Programa de respiro familiar en balnearios "Cuidarelax"

Trátase dun programa da Unión de Pensionistas (UDP) que ten como obxectivos:


- Ofrecer ás familias que teñan persoas maiores en situación de dependencia, espazos de encontro con outras familias que estén na súa mesma situación.

- Ofrecer formación e axuda para afrontar os coidados da persoa maior dependente dunha forma equilibrada, intentando suavizar o impacto a niver familiar e psicolóxico ao que con frecuencia se enfrontan as familias neste tipo de situacións.

- Fomentar o desenvolvemento de condutas de autocoidado persoal entre os coidadores.

- Facilitar a conciliación da vida persoal, social e laboral das familias coidadoras co coidado da persoa maior.

- Conxuga o apoio a coidadores coa asistencia a unhas xornadas de fin de semana nun balneario, onde se xuntan os tratamentos termais, o lecer e a psicoeducación. - - Exténdese a intervención ás parellas ou fillos/as dos coidadores principais de persoas maiores, ao contemplar aspectos desde a transversalidade de xénero para favorecer procesos de igualdade e corresponsabilidade conciliadora no coidado familiar.


Beneficiarios/as


Calquera familia que teña ao seu cargo unha persoa maior en situación de dependencia pode acceder ao programa.


Criterios de selección de participantes


Para a elección das persoas participantes téñense en conta tanto características sociais como psicolóxicas. Pero sobre todo valórase a carga dos coidados desde unha perspectiva de xénero, xunto cos niveis de estrés que os propios coidados causen ás persoas usuarias.


Priorízarase a participación de persoas que realicen coidados considerados de longa duración (mínimo a partir de 1 ano, preferentemente máis de 2) ou con carga no coidado e que estes se realicen de forma continuada.

Co obxectivo de traballar a perspectiva de xénero no ámbito dos coidados, é preferible promover a participación de parellas nas que haxa membros de ámbolos dous sexos, para conseguir unha plena integración dos varóns nas tarefas de coidado.

Cada grupo estará formado por un máximo de 28 persoas (14 parellas). Con carácter excepcional poderá participar aquela coidadora principal que cumplindo o perfil non conte con coidadores de apoio.

Asemade, considérase positiva a participación de persoas da mesma poboación ou poboacións próximas para promover a creación de redes de apoio entre persoas coidadoras.


Custes


O programa está financiado polo IRPF e NON ten custo para as familias participantes. O único gasto que deben asumir é o do desplazamento ata o balneario, que este ano 2015 sera o de Laias en Ourense.


Do mesmo xeito, para garantir os coidados dos familiares durante as estadias no balneario, o programa asume o custo do recurso que as famlias elixan durante a fin de semana, ben ingreso en residencia, desde o venres, que comeza a estancia, até o luns, que remata, ou ben SAF (12 horas en toda a fin de semana, repartidas como as famlias prefiran) ou Centro de Día, nos casos que sexa posible.


Trátase sempre de promover o apoio dos coidados no entorno familiar, a través da rede das persoas que participen.


Estadías e servizos que inclúe


Para este ano 2015 quedan 3 turnos dispoñibles no balneario de Laias (Ourense), nas seguintes datas:


17 a 20 de Xullo.

11 a 14 de Setembro

18 a 21 de Setembro

A estancia máxima no balneario é de 3 noites, entrando o venres pola tarde arredor das 18 horas e saíndo o luns ao mediodía.


Os servizos que inclúe a estancia son:


Aloxamento (3 noites en habitación dobre)

Pensión completa (desde a cea do venres ao xantar do luns, ambas incluidas)

Circuito termal

Outros aspectos


A estancia no Balneario require a participación no módulo de intervención e formación para o autocoidado, desde metodoloxías de dinámica de grupo a técnicas de risoterapia.

Aquelas persoas que non dispoñan de recursos de apoio para o coidado do seu familiar en situación de dependencia poderán solicitar os servizos de residencia, centro de día ou SAD que elixan para poder acudir as xornadas, e estos tamén con cargo ao programa CUIDARELAX.

O abono destes servizos será realizado directamente pola organización á entidade coa que se contrate o servizo requerido.

Solicítaselle a tódalas persoas participantes que asinen un documento de consentimento informado para a realización dunha entrevista previa realizada por un psicólogo/a, así como para cumplimentar unha batería de cuestionarios e escalas en diferentes momentos do proxecto, e que servirán para a determinación do perfil e elaboración posterior do estudo de investigación, incorporado coma un elemento de innovación e desenvolvemento (I+D) ao programa Cuidarelax.

Tamén se solicitará o seu consentimento para a realización e exhibición de material audiovisual que se rexistre durante as xornadas.


Contacto


Tel. 982223379


cuidarelaxgalicia@gmail.com

Un vigués sentará no banco acusado de aforcar ao can da súa expareja

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2015/07/07/vigues-sentara-banquillo-acusado-ahorcar/1273485.html

Arrestado o exmozo dunha lucense por difundir datos sanitarios dela

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/07/07/arrestado-exnovio-lucense-difundir-datos/1273462.html

Un vigués afronta cárcere por encargar que queimasen o coche do mozo da súa expareja

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/07/07/vigues-afronta-carcel-encargar-quemasen/1273460.html

Concentracións de repulsa polo crime en Vigo e A Coruña

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/07/07/concentraciones-repulsa-crimen-vigo-coruna/1273717.html

A xuíz decreta prisión para o presunto autor do crime do seu expareja e do noivo en Arbo

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/07/07/juez-decreta-prision-presunto-autor/1273469.html