Manifestación o sábado 28 de setembro, Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto


A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca unha manifestación o sábado 28 de setembro, Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto, ás 17.30 en Compostela

A manifestación sairá da estación de tren de Compostela até chegar á Plaza Roxa onde terá lugar un acto representativo e simbólico contra o sistema do que estamos tan fartas, o que máis noxo nos dá, o sistema polo que estamos xuntas, en luita e dispostas a derriba-lo: o sistema patriarcal. 


O patriarcado quere dominar o corpo das mulleres, negándonos a capacidade a decidir sobre o noso corpo e a nosa sexualidade, e ao mesmo tempo, controlar a nosa capacidade reprodutiva. A obriga da virxinidade así como a maternidade, foron unha constante ao longo de toda a historia.


A crise provocada polo sistema neoliberal é a escusa para atacar os dereitos das mulleres. Nunha situación de recortes de dereitos sociais e laborais, a dereita española pretende acabar coas conquistas feministas conseguidas ao longo dos últimos 70 anos. Mais cos berros de todas as persoas que nos sumaremos este 28 de setembro, imos deixar ben claro que NON LLO IMOS PERMITIR! 


Trae túa prenda lilá para encher as rúas de feminismo, colle cazolas ou pandereitas para inundar de son rebelde a nosa marcha, e acode á manifestación nacional galega na defensa do aborto legal, seguro e gratuíto! Este 28 de setembro ás 17.30, desde a estación de tren de Compostela, o feminismo da Galiza volta saír para declarar a guerra, unha vez máis, ao patriarcado. 


POLO DEREITO DAS MULLERES A DECIDIR SOBRE OS SEUS CORPOS!

A NÓS NON NOS TUTELA NINGUÉN! 



O 28 de setembro continuamos xuntas na loita.
(QUEDAMOS ÁS 15:30 HRS. NA PRAZA DOS CABALOS PARA COMPARTIR COCHES)

No hay comentarios:

Publicar un comentario