As chamadas ó 016 aumentaron un 40% despois da campaña "hai saída"

http://www.antena3.com/noticias/sociedad/llamadas-016-han-aumentado-campana-hay-salida_2015012800342.html

O número de atención e asistencia á violencia de xénero incrementouse nun 40% tras a campaña lanzada polo Goberno 'Hai Saída' para alertar á mocidade sobre estes malos tratos. Na campaña, animábase a romper o silencio "se a túa parella te aílla das amizades", "se a túa parella che controla o móbil", "se a túa parella te ridiculiza" ou "te fai sentir medo".

Igualdade e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reúnense no CRI para coordinar a atención ás vítimas de violencia de xénero

http://igualdade.xunta.es/es/actualidad/igualdad-y-el-colegio-oficial-de-psicologia-de-galicia-se-reunen-en-el-cri-para-coordinar

O encontro tamén serviu para presentarlles o Centro de Recuperación Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero de Santiago, un centro pioneiro cuxa finalidade é desenvolver un modelo de atención integral para as mulleres vítimas desta secuela, baseado nun sistema coordinado de servizos, recursos e medidas de tipo social, laboral e económico.

Detido un vigués por supuesta agresión e acoso a súa exparella

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2015/02/04/detenido-vigues-supuesta-agresion-acoso/1178140.html

A muller relatou que o home lle propinou patadas e puñadas por todo o corpo tras unha discusión

O acusado de violar e reter a unha moza no seu piso de Vigo alega que foi sexo consentido

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/02/04/acusado-violar-retener-joven-piso/1177741.html

Unha noite de festa que concluíu con 14 horas de terror. A Sección Quinta da Audiencia con sede en Vigo acolleu onte a primeira xornada do xuízo contra un cidadán cubano que se enfronta a 17 anos de prisión acusado de violar reiteradamente e deter ilegalmente durante 14 horas a unha muller no seu domicilio da Travesía de Vigo. A vista, que seguirá hoxe, celébrase a porta pechada para preservar a intimidade e identidade da vítima a petición expresa da letrada que exercita a acusación particular en nome da muller.

O acusado e a vítima foron os primeiros en prestar declaración, pero as súas versións son totalmente contraditorias salvo polo feito de que se coñeceron aquela mesma noite e acudiron a varios locais de copas. Sobre as 8 da mañá ambos se foron a casa do procesado, e a partir deses momentos os seus relatos difiren radicalmente.

Sanidade premia o Cabildo de Gran Canarias por un proyecto contra a Violencia Machista

http://eldia.es/canarias/2015-02-03/35-Sanidad-premia-Cabildo-Gran-Canaria-proyecto-violencia-machista.htm

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade galardoou ao Cabildo de Gran Canaria, os concellos de Mataró, Vilagarcía de Arousa, Alcorcón, Barakaldo, Campo de Criptana, Cádiz e Puente Genil e a Mancomunidade de Municipios da Safor polas súas boas prácticas contra a violencia machista.

Os galardóns, en intervenos ademais a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), premian estas iniciativas locais, co obxectivo de fomentar o intercambio de experiencias e recoñecer as actuacións máis eficaces e innovadoras neste ámbito.

O IASS duplica as axudas as vítimas de Violencia de Xénero

http://www.20minutos.es/noticia/2366205/0/iass-duplica-ayudas-victimas-violencia-genero/

O Instituto de Atención Social e Sociosanitaria (IASS) duplicou no últimos catro anos o orzamento das axudas de emerxencia para mulleres vítimas de violencia de xénero, que aumentou de 90.000 a 217.000 euros en 2014, e o pasado ano resolvéronse 228 solicitudes.