaremos de brazos cruzados e que non permitiremos que fagan desaparecer o camiño cara a unha igualdade que despois de tantos séculos nos costou tanto conseguir e que hoxe queren facela desaparecer sen ningún tipo de obstáculo.

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca unha manifestación o sábado 28 de setembro, Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto, ás 17.30 en Compostela.
(QUEDAMOS ÁS 15:30 HRS. NA PRAZA DOS CABALOS PARA COMPARTIR COCHES)

100.000 mulleres invisibles


http://www.publico.es/470851/100-000-mujeres-invisibles

O feminismo á ofensiva. O feminismo é provida

O feminismo é provida porque a súa razón de ser é a construcción dunha sociedade máis xusta e libre que poña o benestar e o ben común no centro; unha sociedade que non condene as súas mulleres máis pobres, máis novas ou máis vulnerables a morrer desangradas cun aborto clandestino; unha sociedade que non aspire a domesticar os corpos e as vidas das persoas en compartimentos moralizantes; que eduque ás persoas novas nos principios do raciocinio, a responsabilidade e a verdade para que as súas accións non teñan impactos negativos nelas ou en terceiras persoas; que inclúa, coide e respete de modo xenuino a aquelas persoas con diversidade funcional; que acepte a libertade de todos e todas a decidir os seus sentires e os seus desexos;

http://www.publico.es/470829/el-feminismo-a-la-ofensiva-pentalogo-provida

Madrid tínguese de violeta para pedir a despenalización do aborto


http://www.publico.es/470776/madrid-se-tine-de-violeta-para-pedir-la-despenalizacion-del-aborto

A Fiscalía Xeral do Estado non quere prohibir por lei que os/as pais maltratadores non teñan relación cos seus fillos/as

A Fiscalía Xeral do Estado aprobou un informe sobre o anteproxecto de "Lei de Corresponsabilidade Parental en caso de Separación, Nulidade ou Divorcio" no que recomenda ao Ministerio de Xustiza que suprima o articulado que impide fixar réxime de estancia, relación e comunicación cos fillos/as nos casos de sentenza firme por malos tratos ou por violencia de xénero.

Estamos en contra desta idea da Fiscalía Xeral do Estado. É evidente e constatado por moitos informes que a violencia de xénero na parella ten consecuencias para os/as nenos/as que viven no mesmo fogar. A violencia no fogar é tamén violencia cara os/as nenos/as. Debería partirse sempre desta idea.

A Fiscalía quere facernos pensar que a violencia de xénero é só cousa da parella. Pero a nosa práctica dinnos que a violencia de xénero contamina o contexto no que se produce. Nos dereitos dos/as nenos/as deberían terse en conta que teñen dereito a vivir en paz, lonxe da violencia.

Detrás deste tipo de argumentacións da Fiscalía late a idea da bondade da familia nuclear, a pesar de que estea chea de malos tratos e violencia.


http://www.europapress.es/epsocial/noticia-fiscalia-no-partidaria-prohibir-ley-comunicacion-hijos-casos-violencia-genero-20130926183257.html

O Consello de Europa urxe a combater mellor a trata de persoas

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/26/actualidad/1380218168_031709.html

As denuncias por violencia machista caeron un 9,6% nos últimos 5 anos

http://sociedad.elpais.com/tag/mujeres/a/

O fiscal pide cárcere para un pai vigués por non entregar a un dos seus fillos menores á nai


A muller ten a custodia dos 3 fillos en común, pero non ve a dos deles dende xaneiro de 2010.

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/27/fiscal-pide-carcel-padre-vigues/885048.html

O Goberno avoga por "endurecer as penas" por violencia de xénero


http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/3751771/sociedad/el-gobierno-aboga-por-endurecer-las-penas-po#.UkQR5dL7oxA

"Máis da metade das mulleres con minusvalidez sufriron nalgún momento violencia de xénero"


http://www.eldiario.es/norte/euskadi/mujeres-discapacidad-sufrido-momento-violencia_0_179182924.html

Dende o PP Balear ameázase con retirar a custodia dos/as seus/súas fillos/as aos pais que apoien a folga de docentes




Ana María Aguiló, do PP Balear ameaza aos pais que apoian a folga de docentes, dicindo que o tribunal de menores pode retirarlles a custodia. 

