CAMPEONATO EUROPEO DE NOVAS FEMINISTAS
A Marcha Mundial das Mulleres organiza por segunda vez o Campamento Europeo de Novas Feministas.
O
ano pasado en Francia e este ano en Romanía, agardamos xuntarnos máis
unha vez para falar das vivencias, loitas e estratexias en cada país.
A
situación das mulleres na Europa non deixa de empeorar por causa de
unha ditadura económica de ideoloxía conservadora que toma os pobos
baixo a escusa da débeda e o desenvolvemento.
O
xogo dos bancos, dos gobernos e dos mercados sería divertido se non
arrasaran os nosos bens comúns, se non provocaran o racismo, se non
reforzaran a opresión patriarcal e o sistema heterosexista e se deixara
de ameazar de xeito continuo os dereitos das mulleres e os seus corpos.
Por
todo isto queremos re-atoparnos nun espazo de loita conxunta, onde
poder compartir os nosos desexos, inquedanzas e reivindicacións.
Este
xoves día 12 de Xullo faremos un concerto solidario en Vigo co fin de
recadar fondos para financiar as viaxes das mulleres galegas que desexen
asistir a Romanía.
Teremos
o pracer de contar coas voces de Wöyza e Alba, escoitaremos poesía con
Silvia Penas e Elvira Riveiro, sesión con Cristal Arts e máis sorpresas!
Achégate ata o Torreiro da Festa o xoves ás 22h e colabora cos 3€ da entrada.
Todas a Moroieni do 6 ao 16 de agosto!
Contato:marchagaliza@gmail.com
Tel: 671 695 968
Todas a Moroieni do 6 ao 16 de agosto!
Contato:marchagaliza@gmail.com
Tel: 671 695 968
Suscribirse a:
Entradas (Atom)