http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2014/06/02/acusado-matar-ex-novia-naron-alega-cruzaron-cables/0003_2014061401710867164316.htm
Campamentos de Verán para persoas con discapacidade 2014
Obxecto:
Procura a integración social de rapaces/as con discapacidade
mediante a súa participación nos campamentos de verán e campos de traballo a
través de quendas de integración, así como a súa participación en quendas
específicas.
Persoas destinatarias:
As que teñan recoñecida a condición de persoa con
discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida
entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.
Requisitos:
Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter
cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa
finalización.
Estar empadroado nalgún concello de Galicia.
Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia
durante o transcurso da actividade.
Ter unha capacidade mínima de comunicación e de
participación nas actividades que se van desenvolver.
Ter unha mobilidade acorde coas características da
instalación que se solicita.
Campamentos quendas específicas
Prezo: 125 €.
O importe a pagar pódese reducir nun 50% no caso de que a
persoa con discapacidade teña a condición de familia numerosa e nun 25% se ten
o carné xove. Estes descontos non serán
acumulables en ningún caso.
Ficha Aspanas Termal
Ficha campo de traballo de Vilarbo
Ficha albergue xuvenil de Gandarío
Ficha residencia de tempo libre de Panxón
Adxudicación:
A adxudicación farase tendo en conta as seguintes
prioridades:
As persoas que non participaran en anos anteriores.
Residan habitualmente no domicilio familiar fronte ás que
están acollidas en centros residenciais.
Pola súa idade, este sería o último ano que poderían
participar nun campamento deste tipo.
No caso de empate a adxudicación farase por sorteo.
Documentación:
Solicitude para os Campamentos de verán 2014
Informe médico para os Campamentos de verán 2014
Copia do carné de familia numerosa ou do carné xove, segundo
proceda, no caso de acollerse a algunha destas condicións.
Unha fotografía tamaño carné.
Os participantes seleccionados deberán comunicar no prazo
máximo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ao da recepción da
notificación e antes do inicio da quenda a aceptación da praza e presentar:
Xustificante de pagamento do importe que se lle indique,
debendo figurar o nome da persoa, instalación e datas elixidas.
Copia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado e
informe médico actualizado.
Lugar de presentación:
Servizo de Prevención da Dependencia da Secretaría Xeral de
Política Social Consellería de Traballo
e Benestar
Prazo de presentación:
Ata o 21 de xuño de 2014
Axudas adquisición de libros
Destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en
educación secundaria obrigatoria ou en educación especial
axudas para a adquisición de libros de texto
Destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=330B&procedemento=ED330B
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=330B&procedemento=ED330B
Suscribirse a:
Entradas (Atom)