Os/as docentes das Illes Balears iniciaron este curso counha folga indefinida. As reivindicacións, compartidas pola maioría dos pais e nais, se fundamentan en dous aspectos: recuperar os recursos que os recortes eliminaron e esixir que non se impoñan proxectos educativos politizados, sen o aval dos/as expertos nin o consenso da comunidad educativa.

http://www.primaveravalenciana.info/2013/09/25/pp-balear-amenaza-retirar-custodia-huelga/

28-S: as mulleres galegas volven rexeitar a contrarreforma do aborto ''por xustiza social e saúde pública'


http://www.sermosgaliza.com/articulo/social/28-s-mulleres-galegas-volven-reclamar-dereito-ao-aborto-xustiza-social-saude-publica/20130925182905019414.

A controvertida custodia compartida

http://www.sermosgaliza.com/opinion/teresa-moure/controvertida-custodia-compartida/20130925183550019415.html

A violencia no ámbito familiar copa os xuízos penais

http://www.atlantico.net/noticia/254660/violencia/familiar/juicios/penales/

A síndrome da noiva morta na moda



Unha campaña denuncia o efecto da publicidade que 'glamouriza' a violencia e o abuso sobre as mulleres.

No último medio século, o mundo publicitario tamén ten 'glamourizado' imaxes de mulleres sumisas ou víctimas de violencia de xénero. 

Pero hai máis exemplos, moitos máis. Unha abrumadora recopilación está dispoñible no proxecto Stop Female Death in Advertisiment. A iniciativa, que iniciou este mesmo ano Lisa Hågeby, estudante do Beckmans College of Design de Estocolmo, reúne en mosaico centos de imaxes no seu homepage  para ratificar a súa teoría de que "estamos tan acostumados/as a ver este tipo de publicidade que apenas reaccionamos".

Este tipo de imaxes van construíndo o noso imaxinario sobre as relacións entre homes e mulleres; volvemos dicir ben alto: estas imaxes non nos representan! 

A Garda Civil busca na Cañiza os restos dunha viguesa desaparecida fai cinco anos


O operativo rastrea o monte onde en xuño apareceu un cráneo, que segundo as análise sería dunha muller - A Ana Mª Fernández se lle perdeu a pista na A-52 tras discutir co seu esposo.

O 1 de abril de 2008 Ana María Fernández Barreiro desaparecía misteriosamente. De regreso en coche co seu marido e o seu fillo ao seu domicilio familiar de Barbate (Cádiz), a esta viguesa de 37 anos pareceu tragala a terra tras discutir coa súa parella e adentrarse con él  nunha zona boscosa da A-52, de onde só regresou o home.

Os intensos rastreos iniciais pola autovía en busca da muller concluíron sen éxito e a causa xudicial que levou á detención e imputación do esposo se viu abocada ao arquivo provisional porque pese ás incongruencias do seu relato, non había evidencias sólidas contra él e, sobre todo, non aparecía o suposto cadáver. 

Dende a Rede, queremos mostrar a nosa preocupación polo "arquivo" deste tipo de causas; e esperamos que todo se esclareza. A violencia de xénero non se pode silenciar máis.

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/26/guardia-civil-busca-caniza-restos/884530.html

"Son a súa nai; non quero declarar contra o meu fillo"

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/09/26/madre-quiero-declarar-hijo/884406.html

Cambiando de lugar: os estereotipos de xénero na publicidade



Estudantes canadenses producen un vídeo no cal invirten os “papeis” femininos e masculinos en anuncios para mostrar a perpetua representación de estereotipos sexistas

Cando acaban de presentarse os anuncios orixinais, o vídeo pergunta se o/a espectador/a sentiu o mesmo “ridículo”. O resultado é a sensación de que os estereotipos de xénero están de tal forma culturalmente enraizados que o ridículo de exploralos só se torna evidente coa inversión dos “papeis”.

