Normativa
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150304/AnuncioCA04-250215-0001_gl.html en
réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura
eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia para o segundo
semestre do 2014 e primeiro semestre do 2015, e se procede á súa convocatoria
(código do procedemento IN414A). (DOG nº 43 do 4/03/2015)
Obxecto
Convocar axudas para a concesión do tícket eléctrico
social para o segundo semestre do ano 2014 e primeiro semestre do ano 2015 a familias
con fillos menores a cargo cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non
superen 1,5 veces o IPREM. (9.585,19 €)
Para estes efectos, considérase unidade de convivencia
o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio.
Tipo de axuda
Consiste nunha cantidade fixa semestral que ten por
obxecto contribuír ao pagamento da factura eléctrica daquelas familias con
fillos menores a cargo, cuxos ingresos totais non superen 1,5 veces o IPREM.
A contía da subvención será unha cantidade fixa de 90
€ ao semestre para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos, e de
150 € ao semestre para as que acrediten ser ademais familia numerosa.
Gastos subvencionables
Serán as facturas de electricidade (IVE incluído) cuxo
período de lectura estea incluído dentro do segundo semestre do 2014 ou
primeiro semestre do 2015, segundo corresponda. No caso de que unha factura
abranga un período que saia parte do semestre correspondente, considerarase
subvencionable o custo prorrateado dos días incluídos no semestre.
Requisitos das persoas beneficiarias
1.
Ser residentes na Comunidade Autónoma de
Galicia.
2.
Ter fillos menores de 18 anos a cargo.
3.
Estar aboando a correspondente factura
de enerxía eléctrica a unha comercializadora.
4.
Que os ingresos totais da unidade de
convivencia durante non superen 1,5 veces o IPREM. A determinación dos membros da unidade de convivencia
realizarase atendendo á situación existente no momento da solicitude. Tomarase
o importe dos ingresos totais da unidade de convivencia, que será o resultado
da agregación das rendas do exercicio 2013 de cada un dos membros da unidade de
convivencia, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base
impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa
do imposto sobre a renda das persoas físicas.
5.
Non estar incurso nas prohibicións para
obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13
do xuño, de subvencións.
Só poderá presentarse unha única solicitude por
unidade de convivencia.
Documentación
Copia dixitalizada da seguinte documentación:
·
Documento de identidade en vigor da
persoa solicitante, e do resto das persoas integrantes da unidade de
convivencia, no caso de non autorizar a consulta a través do anexo III.
·
Declaración do IRPF ou, se é o caso,
certificado emitido pola Axencia Tributaria relativos ao ano 2013 de todos os
membros con ingresos que compoñen a unidade de convivencia, ou autorización á
Consellería de Economía e Industria para obter os datos de carácter tributario
necesarios para a determinación da renda da unidade de convivencia (anexo III).
No caso de falta de acreditación documental suficiente, poderase
presentar informe social de valoración de ingresos da unidade
de convivencia, emitido polos servizos sociais do concello correspondente ou
por traballador social das entidades de iniciativa social previstas na Lei
13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, que presten labor
asistencial ao solicitante, segundo o modelo do anexo V.
·
De ser o caso, autorización aos
funcionarios correspondentes para a presentación electrónica da solicitude e da
documentación relativa ao tícket eléctrico social de Galicia (anexo IV).
·
Copia dixitalizada do libro de familia
ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a súa situación
familiar.
·
Facturas do correspondente semestre en
concepto de subministración eléctrica da vivenda que é residencia habitual do
solicitante da axuda e xustificantes de pagamento.
·
Certificado de convivencia.
·
Copia do título de familia numerosa no
caso en que o dito título non fose expedido pola C.A. de Galicia, ou no caso en
que o solicitante non autorice a súa consulta.
Lugar de presentación:
No Instituto Enerxético de Galicia, a través da sede
electrónica: Presentación electrónica.
Para a presentación das solicitudes será necesario o
DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede
da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria presentarase
electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do
documento orixinal.
Prazo de presentación:
1.
Para as axudas ao pagamento das facturas
eléctricas do segundo semestre de 2014: ata o 30 de abril de 2015.
2.
Para as axudas ao primeiro semestre do
2015 o prazo de presentación comezará o 1 de xullo de 2015 e rematará o 15 de
setembro de 2015.
Terá que facerse unha solicitude distinta para cada
semestre.
Máis información
Sobre este procedemento administrativo, que ten o
código IN414A, poderase obter información adicional na Dirección Xeral de
Enerxía e Minas e nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía e
Industria, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es
b) Os seguintes teléfonos:
A Coruña: 981 18 49 95 e
981 18 49 36.
Santiago: 981 95 71 85 e
981 54 55 53.
Lugo: 982 29 49 75 e
982 29 46 70.
Ourense: 988 38 67 10.
Pontevedra: 986 80 52 13 e
986 80 52 22.
Vigo: 986 81 75 61,
986 81 78 22 e 986 81 77 64.
c) O enderezo de correo electrónico: cei.dxiem.axudasenerxia@xunta.es
d) Presencialmente.
Para cuestións xerais: teléfono 012 (desde o
resto do Estado: 902 12 00 12).