A pesar do desagradable dos primeiros minutos, merece a pena velo ata o final.

http://revistaforum.com.br/blog/2013/07/trocando-de-lugar/

Manifestación o sábado 28 de setembro, Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto


A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca unha manifestación o sábado 28 de setembro, Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto, ás 17.30 en Compostela

A manifestación sairá da estación de tren de Compostela até chegar á Plaza Roxa onde terá lugar un acto representativo e simbólico contra o sistema do que estamos tan fartas, o que máis noxo nos dá, o sistema polo que estamos xuntas, en luita e dispostas a derriba-lo: o sistema patriarcal. 


O patriarcado quere dominar o corpo das mulleres, negándonos a capacidade a decidir sobre o noso corpo e a nosa sexualidade, e ao mesmo tempo, controlar a nosa capacidade reprodutiva. A obriga da virxinidade así como a maternidade, foron unha constante ao longo de toda a historia.


A crise provocada polo sistema neoliberal é a escusa para atacar os dereitos das mulleres. Nunha situación de recortes de dereitos sociais e laborais, a dereita española pretende acabar coas conquistas feministas conseguidas ao longo dos últimos 70 anos. Mais cos berros de todas as persoas que nos sumaremos este 28 de setembro, imos deixar ben claro que NON LLO IMOS PERMITIR! 


Trae túa prenda lilá para encher as rúas de feminismo, colle cazolas ou pandereitas para inundar de son rebelde a nosa marcha, e acode á manifestación nacional galega na defensa do aborto legal, seguro e gratuíto! Este 28 de setembro ás 17.30, desde a estación de tren de Compostela, o feminismo da Galiza volta saír para declarar a guerra, unha vez máis, ao patriarcado. 


POLO DEREITO DAS MULLERES A DECIDIR SOBRE OS SEUS CORPOS!

A NÓS NON NOS TUTELA NINGUÉN! 



O 28 de setembro continuamos xuntas na loita.
(QUEDAMOS ÁS 15:30 HRS. NA PRAZA DOS CABALOS PARA COMPARTIR COCHES)

Onte tivo lugar o pasamento de Josefa Martínez Alonso, presidenta da Rede durante os anos 2003-2007. Lembramos a importante labor que realizou coas mulleres e o seu traballo para loitar contra a violencia de xénero.

“Cando nunha sociedade hai machismo, haino nos homes e nas mulleres”

Manuel Portas volve, na súa nova novela, contarnos a Historia desde abaixo, como fixera en Denso recendo a salgado e en Un dedo manchado de tinta. Desde a pluralidade de experiencias da sociedade de cada época. Mais, desta volta, hai claras protagonistas, e son mulleres. Marcadas por un tipo de represión e de violencia da que non se fala moito cando se lembra a ditadura: a sexual.


http://praza.com/cultura/5509/lcando-nunha-sociedade-hai-machismo-haino-nos-homes-e-nas-mulleresr/

"Non" haberá "marcha atrás na revolución das mulleres musulmás"

http://elpais.com/elpais/2013/09/19/eps/1379584211_203889.html

Mulleres en loita por un aborto "libre, seguro e accesible"


http://www.publico.es/469961/mujeres-en-lucha-por-un-aborto-libre-seguro-y-accesible

Imputado o pai da menor de Santiago


http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/25/trasladan-santiago-madre-nina-hallada/884230.html

Deteñen un home acusado de abusos a unha menor

http://www.farodevigo.es/comarcas/2013/09/25/detienen-hombre-acusado-abusos-menor/883781.html

Concentración polas 50 mulleres asasinadas no que vai de ano

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/09/25/concentracion-50-mujeres-asesinadas-ano/883770.html

Mulleres coidadoras: entre a obriga e a satisfacción, por Marcela Lagarde

 Coidar é  no momento actual, o verbo máis necesario fronte ao neoliberalismo patriarcal e á globalización inequitativa. E, sen embargo, as sociedades actuais, como moitas do pasado, fragmentan o coidado e o asignan como condición natural a partir das organizacións sociais como a de xénero.

http://palabrademujer.wordpress.com/2013/09/22/mujeres-cuidadoras-entre-la-obligacion-y-la-satisfaccion/

O 60% do estudantado madrileño ve na prostitución unha forma de liberdade sexual


Expertas en vítimas de trata e en educación sexual advirten que as novas xeracións conciben o pago por sexo como unha práctica máis de consumo.

O 45,9% das persoas novas perciben a visibilidade da prostitución case como se fora "parte da paisaxe".

O 60,4 % das persoas novas madrileñas ve na prostitución unha forma de exercer a libertade sexual, fronte a un 39% que o considera algo "profundamente repulsivo".

Sería interesante coñecer que % de mulleres e varóns considera a prostitución como libertade sexual ou como un fenómeno repulsivo. Esta enquisa debería facernos reflexionar sobre a educación sexual dos varóns, e repensar como estes conciben o pracer sexual propio e alleo...

http://www.eldiario.es/sociedad/estudiantes-madrilenos-prostitucion-libertad-sexual_0_178482579.html

Máis de cen mil mulleres que abortaron en 2011 non terían podido coa reforma prevista de Gallardón



http://www.eldiario.es/sociedad/abortaron-hacerlo-reforma-prevista-Gallardon_0_178482737.html

Expulsan do parlamento galego unha deputada que chamou "fascistas" os parlamentarios que a cualificaron como "fea" e "macarra"

A deputada de Alternativa Galega de Esquerdas, Chelo Martínez foi expulsada do parlamento e se lle castiga coa prohibición de asistir á próxima sesión plenaria da cámara galega. A decisión, adoptada pola presidenta do parlamento Pilar Rojo (PP) prodúcese despois de que varios deputados do PP insultaran á parlamentaria con calificativos como "fea" e "macarra". Ante eses insultos, a deputada de AGE encarouse coa bancada do PP e chamou "fascistas" aos seus membros, motivo polo cal foi castigada pola presidencia da cámara.

Resulta bastante patético que a estas alturas se use como insulto "fea". A imaxe das mulleres sempre se pon en cuestión, tentando minar a súa autoestima. Señores parlamentarios: as mulleres non somos obxectos sexuais, e non estamos dispoñibles para vostedes. E o máis gracioso de todo é que ela é a expulsada!

http://www.eldiario.es/politica/Expulsan-parlamento-fascistas-parlamentarios-calificaron_0_174632859.html

O diferente impacto da crise na saúde de homes e mulleres

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/23/actualidad/1379951454_589168.html

Concentración Contra Violencia de Xénero


V Encontro Nacional De Mulleres 2013


Detido por encerrar e violar unha muller durante días nun rocho


http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/3716754/sociedad/detenido-por-encerrar-y-violar-a-una-mujer-dur#.UkAfQ9JsCSo

O 8,6% da poboación xustifica ás veces os malos tratos


http://noticias.lainformacion.com/policia-y-justicia/juicios/violencia-genero-el-8-6-de-la-poblacion-justifica-a-veces-los-malos-tratos_C06l5LTvYzfw6vANeSO8r7/

A falta de denuncias impide que a trata de mulleres chegue ao xuíz


http://www.atlantico.net/noticia/254122/falta/denuncias/impide/trata/mujeres/llegue/

O inventor da pílula predí que en 30 anos a procreación será «in vitro»


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/09/23/inventor-pildora-predice-30-anos-procreacion-sera-in-vitro/0003_201309G23P26997.htm

Catro anos de prisión por abusar da súa neta, menor e minusválida


http://www.publico.es/469658/cuatro-anos-de-prision-por-abusar-de-su-nieta-menor-y-discapacitada

Os 37 rostros da desigualdade



http://www.publico.es/469621/los-37-rostros-de-la-desigualdad

Non son nai porque non quero


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/20/actualidad/1379705104_604726.html

O papa Francisco contempla entre as súas reformas nomear cardeal a unha muller


http://internacional.elpais.com/internacional/2013/09/22/actualidad/1379871188_970752.html

As receitas do Congreso para conciliar


http://www.elmundo.es/elmundo/2013/09/22/espana/1379854399.html

'Iso non é amor'


http://www.elmundo.es/elmundo/2013/09/20/andalucia_sevilla/1379673058.html

II Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas

http://www.mulleresprogresistas.org/mulleresprogresistas/inicio/inicio.php?infotiponova=2

Aparece o cadáver dunha nena en Teo con signos de violencia

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/22/aparece-cadaver-nina-pista-forestal/882521.html

A Universidade de Valencia lanza un máster sobre violencia de xénero para policías locais

http://www.abc.es/local-comunidad-valenciana/20130920/abci-universitat-valencia-lanza-master-201309201110.html

A Secretaría de Igualdade xustifica os concertos da Xunta cos centros que segregan por sexos


http://www.sermosgaliza.com/articulo/galiza/secretaria-igualdade-xustifica-concertos-da-xunta-cos-centros-segregan-sexos/20130918173255019222.html

O Poder Xudicial rexeita a lei de custodia compartida de Gallardón


http://www.publico.es/469364/el-poder-judicial-rechaza-la-ley-de-custodia-compartida-de-gallardon

O fiscal prepara unha ´ batería de medidas ´ para reactivar o caso de Sonia Iglesias


http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/20/fiscal-prepara-bateria-medidas-reactivar/881071.html

A ONU alerta de que 48.000 mulleres sofren explotación sexual en España


http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2013/09/20/onu-alerta-48000-mujeres-sufren/881064.html

Condenado por publicar datos dunha exnoiva súa en anuncios de contactos

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/09/20/condenado-publicar-datos-exnovia-suya-anuncios-contactos/0003_201309G20P11992.htm

28 Setembro: Manifestación Nacional: Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto



Igualdade investigará o ciberacoso entre adolescentes


http://noticias.lainformacion.com/policia-y-justicia/magistratura/violencia-genero-igualdad-investigara-el-ciberacoso-entre-adolescentes_L0qujvemK1Oa4on9IKpRF2/

Unha nai denuncia o secuestro das fillas por parte da súa ex-parella


Mari Luz leva un mes sen saber nada das crianzas, de 7 e 14 anos, a quen o seu ex-compañeiro tería levado canda el para Londres. Denuncia máis unha forma de violencia machista

http://www.sermosgaliza.com/articulo/galiza/nai-denuncia-secuestro-das-fillas-parte-da-sua-ex-parella/20130916184646019168.html

«É a miña muller e fago o que quero», alega un detido por golpear a súa muller en Vigo

A policía local de Vigo detivo hoxe a un home de 35 anos tras golpear a súa muller. O implicado foi localizado mentres daba patadas a súa parella, que se atopaba no chan, e a súa explicación ante os axentes foi: «é a miña muller e fago o que quero».

A posesión na parella é un indicador claro da violencia de xénero. Xestos, comentarios ofensivos e cotiás que tentan minar a autoestima das mulleres e confundilas, sentindo que non son nada sen a súa parella.

A frase: "É a miña muller e fago o que quero", volve mostrarnos todo o traballo que nos queda por facer para desmantelar o machismo que hai detrás de cada acto de violencia de xénero. Moitos varóns, o expliciten ou non, sinten que a súa parella (e todo o que di e fai) lles pertence... Isto é a punta do iceberg. 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/09/18/mujer-hago-quiero-alega-detenido-golpear-mujer-vigo/00031379495407234765398.htm

62 militares queixáronse de acoso sexual en dez anos, segundo Defensa


http://politica.elpais.com/politica/2013/09/18/actualidad/1379527519_369868.html

Violar por aburrimento


A violencia que se exerce contra as mulleres no mundo ten dimensións de pandemia e seguramente constitúe unha das violacións sistemáticas máis importantes dos dereitos humanos.
Unha de cada tres mulleres no mundo tivo unha experiencia de agresión física, ou sexual ao longo da súa vida.
A ONU está a facer unha investigación sobre a violencia sexual en Asia. Algúns resultados son escalofriantes:

Case o 75 % dos homes que admitiu ter cometido agresións sexuais dixo que cría ter dereito a manter relacións sexuais coa muller independentemente do seu consentimento. A segunda razón máis frecuente foi estar aburrido, de tal forma que se entende a violación como unha forma de divertimento.

http://www.elmundo.es/blogs/elmundo/ellas/2013/09/19/violar-por-aburrimiento.html

Un veciño de Cangas enfróntase a 8 anos de prisión acusado de abusar varios anos dunha menor


http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/19/vecino-cangas-enfrenta-8-anos/880260.html

Xulgan un vigués acusado de maltrato a unha menor coa que tiña unha relación

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/19/juzgan-vigues-acusado-maltrato-menor/880251.html

A desaparición de Sonia pasa ao Xulgado de Violencia de Pontevedra

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/19/desaparicion-sonia-pasa-juzgado-violencia/880262.html

Máis de 18 millóns de nenas e nenos menores sofren malos tratos en Europa


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/09/17/18-millones-ninos-menores-sufren-malos-tratos-europa/00031379433282809974256.htm

Xunta e Concello de Moaña danse a man na campaña sexista que promociona a pasarela de moda do Morrazo


http://www.sermosgaliza.com/articulo/social/xunta-concello-moana-danse-man-na-campana-sexista-promociona-pasarela-moda-do-morrazo/20130917174428019198.html

Dúas concentracións rexeitan en Vigo e Compostela o asasinato machista de Verín


O Concello 'invita' a sinalar aos clientes das prostitutas


http://www.elmundo.es/elmundo/2013/09/17/andalucia_sevilla/1379431971.html

Juana Vacas acorda cos notarios poñer fin ao drama da herdanza da súa filla


http://www.elmundo.es/elmundo/2013/09/17/andalucia/1379436965.html

Tres mulleres morren en Paquistán ás mans do marido dunha delas

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/09/17/internacional/1379411470.html

Xuízo a un mozo xitano ao que a súa parella denunciou por maltrato tras fuxirse el coa súa irmá menor

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/09/18/juicio-joven-gitano-pareja-denuncio/879788.html

V ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES, PANXÓN


Un ano máis poñemos en marcha o V ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES, que se celebrará na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) durante os días 18 e 19 de outubro de 2013.

Este ano contaremos coas ponencias de Eva Bolaños Gallardo e Lola Ferreiro Díaz, e para a dinamización dos obradoiros contaremos con Tareixa Ledo, Mar F. Cendón e María Rosendo Priego

Agardamos contar con todas vós, xa que crear lazos de sororidade é fundamental neste momento. Debemos seguir o camiño cara unha sociedade en igualdade, poñendo en valor todo o esforzo e o traballo feito polos movementos feministas ata o de agora e participando en espazos coma este encontro, no que poderemos crear novas formas de participación entre todas e novas estratexias contra a violencia de xénero.

A inscrición é gratuita, a estancia e dietas 10 €, o encontro realizarase entre as 16:00 horas do venres ata o sábado as 20:30h. As prazas son limitadas e se admitirán ás participantes por orden de inscrición, e previo ingreso da cota en Novagaliciabanco nº de conta: 2080 5000 683040281297. Podedes anotarvos no local da Rede, en horario de 10:00-13:30 e 17:30 a 20:30, nos nosos teléfonos 986 22 23 28 / 670 45 34 31 ou no correo, redemediadorasvigo@hotmail.com. A data límite para anotarse é o día 11 de outubro.      

Agardamos contar coa vosa presenza e participación!


A Xustiza rexeitou o 45% das peticións de protección das vítimas de violencia machista



"O argumento de que tódalas mulleres maltratadas teñen protección é unha falacia", asegura a xurista María Naredo, que explica que só se implantan estas medidas en casos de "risco actual" e a interpretación queda en mans dos/as xuíces/zas. O escaso número de solicitudes de protección tamén se debe á "desinformación", segundo Naredo.  "Hai unha ausencia de adopción de medidas cautelares e isto provoca o desánimo de presentar denuncias porque non se atopa protección na xusticia", engade a asociación de xuristas Themis.

http://www.eldiario.es/sociedad/Justicia-peticiones-proteccion-violencia-machista_0_176033070.html

En España hai máis de 7.000 mulleres en risco de ser vítimas de trata de persoas


http://www.publico.es/468564/en-espana-hay-mas-de-7-000-mujeres-en-riesgo-de-ser-victimas-de-trata-de-personas

O PSOE pide Defensa que aclare a expulsión dunha soldado con cancro

Tamén preguntan pola militar expedientada tras denunciar ao seu xefe por acoso sexual


http://politica.elpais.com/politica/2013/09/16/actualidad/1379349018_100264.html

Os pais poderán gozar do permiso de lactación aínda que a nai non traballe


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/16/actualidad/1379329898_045688.html

Concentracións en repulsa polo crime da muller de Verín

 Máis dun centenar de persoas déronse cita na Praza do Concello de Verín como mostra de "indignación e repulsa" ante a morte dunha veciña do municipio, María de Fátima Machado Santos, nun novo caso de violencia de xénero.


http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/17/concentraciones-repulsa-crimen-mujer-verin/879031.html

Díxomo a policía: "se me quere matar, vaime matar"



O peor non é recuperarse das puñaladas. O peor chega despois, cando saes do hospital e te deixan soa en casa, nunha cadeira de rodas e con dúas fillas de 12 e 15 anos. Ahí te das de conta de que o pesadelo non fixo máis que comezar”, lembra

Converteuse en protagonista dun documental sobre violencia de xénero, La maleta de Marta, dirixido polo austriaco Günter Schwaiger.

A cara descuberta, sen medo, a pesar de que vive oculta dende 2007, cando o seu exmarido comezou a desfrutar de permisos penitenciarios e foi buscala nada máis sair da cárcere. “O medo téñoo saia ou non saia na película. Díxomo a policía: se me quiere matar, vaime matar”.

Como sociedade, debemos reflexionar na protección das mulleres. Na inxustiza que significa que elas, logo de pasar un pesadelo, teñan que seguir pasando medo e que a policía especializada siga dicindo cousas como a que lle dixeron a Marta.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/16/actualidad/1379365727_474328.html

O VINDEIRO MARTES 17 DE SETEMBRO ÁS 20:30 DIANTE DO MARCO: CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A COORDENADORA COMARCAL DE VIGO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVÓCAVOS A PARTICIPAR NA CONCENTRACIÓN DE REPULSA DIANTE DO MARCO EN VIGO POLO ASASINATO DE MARÍA FÁTIMA MACHADO SANTOS.  

María Fátima, de 52 anos, cunha orde de afastamento dende o  pasado mes de agosto, foi asasinada en Verín, pola súa exparella. Con ela sumamos outra muller máis, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de María Fátima e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

As rapazas de ouro invisibles


A pesar do éxito das deportistas españolas, as competicións entre mulleres apenas teñen presenza nos medios. A discriminación ao deporte feminino foi asunto a tratar dende o 92 no Congreso, onde se esixe a TVE unha retransmisión igualitaria


http://www.publico.es/468164/las-chicas-de-oro-invisibles

As traballadoras domésticas gañan unha importante batalla en California


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/14/actualidad/1379123948_598941.html

Cooperativa de refuxio persoal e saída laboral


http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/09/13/andalucia/1379086819_112777.html

"A igualdade necesita un cambio de valores", di a Directora de Emakunde


 De casi 5.000 vítimas de violencia de xénero o ano pasado no País Vasco, 2 faleceron. A pesar dos avances sociais, a directora de Emakunde, Izaskun Landaida, que leva 10 meses no cargo, admite que queda moito por facer, sobre todo empapando a cada vez máis colectivos na loita contra a violencia de xénero para que a resposta sexa cada vez máis individual e menos institucional. Durante as festas das tres capitais vascas se puxeron en marcha redes contra as agresións.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/09/14/paisvasco/1379180372_333903.html